Torneo das Seis Nacións
Nome oficial | Six Nations Championship (2000–) Home Nations Championship (1883–1909) Five Nations Championship (1910–2000) |
---|---|
Tipo | international rugby union competition (en) |
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Six Nations Rugby Ltd (2004–) |
Patrocinador | Guinness (2019–) |
Número de participantes | 6 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Escocia (Reino Unido) Inglaterra (Reino Unido) Illa de Irlanda Gales (Reino Unido) Francia Italia |
País | Francia, Irlanda, Italia e Reino Unido |
Vixencia | 1882 – |
Calendario da tempada | febreiro – marzo |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Gales (39) |
Máis títulos | Inglaterra (39) |
Outro | |
Cancelo | #GuinnessSixNations e #SixNations |
Páxina web oficial | sixnationsrugby.com… |
O Torneo das Seis Nacións (coñecido como RBS 6 Nations por motivos de patrocinio), coñecido antes do ano 2000 como o Cinco Nacións, é unha competición anual de rugby entre seis seleccións europeas: Escocia, Francia, Gales, Inglaterra, Irlanda, Italia.
O Six Nations Championship, cos seus predecesores o Cinco Nacións e o Campionato das Home Nations, e o primeiro torneo internacional de rugby no Hemisferio Norte. Os campións do Seis Nacións son vistos tamén coma os Campións de Europa[1]. O evento está patrocinado actualmente polo RBS, o Royal Bank of Scotland (Banco Real de Escocia).
Irlanda é o equipo que ostenta o título do Grand Slam, recoñecido oficialmente por primeira vez dende 1948, tras gañar a competición de 2009 gañando a tódalas outras selección, sendo ademais os gañadores da Tripla Coroa tras vencer a Escocia, Gales e Inglaterra (os catro equipos das Illas Británicas).
Existe á parte do masculino o torneo das Seis Nacións feminino e unha versión Xuvenil, para menores de 20 anos. Cabe resaltar que cando o nome do torneo non está acompañado por ningunha outra sinalización refírese ao torneo orixinal masculino. Nestes outros dous torneos participan os mesmos seis países que no de homes.
As Seis Nacións
[editar | editar a fonte]
|
|
Formato
[editar | editar a fonte]Xogado anualmente, o formato do Campionato é sinxelo: cada equipo xoga contra o resto unha vez, alternando a vantaxe de campo dun ano ao seguinte. Por cada vitoria obtéñense dous puntos, un por empatar e ningún por unha derrota. Ao contrario que noutras competicións de rugby o sistema de puntuación por bonificación non se usa (o sistema de bonificación consiste en 4 puntos por vitoria, 2 por empate, 1 punto de bonificación por acadar 4 ou máis ensaios e outro punto por perder por 7 ou menos puntos).
Acadando a vitoria en cada partido conséguese o "Grand Slam". De ida e volta (dous anos consecutivos, xa que se alternan os partidos de casa e fora dun ano ao outro) o Grand Slam foi soamente obtido en cinco ocasión por Gales en 1908/1909, Inglaterra en 1913/1914, 1923/1924 e 1991/1992 e Francia en 1997/1998. Inglaterra posúe o maior número de Grand Slam con 12, seguido de Gales con 10, Francia con 8, Escocia con 3 e Irlanda con 2.
A vitoria dunha das Home Nations (é dicir Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda) sobre as outras é a Tripla Coroa. A Triple Crown este trofeo só foi acadado catro veces consecutivas en dúas ocasións, unha por Gales en 1976, 1977, 1978 e 1979 e outra por Inglaterra en 1995, 1996, 1997 e 1998. Inglaterra posúe o maior número de Triplas Coroas con 23, seguido por Gales con 19, Escocia con 10 e Irlanda. Aínda que este trofeo leva celebrándose durante moito tempo coma unha característica do Torneo, non foi até 2006 cando pasou a posuír un trofeo físico, encargado polo Royal Bank of Scotland.
Ao final do torneo o equipo que termina o torneo de último dise que gaña a Culler de Madeira (ás veces considerase que se "gaña" este trofeo só se remata o torneo sen que ese equipo venza ningún partido, pero isto sería máis ben o whitewash).
Outras varias competicións individuais toman lugar neste Torneo. A competición regular máis vella é a Calcutta Cup, que gaña o vencedor do partido entre Escocia e Inglaterra dende 1879. Chámase de Copa de Calculta xa que está feita dun fundido de rupias Indias. Dende 1988, o Millennium Trophy entrégase ao vencedor do partido entre Inglaterra e Irlanda. A partir de 2007, Francia e Italia teñen tamén o seu propio trofeo: o Torfeo Giuseppe Garibaldi, que foi creado polo 200 aniversario do heroe italiano que axudou á unificación do estado italiano, Giuseppe Garibaldi, nacido en Nizza en 1807; cidade que se converteu na actual cidade francesa de Niza en 1859.
Antes de 1994, os equipo que remataban cos mesmos puntos compartían o campionato. Despois dese ano os empates rómpense considerando a diferenza de puntos (puntos acadados nos partidos) entre os dous equipos. O regulamento do campionato di ademais que en caso de novo empate a puntos, gaña o equipo que acade máis ensaios. Se aínda persiste o empate o equipos afectados comparten o campionato[2]. Porén, até o día de hoxe, os puntos por vitorias e os puntos acadados nos partidos foron de abondo para decidir o campionato.
Historia
[editar | editar a fonte]O Torneo das seis Nacións toma a substitución do torneo das cinco nacións, quen á súa vez era herdeiro dun torneo entre catro equipos. Dende 1996, o Torneo outorga oficialmente (ata entón era oficioso) o título de Campión de Europa de Rugby. Como manda a tradición, os antigos trofeos como a Copa Calcuta (que se disputa entre Inglaterra e Escocia) e a Tripla Coroa (que se outorga ao equipo británico que se impoña aos outros tres) séguense disputando. Moito máis recentes son o Millenium Trophy, que premia ao vencedor do partido entre Inglaterra e Irlanda e o Trofeo Eurostar para o vencedor do partido entre Francia e Inglaterra. Ademais, o grand slam é a guinda do pastel do vencedor do torneo: o obtén o equipo que gaña todos os partidos; pola contra, a culler de madeira é a triste recompensa virtual do equipo que perde todos os partidos.
O Torneo sufriu algunhas crises forzadas polo problema irlandés. Ademais da interrupción da competición en 1972 tralo masacre de Londonderry, acordouse non volver interpretar o himno God Save the Queen durante a presentación dos equipos ao longo dun cuarto de século. Para non irritar aos ingleses tampouco se interpretou A Marsellesa antes dos partidos que Francia disputaba en Dublín. Para compensar tampouco se interpretaba o himno irlandés nos desprazamentos do equipo do trevo. Non se volveu á normalidade ata 1997.
Malia ser vítima da súa contorna, o Torneo presenta unha cara moito máis positiva con todos os afeccionados que se desprazan aos partidos. A tradición do chamado terceiro tempo (no que os afeccionados -e os propios xogadores- celebran a vitoria ou lamentan a derrota ás veces con máis alcol do conveniente) dá unha imaxe alegre deste deporte. Algúns destes terceiros tempos do Torneo que sempre reúnen aos xogadores de ambos equipos fixeron historia. Trala profesionalización deste deporte, a mediados dos 90, os xogadores están menos dispostos a estas celebracións.
- 1883 : Primeira edición da competición integrando aos catro equipos británicos: Irlanda, Escocia, País de Gales e Inglaterra.
- 1910 : Admítese a Francia no Torneo.
- 1931 : Francia é excluída, acusada de profesionalismo.
- 1947 : Renóvase o Torneo trala segunda guerra mundial con Francia.
- 1996 : O Torneo convértese (oficialmente) en Campionato de Europa de Rugby. Dende ese momento os títulos non se comparten en caso de igualdade a puntos; a clasificación prima a mellor diferenza entre puntos marcados e puntos encaixados.
- 2000 : O equipo de Italia únese ao Torneo.
Tradicións e aspectos festivos
[editar | editar a fonte]A pesar dalgunhas dificultades pasaxeiras, o Torneo é un grande acontecemento deportivo e unha cita co bo humor dos fieis seareiros. Un partido do Torneo comeza moito antes do saque inicial, principia cando os fans comezan unha xira polos seis países implicados nesta vella competición. O desprazamento adoita efectuarse en grupo e os seguidores non dubidan en facer grandes viaxes para asistir aos partidos[3] incluso se son retransmitidos pola televisión.
O partido comeza tradicionalmente cos himnos nacionais que cantados de xeito moi fervoroso polos seareiros de cada equipo[4] e remata, sexa cal sexa o resultado, ben entrada a tarde ou incluso até o día seguinte nos pubs ou nos bistrós (pequenas cafetarías).
Para os seareiros que non teñen a oportunidade de asistir ao partido no estadio, esta é a unha ocasión de xuntarse na casa cos amigos ou nun pub. Sen que sexa por chauvinismo ou por un exceso de nacionalismo, unha gran parte dos seguidores levan as cores dos seus equipos, píntanse a face ou cantan populares cancións para dar folgos aos seus xogadores, como por exemplo o Swing Low, Sweet Chariot dos ingleses[5][6]. Esta canción foi adoptada polos seareiros da Rosa o 19 de marzo de 1988 con ocasión dun encontro entre Inglaterra e Irlanda. Os ingleses ían perdendo por 0 a 3 no descanso, mais tomaron vantaxe na segunda metade mentres os seguidores cantaban espontaneamente o Swing Low, Sweet Chariot e acabouse convertendo no canto de carraxe para os seareiros ingleses[7]. Do mesmo xeito por exemplo, os franceses interpretan a Marsellesa para dar folgos ao seu equipo, os Bleus[8].
O fenómeno hooligan (seareiros violentos), que se adoita manifestar en competicións de fútbol, non existe no deporte do rugby, sendo totalmente o contrario, producíndose encontros amigábeis entre os seguidores de tódolos equipos.
A práctica ritual do terceiro tempo tanto polos seguidores coma polos xogadores é unha verdadeira institución no rugby, do que se di que non é tal sen esta tradición. Os terceiros tempos reúnen despois dos partidos xa sexa a seguidores ou a xogadores para ir pasalo ben todos xuntos entre os dous equipos despois do duro partido. Os terceiros tempos do Seis Nacións do Torneo xuntan aos xogadores dos dous equipos, algúns destes pasando ao anais da historia[9].
O Torneo é agardado cada ano con moito interese xa que se produce entre o inverno e a primavera, época do ano na que non hai tantas grandes competicións deportivas, a excepción dos Xogos Olímpicos de inverno cada catro anos.
Estadios e espectadores
[editar | editar a fonte]Os estadios do Torneo
[editar | editar a fonte]Ata o ano 2000, a selección de Gales xogou os seus partidos como local no Cardiff Arms Park. O primeiro partido internacional disputado no Cardiff Arms Park tivo lugar fronte á selección de Irlanda o 12 de abril de 1884 ante 5.000 espectadores. O combinado galés xogou tamén os seus partidos internacionais nos estadios de Swansea, Newport e Llanelli.[10]
Anteriormente, entre 1872 e 2006, a selección de Irlanda disputou os seus partidos como local en Lansdowne Road, en Dublín, un estadio con capacidade para 49.000 espectadores e que foi demolido en 2007.[11][12] Con todo, a reconstrución do estadio levou ao equipo a xogar de xeito provisional entre 2007 e 2010 no estadio de Croke Park, propiedade da Asociación Atlética Gaélica (coñecida polas súas siglas en inglés, GAA), onde se xogan habitualmente os partidos de fútbol gaélico e hurling, e que ten capacidade para 82.300 espectadores, converténdose durante ese período no maior estadio do torneo. Coa apertura en maio de 2010 do Aviva Stadium na localización do anterior Lansdowne Road, o combinado irlandés pasou a disputar os seus partidos como local no novo estadio.
Dende o seu ingreso no Seis Nacións a selección Italiana disputou os seus partidos no Stadio Flaminio da capital italiana, un estadio con capacidade para 30.000 espectadores.[13] A finais dos anos 2000, o aumento da popularidade do rugby en Italia fixo que o Stadio Flaminio tornárase menos viable como estadio local do combinado italiano. A medida que se achegaba o ano 2010, especulárase con que os partidos como local de Italia no Seis Nacións serían disputados en estadios de fútbol como o Stadio Olimpico en Roma ou no norte o país, onde o rugby é máis popular. O Stadio Luigi Ferraris en Xénova (42.000 espectadores) foi o principal estadio proposto como alternativa. Anunciáronse melloras no Stadio Flaminio, destinadas a aumentar a súa capacidade dende os 32.000 aos 42.000 espectadores, aparentemente aumentando as probabilidades de que o rugby permanecera no Stadio Flamino, aínda que seguía a estar entre os estadios máis pequenos do torneo.[14] Con todo, a cidade de Roma, propietaria do Flaminio, atrasou as renovacións prometidas, levando á Federación Italiana de Rugby (FIR) a perder a paciencia coa cidade. En abril de 2011, anunciouse que a FIR trasladaría os seus partidos como local ao Stadio Artemio Franchi de Florencia.[15] Entón a cidade de Roma comezou a renovación do Flaminio, o que presumiblemente levou á FIR a anunciar en xullo dese mesmo ano que mantería os partidos como local na cidade no Stadio Olimpico.[16] A FIR tamén anunciou que planea regresar ao Flaminio unha vez estea completado o proxecto.[17]
En novembro de 2010, a Federación Francesa de Rugby (FFR) anunciou que planeaba construír un novo estadio da súa propiedade na rexión de París.[18] A frustración da FFR con diversos aspectos da utilización do Stade de France medrara: non só polo alto custo do alugueiro, senón tamén a irritación por non ter prioridade á hora de programar partidos – coa posible excepción do propio Seis Nacións.[19] En xuño de 2012, a FFR anunciou a localización do seu novo estadio – provisionalmente denominado Grand Stade FFR – nos suburbios do sur de París. O lugar estaba situado a 25 km do centro da capital francesa.[20] O estadio con capacidade para 82.000 espectadores, con teito retráctil e campo deslizante, tería sido construído sobre unha antiga pista de carreiras de cabalos en Évry. O novo estadio, cun custo estimado de 600 millóns de euros, debía abrir as súas portas en 2017.[19] O proxecto foi cancelado en decembro de 2016 logo de que Bernard Laporte fora elixido presidente da FFR.[21]
En 2017, os partidos do Seis Nacións disputáronse nos seguintes estadios:
Edimburgo | Saint-Denis | Cardiff | Londres | Dublín | Roma |
---|---|---|---|---|---|
Murrayfield Stadium | Stade de France | Principality Stadium | Twickenham Stadium | Aviva Stadium | Stadio Olimpico |
Capacidade: 67.144 | Capacidade: 81.338 | Capacidade: 74.500 | Capacidade: 82.000 | Capacidade: 51.700 | Capacidade: 72.698 |
Presenza nos estadios
[editar | editar a fonte]O Torneo das Seis Nacións de 2006 tivo unha media de 56.084 asistentes, sendo a competición disputada entre nacións que ten, de media, o meirande número de espectadores[22]. Superando ao Mundial de Fútbol Alemaña 2006 con 52.401 espectadores e ao Tri Nations con 45.211 espectadores en 2006.
O maior número de espectadores nun partido do Torneo é de 104.000, este fito foi un 1 de marzo de 1975 en Murrayfield (Escocia) para un partido entre Escocia e Gales[23], partido que finalmente rematou coa vitoria dos locais sobre o XV do Dragón por 12 a 10, permitindo que na última xornada do torneo os escoceses aínda tivesen oportunidade de gañar o torneo, aínda que a súa derrota contra Inglaterra no seguinte partido frustrou as súas esperanzas, gañando finalmente os do País de Gales. Despois desta data a capacidade do estadio de Murrayfield reduciuse para unha mellora seguridade dos espectadores.
O Torneo das Seis Nacións rexistra altos índices de afluencia aos estadios, con asistencias medias entre os 60.000 e os 70.000 espectadores, e afluencias que teñen superado o millón de espectadores nos estadios. A seguinte táboa amosa os rexistros de afluencia aos estadios durante o torneo dende o ano 2000 ata 2015:[24]
Equipo | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Escocia | 144.500 | 177,208 | 133.062 | 180.739 | 133.824 | 192.507 | 127.500 | 185.584 | 135.487 | 183.000 | 132.578 | 165.805 | 134.344 | 184.397 | 134.244 | 129,332 |
Francia | 234.810 | 158,000 | 224.978 | 152.000 | 238.533 | 158.250 | 238.000 | 160.000 | 239.284 | 144.660 | 238.001 | 161.135 | 234.759 | 156.996 | 157.463 | 158.814 |
Gales | 217.500 | 144,500 | 205.400 | 142.227 | 218.913 | 148.717 | 222.211 | 148.691 | 223.490 | 148.625 | 218.524 | 148.509 | 215.374 | 147.334 | 213.607 | 147.765 |
Inglaterra | 148.500 | 225,000 | 150.000 | 226.000 | 147.200 | 222.000 | 140.000 | 246.000 | 164.000 | 170.888 | 162.960 | 245.037 | 161.331 | 244.518 | 163.196 | 164.345 |
Irlanda | 120.000 | 96,500 | 146.694 | 98.000 | 140.750 | 98.250 | 148.500 | 163.911 | 224.621 | 164.300 | 239.339 | 102.000 | 153.000 | 102.000 | 154.045 | 102.400 |
Italia | 54.000 | 91,973 | 59.000 | 62.500 | 49.840 | 80.252 | 49.946 | 74.919 | 88.000 | 86.050 | 63.876 | 93.000 | 126.057 | 205.247 | 122.750 | 124.827 |
TOTAL | 919.310 | 893,181 | 919.134 | 861.466 | 929.060 | 899.976 | 926.157 | 979.105 | 1.074.882 | 897.523 | 1.055.278 | 915.486 | 1.024.865 | 1.040.492 | 945.305 | 827.483 |
A asistencia media aos partidos do torneo dende 2000 ata 2015 foi a seguinte:
Equipo | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Escocia | 72.250 | 59.069 | 66.531 | 60.246 | 66.912 | 64.169 | 63.750 | 61.861 | 67.744 | 61.000 | 66.289 | 55.268 | 67.172 | 61.466 | 67.122 | 64.666 |
Francia | 78.270 | 79.000 | 74.993 | 76.000 | 79.511 | 79.125 | 79.333 | 80.000 | 79.761 | 72.330 | 79.334 | 80.568 | 78.253 | 78.498 | 78.732 | 79.407 |
Gales | 72.500 | 72.250 | 68.467 | 71.114 | 72.971 | 74.359 | 74.070 | 74.346 | 74.497 | 74.313 | 72.841 | 74.255 | 71.791 | 73.667 | 71.202 | 73.883 |
Inglaterra | 74.250 | 75.000 | 75.000 | 75.333 | 73.600 | 74.000 | 70.000 | 82.000 | 82.000 | 56.963 | 81.480 | 81.679 | 80.666 | 81.506 | 81.598 | 82.173 |
Irlanda | 40.000 | 48.250 | 48.898 | 49.000 | 46.917 | 49.125 | 49.500 | 81.956 | 74.874 | 82.150 | 79.780 | 51.000 | 51.000 | 51.000 | 51.348 | 51.200 |
Italia | 27,000 | 30.658 | 29.500 | 20.833 | 24.920 | 26.751 | 24.973 | 24.973 | 44.000 | 28.683 | 31.938 | 31.000 | 63.029 | 68.416 | 61.375 | 62.414 |
TOTAL | 61.287 | 59.545 | 61.276 | 57.431 | 61.937 | 59.998 | 61.744 | 65.274 | 71.659 | 59.835 | 70.352 | 61.032 | 68.324 | 69.366 | 67.522 | 68.957 |
Palmarés masculino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Palmarés do Torneo das Seis Nacións.
Escocia | Francia | Gales | Inglaterra | Irlanda | Italia | |
---|---|---|---|---|---|---|
Participacións | 123 | 88 | 123 | 121 | 123 | 18 |
Vitorias (vitorias compartidas) | ||||||
Home Nations | 10 (3) | NA | 7 (4) | 5 (4) | 4 (4) | NA |
Five Nations | 5 (6) | 12 (8) | 15 (8) | 17 (6) | 6 (5) | NA |
Six Nations | 0 | 5 | 4 | 6 | 3 | 0 |
Total | 15 (9) | 17 (8) | 26 (12) | 28 (10) | 13 (9) | 0 (0) |
Grand Slams | ||||||
Home Nations | 0 | NA | 2 | 0 | 0 | NA |
Five Nations | 3 | 6 | 6 | 11 | 1 | NA |
Six Nations | 0 | 3 | 3 | 2 | 1 | 0 |
Total | 3 | 9 | 11 | 13 | 2 | 0 |
Triplas Coroas | ||||||
Home Nations | 7 | NA | 6 | 5 | 2 | NA |
Five Nations | 3 | NA | 11 | 16 | 4 | NA |
Six Nations | 0 | NA | 3 | 4 | 4 | NA |
Total | 10 | NA | 20 | 25 | 10 | NA |
Culleres de pau (último clasificado) | ||||||
Home Nations | 8 | NA | 8 | 11 | 15 | NA |
Five Nations | 21 | 17 | 12 | 14 | 21 | NA |
Six Nations | 4 | 1 | 1 | 0 | 0 | 12 |
Total | 33 | 18 | 21 | 25 | 36 | 12 |
Trofeos
[editar | editar a fonte]Aos equipos
[editar | editar a fonte]Trofeo do torneo
[editar | editar a fonte]En 1993 púxose en xogo un trofeo para premiar ao equipo gañador do Torneo. O capitán francés Jean-François Tordo foi o primeiro en alzalo. En 2015, o capitán irlandés Paul O'Connell alzou o novo trofeo do Torneo. O trofeo, deseñado polo xoieiro inglés Thomas Lyte, está feito en prata, formando un hexágono (cada cara simboliza unha nación), e componse de 7 quilos de prata e unha altura de 75 centímetros[25]
Tripla Coroa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Tripla Coroa (rugby).
A Tripla Coroa é o trofeo entregado ao equipo que se impón nun minicampionato a catro entre Escocia, Gales, Ingraterra e Irlanda (que é o torneo británico preexistente á admisión de Francia en 1910 e posteriormente de Italia en 2000). Inglaterra conquistou a primeira Tripla Coroa en 1883, aínda que foi Irlanda o primeiro equipo que gañou usando esta expresión, inventada por un xornalista de The Irish Times en 1894 . Ata 2006 non existía un premio físico para o equipo gañador, foi precisamente ese ano cando se creou un trofeo físico para o equipo que conseguira a Tripla Coroa.[26]
Grand Slam
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Grand Slam (rugby).
Do mesmo xeito, o Grand Slam é a guinda do pastela para todos os equipos gañadores do torneo: trátase de derrotar a todos os seus opoñentes. Se ben non é un trofeo propiamente dito, o termo Grand Slam emprégase no Torneo para designar ao equipo que gañou todos os seus partidos durante unha edición. O termo foi introducido por primeira vez en 1957 por un xornal inglés, con ocasión da vitoria total do equipo de Inglaterra.[27]
Outros trofeos
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha tradución ao galego. A túa axuda é benvida. Se este texto non se traduce nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. Colabora connosco para que a Galipedia mellore e medre. |
- A Calcutta Cup dispútase no partido entre Escocia e Inglaterra. Foi creada en 1878 e disputouse por primeira vez o 10 de marzo de 1879.[28] Ce match s’étant terminé par un score nul, il faut attendre 1880 pour que la coupe soit remportée par une équipe, en l’occurrence par l’Angleterre qui bat l’Écosse par deux buts et trois essais contre un but pour ceux-ci.
- O Millennium Trophy é entregado ao vencedor do partido entre Inglaterra e Irlanda. Entregado dende 1988, presentouse para celebrar o milenio de Dublín ese mesmo ano.[29]
- O Centenary Quaich é o trofeo disputado polos equipos de Escocia e Irlanda dende 1989. Un quaich é un recipiente gaélico.[30][31][32]
- O Eurostar Trophy é entregado dende o ano 2000 ao gañador de Crunch, o partido que enfronta a Francia e Inglaterra.[28]
- O Giuseppe Garibaldi Trophy é disputado polos equipos latinos, Francia e Italia. Creado por Jean-Pierre Rives, disputouse por primeira vez en Francia o 3 de febreiro de 2007. Recibe o seu nome en honor a Giuseppe Garibaldi, líder na unificación de Italia e voluntario no Exército Republicano Francés fronte a Prusia.[33][34][35]
Culler de pau
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Culler de pau.
A culler de pau é un « anti-trofeo », outorgado, segundo as fontes, ao equipo que perdeu todos os seus partidos nunha edición do Torneo, ou o que finalizou na derradeira posición na clasificación xeral.[a].
Selección | Culleres de pau con todos os partidos perdidos |
% culleres / Torneos disputados | Edicións |
---|---|---|---|
Irlanda | 16 | 13,1 % | 1884, 1885, 1886, 1891, 1895, 1909, 1920, 1934, 1938, 1960, 1977, 1981, 1984, 1986, 1992, 1998 |
Escocia | 16 | 13,1 % | 1902, 1911, 1914, 1932, 1936, 1939, 1947, 1952, 1953, 1954, 1968, 1978, 1985, 2004, 2012, 2015 |
Francia[b] | 8 | 8,0 % | 1910, 1912, 1913, 1914, 1925, 1926, 1929, 1957 |
Inglaterra | 7 | 5,8 % | 1899, 1901, 1903, 1905, 1907, 1972, 1976 |
Gales | 7 | 5,7 % | 1886, 1889, 1892, 1937, 1990, 1995, 2003 |
Italia[c] | 7 | 38,8 % | 2001, 2002, 2005, 2009, 2014, 2016, 2017 |
Nota: o Home Nations Championship 1883, no que Gales e Irlanda perderon os seus dous partidos pero non xogaron entre eles non se inclúe, xa que non se completou a competición.
Trofeos aos xogadores
[editar | editar a fonte]Dende 2004 entrégase o trofeo ao xogador máis destacado do torneo, escollido pola votación do público. O primeiro xogador en recibir o galardón foi o irlandés Gordon D'Arcy, mentres que o tamén irlandés Brian O'Driscoll, con tres galardóns, é o xogador que máis veces conseguiu o premio. Os xogadores irlandeses son os que máis veces conseguiron o trofeo, cun total de seis galardóns conquistados por catro xogadores distintos. En 2017 ningún xogador francés conseguira alzar o trofeo.[36][37]
Ano | Gañador |
---|---|
2004 | Gordon D'Arcy |
2005 | Martyn Williams |
2006 | Brian O'Driscoll |
2007 | Brian O'Driscoll |
2008 | Shane Williams |
2009 | Brian O'Driscoll |
2010 | Tommy Bowe |
2011 | Andrea Masi |
2012 | Dan Lydiate |
2013 | Leigh Halfpenny |
2014 | Mike Brown |
2015 | Paul O'Connell |
2016 | Stuart Hogg |
2017 | Stuart Hogg |
Seis Nacións feminino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo das Seis Nacións feminino.
O Torneo das Seis Nacións feminino é unha competición de rugby entre os equipos de Escocia, Francia, Inglaterra, Irlanda, Italia e Gales.
Escocia | España | Francia | Gales | Inglaterra | Irlanda | Italia | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Participacións | 21 | 7 | 18 | 21 | 21 | 19 | 10 |
Campionatos | 1 | 0 | 5 | 0 | 13 | 2 | 0 |
Grand Slams | 1 | 0 | 4 | 0 | 12 | 1 | 0 |
Tripla Coroa | 1 | N/A | N/A | 1 | 16 | 2 | N/A |
Culler de pau | 7 | 2 | 0 | 5 | 0 | 5 | 2 |
Seis Nacións xuvenil
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo das Seis Nacións Sub-20.
O Torneo das Seis Nacións xuvenil ou 6 Nations Junior é unha competición de rugby entre os equipos de Escocia, Francia, Inglaterra, Irlanda, Italia e Gales, formado por xogadores menos de 20 anos.
Historia
[editar | editar a fonte]Este torneo foi creado en 2008 debido á fusión das competicións de menores de 21 e de menores de 19 anos. Os ingleses conseguiron o Grand Slam o primeiro ano da competición e na súa segunda edición, entre febreiro e marzo de 2009 a vitoria foi para os franceses, que quedaron empatados a puntos coa selección irlandesa, máis por diferenza de anotación o título foi para os Bleus, aínda que os franceses nada máis comezar o torneo perderon contra a propia selección de Irlanda.
Escocia | Francia | Gales | Inglaterra | Irlanda | Italia | |
---|---|---|---|---|---|---|
Participacións | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 |
Campionatos | 0 | 2 | 1 | 5 | 1 | 0 |
Grand Slams | 0 | 1 | 1 | 2 | 0 | 0 |
Tripla Coroa | 1 | N/A | 1 | 4 | 1 | N/A |
Culler de pau | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 6 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ De xeito xeral, os británicos consideran a culler de pau o equipo que finalizou na derradeira posición na clasificación xeral, mentres que en Francia a culler de pau é xeralmente atribuída ao equipo que perdeu todos os seus encontros.
- ↑ Francia non disputou o Torneo ata 1910 e posteriormente non o disputou entre 1932 e 1939.
- ↑ Italia non disputou o Torneo ata o ano 2000.
- Referencias
- ↑ http://news.bbc.co.uk/2/hi/sport/rugby_union/six_nations/612204.stm
- ↑ Regulamento do RBS 6 Nations Championship Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Desprazamento de seareiros para o Inglaterra-Francia de 1977 Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Vídeo dos arquivos de ina.fr (en francés)
- ↑ Ireland's Call (en inglés), Land of my fathers (en inglés) e Flower of Scotland (en inglés) de YouTube
- ↑ Grand Slam: How did you celebrate?, de bbc.co.uk (en inglés)
- ↑ Swing Low, Sweet Chariot Arquivado 21 de setembro de 2008 en Wayback Machine., de anthem4england.co.uk (en inglés)
- ↑ (en inglés) Swing Low, Sweet Chariot. Inglaterra - Nova Zelandia 2006, de youtube.com (en inglés)
- ↑ A Marsellesa. Francia - Nova Zelandia 2006, de youtube.com (en francés)
- ↑ Plus belle "bringue" avec le XV de France, selon Philippe Sella Arquivado 24 de decembro de 2007 en Wayback Machine., de sport.france2.fr (en francés)
- ↑ Smith, David; Williams, Gareth (1980). Fields of Praise: The Official History of The Welsh Rugby Union (en inglés). Cardiff: University of Wales Press. p. 349, 474-380. ISBN 0-7083-0766-3.
- ↑ "Farewell To Lansdowne Road As Demolition Begins". irishrugby.ie (en inglés). 17 de maio de 2007. Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ "Lansdowne Road" (en inglés). rugbyfootballhistory.com. Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ (en inglés) Stadio Flaminio Arquivado 21 de febreiro de 2007 en Wayback Machine., de 6-nations-rugby.com (en inglés)
- ↑ "Italy may move Six Nations to Genoa". rugbyweek.com (en inglés). 20 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2017. Consultado o 23 de marzo de 2017.
- ↑ "Italy to move Six Nations games from Rome to Florence". BBC Sport (en inglés). 1 de abril de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ "RBS 6 Nazioni, allo Stadio Olimpico l'Edizione 2012". Federación Italiana de Rugby (en italiano). 13 de xullo de 2011. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Sportsbeat (14 de xullo de 2011). "Italy switch stadium to Stadio Olimpico". RBS 6 Nations. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ "French national rugby team plan to quit Stade de France". BBC Sport (en inglés). 25 de novembro de 2010. Consultado o 7 de marzo de 2017.
- ↑ 19,0 19,1 Moriarty, Ian (5 de xullo de 2012). "Money talks". ESPN Scrum (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2017.
- ↑ "Projet Stade" (en francés). Federación Francesa de Rugby. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 7 de marzo de 2017.
- ↑ "Rugby-French federation drops plans for new stadium". Reuters (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2017. Consultado o 7 de marzo de 2017.
- ↑ Competicións entre equipos nacionais, de answers.com (en inglés)
- ↑ Murrayfield Stadium Arquivado 11 de decembro de 2007 en Wayback Machine., de rbs6nations.com (en inglés) Escocia-Gales 1975, de scrum.com
- ↑ "Six Nations 2015 Home attendance (seleccionables todas as edicións dende 2000)" (en inglés). rugby.statbunker.com. Consultado o 13 de abril de 2017.
- ↑ "Trophy" (en inglés). rbs6nations.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 12 de maio de 2017..
- ↑ Cassidy, Matt (19 de febreiro de 2014). "Six Nations: Top Five Irish Triple Crown Victories" (en inglés). www.punditarena.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2016. Consultado o 10 de maio de 2017..
- ↑ "This week in history" (en inglés). planetrugby.com. 20 de marzo de 2015. Consultado o 10 de maio de 2017.[Ligazón morta]
- ↑ 28,0 28,1 Rouyer, Nicolas (1 de febreiro de 2013). "Les mini-trophées des Six Nations". Europe1.fr (en francés). Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ "About Us" (en inglés). RFU. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2007. Consultado o 14 de abril de 2017.
- ↑ Massie, Alan (19 de febreiro de 2000). "Lamenting the sad decline of the fighting Irish". The Scotsman (en inglés). p. 31.
- ↑ Ferrie, Kevin (22 de marzo de 1999). "Scotland now have quality in quantity". The Herald (en inglés). p. 1.
- ↑ Walsh, David (13 de febreiro de 2005). "Scots torn apart by Irish mean machine". The Sunday Times (en inglés). p. Sport 2.
- ↑ "Giuseppe Garibaldi Trophy" (en inglés). The Rugby Archive. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ O'Sullivan, John (4 de febreiro de 2009). "PLANET SIX NATIONS". The Irish Times (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ "France ease their way past Italy" (en inglés). rbs6nations.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2011. Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ "Stuart Hogg awarded 2016 RBS Player of the Championship" (en inglés). 24 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 16 de abril de 2017.
- ↑ Eddison, Paul (23 de marzo de 2017). "Stuart Hogg awarded 2017 RBS Player of the Championship for the second year in a row" (en inglés). rbs6nations.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2017. Consultado o 16 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torneo das Seis Nacións |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boniface, André; Collectif Midi olympique (2007). Cent ans de XV de France (en francés). Midi olympique. p. 239. ISBN 978-2-9524731-0-1.
- Denis, Jean (1979). Histoire du Tournoi des Cinq Nations, ou Sans médailles ni couronnes (en francés). Éditions Famot. p. 158. ISBN 978-84-499-2382-1.
- Duboisset, François; Vassallo, Clotilde (2006). RugbyGuide. Guide français et international (en francés). Éditions De Vecchi. p. 655. ISBN 978-2-7328-6843-1.
- Escot, Richard (1999). Le Tournoi des Cinq Nations, 1910-1999 (en francés). Calmann-Lévy. p. 155. ISBN 978-2-7021-2972-2.
- Escot, Richard; Rivière, Jacques (2010). Un siècle de rugby (en francés) (13 ed.). Calmann-Lévy. p. 480. ISBN 978-2-7021-4118-2. siecle.
- Garcia, Henri (2004). La Fabuleuse Histoire du rugby (en francés). Minerva. p. 1055. ISBN 978-2-8307-0782-3.
- Garcia, Henri (2005). La Légende du tournoi (en francés). Minerva. p. 254. ISBN 978-2-8307-0793-9.
- Godwin, Terry (1984). The International Rugby Championship 1883–1983 (en inglés). Londres: Willows Books. ISBN 0-00-218060-X.
- Laudet, Vincent; Moncel, Caroline; Matichard, Sandrine; Calais, Isabelle (2006). XV de France. Le tournoi à la une (en francés). L'Équipe. p. 80. ISBN 978-2-915535-24-2.
- Sansot, Pierre (2002). Le rugby est une fête, le tennis non plus (en francés) (13 ed.). Petite Bibliothèque Payot. p. 259. ISBN 978-2-228-89509-5. sansot.
- Starmer-Smith, Nigel, ed. (1986). Rugby – A Way of Life, An Illustrated History of Rugby (en inglés). Lennard Books. ISBN 0-7126-2662-X.
- Van Lee, Loys (1969). Le Rugby, Histoire et petites histoires du Tournoi des Cinq Nations (en francés). Dargaud. p. 181.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Torneo Arquivado 20 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés) (en francés) (en italiano)