Saltar ao contido

Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaInglaterra
England (en-gb) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGod Save the King (1745) Editar o valor en Wikidata

Símbolo oficialRosa de Tudor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlcumeBlighty Editar o valor en Wikidata
EpónimoAnglos e terra Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°N 1°O / 53, -1
EstadoReino Unido Editar o valor en Wikidata
CapitalLondres Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación53.012.456 (2011) Editar o valor en Wikidata (406,92 hab./km²)
Número de fogares23.044.097 (2011) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie130.278 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoScafell Pike (pt) Traducir (978 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoThe Fens (en) Traducir (−4 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Santo padrónXurxo de Capadocia Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria
monarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataKeir Starmer (2024–) Editar o valor en Wikidata
Moedalibra esterlina Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+44 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-ENG Editar o valor en Wikidata

Páxina webvisitengland.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450601

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co océano Atlántico, Gales e o mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente até o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo Inglaterra foi bautizado polo pobo dos anglos, a maior das tribos xermánicas asentadas en Inglaterra nos séculos V e VI, e supostamente orixinarios da península de Angeln, o que hoxe se coñece como Dinamarca e o norte de Alemaña.

O termo anglos, co que se coñece a este pobo, vai ser escrito de moi diferentes xeitos. A primeira referencia coñecida a este pobo atópase na versión latina Anglii usada por Tácito no capítulo 40 da súa Xermania, escrita arredor do ano 98. Non achega unha indicación precisa da súa situación xeográfica dentro da Xermania, mais apunta que, xunto con outras seis tribos, adoraban á raíña coñecida como Nerthus, cuxo santuario estaba situado "nunha illa no océano".

O antigo historiador do século VIII, Beda, na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum ('Historia eclesiástica do pobo inglés'), refírese ao pobo inglés como Angelfolc (en inglés) ou Angli (en latín).

Escudo.
Artigo principal: Historia de Inglaterra.

O país chamado Inglaterra, por contraponto cos estados e provincias que ocuparon o mesmo territorio en épocas anteriores formouse pola aglutinación gradual dos reinos anglos, saxóns e xutos durante os séculos VII, VIII e IX. Ecgberht, rei de Wessex (m. 839) é en xeral considerado o primeiro rei de toda Inglaterra, aínda que o seu título oficial fose Bretwalda (literalmente "Sobreseñor da Bretaña"), e fose tecnicamente un "primeiro entre iguais" cos outros líderes ingleses. O título de "Rei de Inglaterra" xurdiu dúas xeracións máis tarde con Alfredo o Grande (gobernou entre 871 e 899).

Algunhas historias de Inglaterra escolares inícianse coa subida ao trono de Guillerme, o Conquistador en 1066. Isto pode deberse ao orgullo que os ingleses teñen da súa longa historia de independencia, e gústalles, polo tanto, iniciar a contar só despois da última invasión con éxito. A verdade é que, aínda que Guillerme teña reorganizado (e, en gran parte, substituído) a aristocracia inglesa, non se pode dicir con verdade que el teña "fundado" ou "unificado" o país. Con efecto, moita da infraestrutura anglosaxoa que existía sobreviviu á conquista de Guillerme e persiste aínda hoxe.

Nas escolas inglesas, a historia do país tende a comezar coa área xeográfica que viría un día a transformarse na Inglaterra, e por iso refírese inicialmente a Xulio César e a expedicións romanas posteriores. Estes estudos da historia do lugar propiamente dito, antes de ter adquirido o nome Inglaterra, axúdannos a comprender o desenvolvemento posterior da Inglaterra en canto nación.

Política e Goberno

[editar | editar a fonte]

Política de Inglaterra

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Inglaterra.

Inglaterra non ten ningún goberno ou corpo de representantes independente do Reino Unido.

Subdivisións e Gobernos locais

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, divídese en condados (shires), de constitución que ten sido algo variable. Actualmente, a lista é a seguinte:

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Inglaterra.

Inglaterra corresponde á maior parte dos dous terzos sur da Gran Bretaña. Está limitada ao norte por Escocia e ao oeste polo País de Gales.

A maior parte de Inglaterra está cuberta de outeiros ("Roling Hills"), sendo máis montañosa no norte. A liña divisora entre tipos de terreo está indicada xeralmente pola liña Tees-Exe. Hai tamén unha área de pantanos, ó leste, que foi drenada para uso agrícola.

Val do río Loud, típica paisaxe rural do norte de Inglaterra

Maiores áreas urbanas

[editar | editar a fonte]

As maiores cidades de Inglaterra son, por orde decrecente: Londres, Birmingham, Liverpool, Sheffield.

O Túnel do Canal, preto de Dover, liga Inglaterra ao continente europeo.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía de Inglaterra.

Inglaterra, cos seus 50 millóns de habitantes, dos cales cerca dunha décima parte pertencen a grupos étnicos non-brancos, é a nación coa poboación máis numerosa e etnicamente máis diversificada de todo o Reino Unido.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy