Saltar ao contido

Treosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Treosa[1]

D-Treosa

L-Treosa
Identificadores
Número CAS 95-43-2 (D), 95-44-3 (L)
PubChem 439665 (D)
ChemSpider 388736
ChEBI CHEBI:28587
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C4H8O4
Masa molar 120,10 g mol−1
Aspecto Xarope
Solubilidade en auga Moi soluble

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Proxección de Fischer dos dous enantiómeros da treosa

A treosa é un monosacárido de catro carbonos coa fórmula molecular C4H8O4. Polo seu número de carbonos é unha tetrosa, condición que comparte coa eritrosa e eritrulosa. Ten un grupo aldehido terminal na súa cadea liñal, polo que é unha aldosa. Presenta estereoisómeros D e L, a D-treosa e a L-treosa, que aparecen na mesma cantidade nas mesturas racémicas.

A raíz "treo" do que deriva o nome da treosa (e a raíz "eritro" da que deriva o nome do seu diastereoisómero eritrosa) dános unha maneira útil de describir estruturas orgánicas xerais que teñen centros quirais adxacentes, na que os "prefixos... designan a configuración relativa dos centros".[2] Na proxección de Fischer da D-treosa, os substituíntes adxacentes teñen unha orientación sin no isómero denominado "treo", e son anti no isómero denominado "eritro".[3]

No chamado ácido treonucleico ou ácido nucleico de treosa, a treosa fai o mesmo papel que a ribosa e a desoxirribosa no ARN e ADN.

  1. Merck Index, 11th Edition, 9317
  2. Formulas Using Other Configurational Notations, W. Rausch, accessed 1 March 2011
  3. ibid. O Prof. Rausch explica que os prefixos "poden ser aplicados a compostos racémicos, ou a enantiómeros puros e aos compostos meso", e que cando se debuxan na representación en zigzag común, os "substituíntes [adxacentes] poden situarse no mesmo lado da cadea carbonada... [sin] ou en lados opostos... [anti]", o cal é o contrario nas súas proxeccións de Fischer.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy