Saltar ao contido

Nicolao II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNicolao II, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Nicolaus PP. II Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 990 Editar o valor en Wikidata
Château de Chevron (Reino de Arles) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1061 Editar o valor en Wikidata (61/71 anos)
Florencia (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanta María del Fiore Editar o valor en Wikidata
155º Papa
30 de xaneiro de 1059 – 27 de xullo de 1061 (Gregoriano)
← Estevo XAlexandre II →
Roman Catholic Bishop of Florence (en) Traducir
xaneiro de 1045 – – Giulio (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Arles (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , escritor , bispo católico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor en Wikidata
Nicolao II

Nicolao II, nado cara ao ano 990 e finado en Florencia o 27 de xullo de 1061 foi o papa n.º 155 da Igrexa católica de 1059 a 1061.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Do papa Nicolao II, non coñecemos máis que o seu nome: Gérard, Gérald, Gherard, Gerardus, Giroldus ou Gerhard de Borgoña. Puidera que nacera entre 990 e 995, en Chevron, antiga cidade da rexión histórica de Savoia, e sería da familia dos Chevron Villette. Os antigos textos desígnano como Allobrox, Allobroge, natione Burgondio, sive Sabaudiensis (nación Borgoñoa ou savoiana); foi chamado tamén Gérard de Borgoña e mesmo Gerald de Lorraine.

Pontificado

[editar | editar a fonte]

No marco do que os historiadores chamaron a posteriori a reforma gregoriana, prohibe aos clérigos recibir unha igrexa das mans dun laico e obter cargas eclesiásticas con diñeiro (simonía). Tamén prohibe o nomeamento dos bispos sen a autorización papal. Ordenou a excomuñón dos sacerdotes casados que non repudiaran as súas esposas e prohibiu aos laicos participar en misas celebradas por eles.

Sínodo de Melfi

[editar | editar a fonte]

Baixo a influencia do frade Hildebrand, o futuro papa Gregorio VII, promulgou o 13 de abril de 1060, o decreto que poñía a elección do papa en só as mans do colexio dos cardeais, confirmando o sínodo de Melfi. Non obstante, o emperador gardaba o dereito de confirmar o candidato para o asento pontifical.

No ano 1059 convoca o sínodo de Melfi (no sur de Italia) que reúne os bispos italianos e determina a elección do Papa que será elixido de agora en diante polos cardeais. O resultado dese sínodo será confirmado polo decreto do 13 de abril de 1060. O papa Nicolao II foi a Italia do sur e recibiu os xuramentos de fidelidade dos príncipes normandos Ricardo I de Aversa e Robert Guiscard, a cambio da súa investidura e da súa fidelidade. O papa contaba co apoio normando para contrapesar a potencia do Imperio.

Primeiro Concilio de Latrán

[editar | editar a fonte]

No ano 1060, convocou o I Concilio de Latrán en Roma, e renovou a prohibición feita aos belixerantes de atacar os viaxeiros, os clérigos, os frades e os pobres.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy