Saltar ao contido

Siricio, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSiricio, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento334 Editar o valor en Wikidata
Roma Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 399 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
38º Papa
decembro de 384 (Gregoriano) – 26 de novembro de 399 (Gregoriano)
← Dámaso IAnastasio I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de novembro Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Tiburtius-3

Siricio (Roma, ca 334 - 26 de novembro de 399) foi o 38° papa da Igrexa católica, que o venera como santo. Desde o 17 de decembro de 384 até a súa morte, foi o sucesor do Dámaso I e foi sucedido por Anastasio I. Foi autor de dous decretos sobre o celibato clerical.

Notas biográficas

[editar | editar a fonte]

Siricio era fillo dun tal Tiburcio. Entrou ao servizo da Igrexa aínda de tenra idade e, segundo a inscrición posta na súa tumba, durante o pontificado do papa Liberio (352-366) foi primeiro lector e despois diácono. Despois da morte do papa Dámaso I, Siricio, cardeal de "San Pastore", foi elixido o seu sucesor por unanimidade e, probabelmente, foi consagrado bispo o 17 de decembro. O antipapa Ursino, que fora rival de Dámaso (366), estaba aínda vivo e continuou coas súas pretensións. O emperador Valentiniano III, nunha carta a Piniano (23 de febreiro de 385), deu o seu beneplácito á elección de Siricio.

Lexislador

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro acto oficial revelouse importante. Himerio, bispo de Tarragona, dirixira ao papa Dámaso unha lista de quince cuestións relativas ao bautismo, a penitencia, a ordenación sacerdotal, e mesmo o matrimonio. Aínda recentemente elixido, Siricio respondeulle o 23 de febreiro de 385: as súas indicacións retoman as disposicións do primeiro Concilio de Nicea (325) e aínda do Sardica (343). Mais Siricio axuntou posíbeis sancións. A carta mostra tamén que Siricio era consciente da súa autoridade na Igrexa. De feito, a súa epístola constitúe a primeira decretal pontificia, é dicir, unha carta papal sobre asuntos de disciplina ou de dereito canónico.

Esta carta decretal foi continuada con outras misivas, que incitaban aos bispos de África a que aplicasen os canons dos dous concilios romanos (o que convocara o seu antecesor Dámaso I, e máis o reunido por el mesmo). O primeiro canon concernía á consagración dos bispos e mais a obriga de castidade para os clérigos. O segundo esixía un inquérito adecuado sobre os candidatos a recibir as ordes eclesiásticas.

Contra a herexía

[editar | editar a fonte]

Sirice actuou con enerxía contra os herexes, en colaboración con Ambrosio, bispo de Milán. No concilio de Capua (392), condenou a Bonoso, bispo de Sardica, que negaba a virxindade de María. No mesmo ano, condenou, nun concilio romano, ao monxe Xoviniano, que non só negaba a virxindade de María, senón que refugaba a vida de celibato e a castidade. Deixou, porén, a xuízo das igrexas locais a tarefa de sancionar ambos os dous herexes.

Seguindo a postura de Dámaso, interveu na controversia acerca dos priscilianistas. Despois da morte do emperador Magno Máximo (388), sancionou os bispos que libraran a Prisciliano e os seus compañeiros ao brazo secular. Foi o caso de Itacio, bispo de Tréveris, cidade onde fora executado o herexe. Siricio condenou tamén ao bispo Félix, que apoiara a Itacio. Finalmente, autorizou o retorno ao seo da Igrexa dos priscilianistas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy