Saltar ao contido

Amilopectina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amilopectina
Identificadores
Número CAS 9037-22-3
PubChem 439207
ChemSpider 388347
UNII 4XO4QFV777
Número CE 232-911-6
Propiedades
Fórmula molecular variable
Masa molecular variable
Aspecto po branco

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A amilopectina é un dos polímeros que forman parte do amidón, xunto coa amilosa. É un polisacárido característico das plantas e as algas [1], moi ramificado, composto por moitas unidades de glicosa (de 2.000 a 200.000), e cun peso molecular que pode ser de máis de 100 millóns de daltons. É soluble en auga [2] (aínda que en textos non actualizados se informe do contrario[3]).

As unidades de glicosa que a forman están unidas por enlace O-glicosídico α(1→4) formando unha cadea liñal. A cadea ten ramificacións cada 24-30 unidades de glicosa, e no punto de ramificación o enlace glicosídico é α(1→6). A molécula resultante pode ser rapidamente degradada encimaticamente polos extremos das súas moitas ramificacións. En comparación, o outro compoñente do amidón, a amilosa, ten menos puntos por onde poida comezar o ataque encimático, polo que se hidroliza máis lentamente e ten unha maior densidade e é insoluble.

Os animais teñen un polisacárido similar á amilopectina chamado glicóxeno, coa mesma composición, estrutura ramificada e tipo de enlaces, pero que ten ramificacións máis numerosas (cada 8-12 unidades de glicosa) e cada rama é máis curta.

A función da amilopectina é a reserva enerxética. As plantas almacenan amidón en orgánulos especializados chamados amiloplastos, e, en menor cantidade, nos cloroplastos fotosintéticos. Cando a célula precisa enerxía, a planta hidroliza o amidón, liberando a glicosa, que pode ser oxidada despois na respiración celular. Os seres humanos e outros animais poden dixerir a amilopectina utilizando encimas amilases, que hidrolizan os enlaces α(1→4), e os encimas desramificantes α(1→6)-glicosidases, que hidrolizan os enlaces α(1→6) dos puntos de ramificación.

Un gránulo de amidón está constituído por un 70 % de amilopectina en peso, e o resto é amilosa, pero isto varía dependendo da fonte analizada. Os amidóns que teñen máis amilopectina, preto do 100 %, denomínanse céreos, como os de certos tipos de arroz, millo ou pataca. Noutros tipos de pataca o contido é menor, dun 75%, por exemplo. Hai patacas modificadas xeneticamente para producir só amilopectina, e en 2010 foi aprobada a comercialización en Europa da pataca Amflora [4][5].

  1. Enciclopedia Británica.[Ligazón morta]
  2. "Amylose, Amylopectin (starch)". GMO Compass. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 2011-02-07. 
  3. "Which Starch Fraction is Water-Soluble, Amylose or Amylopectin?". Eric.ed.gov. Consultado o 2011-02-07. 
  4. "A Comisión Europea aproba a pataca Amflora.". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2011. 
  5. "Notification for Placing the Potato Clone EH92-527-1, Being Genetically Modified for Increased Content of Amylopectin, on the Market" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de agosto de 2011. Consultado o 2011-08-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy