Selección de rugby de Inglaterra
Inglaterra | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | The Corgies | ||
Emblema | Rosa vermella | ||
Unión | Rugby Football Union | ||
Adestrador | Eddie Jones | ||
Capitán | Owen Farrell | ||
Mais caps | Jason Leonard (114) | ||
Máximo anotador | Jonny Wilkinson (1 179) | ||
Máis ensaios | Rory Underwood (49) | ||
Estadio | Twickenham (82 000) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 3 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 1 (2003) | ||
Mínimo | 8 (2015) | ||
Estrea internacional | |||
Escocia 1−0 Inglaterra Edimburgo, Reino Unido; 27 de marzo de 1871 | |||
Maior vitoria | |||
Inglaterra 134−0 Romanía Londres, Reino Unido; 17 de novembro de 2001 | |||
Maior derrota | |||
Australia 76−0 Inglaterra Brisbane, Australia; 6 de decembro de 1997 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | 1º (2003) |
A Selección de rugby de Inglaterra representa a Inglaterra en torneos internacionais de rugby. Compite anualmente no Torneo das Seis Nacións con Escocia, Francia, Gales, Irlanda e Italia, gañando este campionato até o momento en 25 ocasións de dereito propio (e 10 veces máis compartindo o trofeo), gañando ademais Grand Slam 12 veces, sendo a selección que máis veces o ten acadado. Ademais os ingleses compiten anualmente pola Calcutta Cup con Escocia coma parte deste torneo. Inglaterra ocupa actualmente[cando?] o oitavo posto na clasificación mundial da International Rugby Board[1]. Foi vencedora da Copa do Mundo de Rugby de 2003 sendo finalista en 1991 e na súa última edición de 2007, onde perderon na final fronte a Suráfrica.
A historia desta selección comeza en 1872, cando o equipo inglés de rugby xogou o seu primeiro partido internacional (sendo ademais o primeiro da historia) contra Escocia. Inglaterra foi a gran dominante do torneo das Home Nations (hoxe das Seis Nacións) que O XV da Rosa (como é coñecida a selección inglesa) xogou o seu primeiro partido contra Nova Zelandia (os All Blacks) en 1905, Suráfrica en 1906 e Australia en 1909. Inglaterra foi un dos equipos invitados para formar parte da primeira Copa do Mundo de Rugby en 1987 chegando ao segundo posto na súa segunda edición, en 1991 só derrotados por Australia. Tralo Seis Nacións de 2003, Inglaterra gaña ese ano a súa primeira Copa do Mundo, tras gañar a Australia 20 a 17 na prórroga. Tamén chegaron á final en 2007, perdendo 15 a 6 con Suráfrica. Inglaterra xoga tradicionalmente con pantalóns e camisola brancos e medias azul escuro (aínda que agora son vermellas), cunha rosa vermella bordada no xersei. Agora por primeira vez na súa historia o súa roupa de fora da casa é vermella (en lugar do tradicional azul mariño). O seu estadio principal é o Estadio de Twickenham onde xogaron por primeira vez en 1910. O equipo está administrado pola Rugby Football Union (RFU). Catro antigos xogadores da selección forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby e dous do IRB Hall of Fame.
Historia
[editar | editar a fonte]A expansión do rugby na primeira metade do século XIX foi debida a moitos exalumnos das Escolas Públicas Británicas, especialmente a de Rugby, onde os alumnos tras rematar os estudos, levaban o xogo ás universidades, a Londres e aos diferentes condados[2]. O primeiro partido internacional de Inglaterra foi contra Escocia o luns 27 de marzo de 1871[3]. Este non só foi o primeiro partido de Inglaterra, se non o primeiro partido internacional de rugby da historia, no cal venceron os escoceses por 4 a 1 fronte a 4.000 espectadores en Raeburn Place, Edimburgo. O seguinte partido internacional tivo lugar máis tarde, o 5 de febreiro de 1872 no estadio The Oval en Londres onde os Ingleses conseguiron a desquite fronte a Escocia, gañando por 8 a 3[4].
Os símbolos
[editar | editar a fonte]O equipamento
[editar | editar a fonte]Inglaterra xoga con camisolas albas cunha franxa vermella, pantalóns brancos e medias vermellas e brancas. Nas camisolas levan o emblema da rosa vermella no xersei de xogo, a diferenza dos tres leóns de Plantagenet nas camisolas das selección inglesas de fútbol e crícket. O equipamento da selección é manufacturado por Nike e O2 é o patrocinador oficial da camisola[5]. O equipamento suplente dos ingleses é actualmente de cor vermella, aínda que se ten utilizado a cor azul mariña.
En 2003 Inglaterra utilizou por primeira unha camisola axustada á pel, o que foi un intento para que os rivais tivesen máis dificultados para agarrar aos ingleses pola camiseta nos placaxes[6]. As roupas para o Mundial de 2007 foron desveladas o 15 de maio dese ano. Úsanse materiais de categoría superior, ofrecendo unha mellor rendibilidade que a roupa de 2003. Porén, a nova franxa vermella sobre a camisola branca que forma unha cruz de San Xurxo, e o cambio da roupa suplente de azul escuro a vermello, ten recibido moitas críticas porque fai máis fincapé na cruz de Xurxo que na tradicional rosa vermella[7]. Esta roupa foi estreada nun partido contra Gales o 4 de agosto dese ano, e a roupa suplente contra Francia o 18 de agosto[8].
A rosa vermella
[editar | editar a fonte]A Rugby Football Union (RFU) creou o seu emblema para a selección nacional antes de viaxar a Escocia para xogar un partido coa selección do Cardo. Así que antes do partido o emblema elixido foi a rosa vermella[9] e a cor do traxe foi branca porque eran as coras utilizadas pola escola de Rugby (Inglaterra). Alfred Wright, un empregado da Rugby Football Union, foi o encargado de realizar o deseño do logotipo, que até 1920 tiña sufrido numerosos trocos no seu deseño. Este deseño de Wright foi utilizado case sen ningunha modificación até finais dos anos 90 do século XX, xa que non foi até 1997 cando a rosa foi modernizada, sendo Nike o provedor oficial da marca.
O porque se elixiu esta rosa vermella é non outro símbolo non se sabe con certeza, a lenda di que a creación do emblema remóntase a recepción de Lawrence Sheriff (fundador da Escola de Rugby en Inglaterra) por Sabela I, que autorizou ao Sheriff a levar unha rosa vermella no seu escudo de armas, e cando se creou Rugby tomáronse as súas armas para este (incluíndo esta rosa vermella).
Rexistros
[editar | editar a fonte]Participacións de Inglaterra na Copa do Mundo.
Edición | Organizador | Posto |
---|---|---|
1987 | Nova Zelandia e Australia | 1/4 finalista |
1991 | Inglaterra[10] | Segundo |
1995 | Suráfrica | Cuarto |
1999 | País de Gales[11] | 1/4 finalista |
2003 | Australia | Campión |
2007 | Francia[12] | Segundo |
2011 | Nova Zelandia | 1/4 finalista |
2015 | Inglaterra[13] | - |
Escocia |
Francia |
Gales |
Inglaterra |
Irlanda |
Italia | |
---|---|---|---|---|---|---|
Torneos | 121 | 86 | 121 | 119 | 121 | 16 |
Vitorias (compartidas) | 14 (8) | 17 (8) | 26 (10) | 26 (10) | 13 (9) | 0 (0) |
Grand Slam | 3 | 9 | 11 | 12 | 2 | 0 |
Tripla Coroa | 10 | N/A | 20 | 24 | 10 | N/A |
Rexistros de xogadores
[editar | editar a fonte]Máis partidos coa selección
[editar | editar a fonte]A listaxe seguinte recoller os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección inglesa[14]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalas que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. En letra grosa xogadores que seguen en activo na selección de Inglaterra.
- Jason Leonard - 114
- Jonny Wilkinson - 91
- Lawrence Dallaglio - 85
- Rory Underwood - 85
- Martin Johnson - 84
Máis ensaios
[editar | editar a fonte]Rory Underwood é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Inglaterra[15], hoxe en día xa retirado, Underwood é o terceiro xogador que máis ensaios acadou da historia en partidos internacionais, por debaixo do xaponés Daisuke Ohata e o australiano David Campese, con 69 e 64 ensaios respectivamente.
- Rory Underwood - 49
- Ben Cohen - 31
- Will Greenwood - 31
- Jeremy Guscott - 30
- Jason Robinson - 28
Puntos
[editar | editar a fonte]O récord de puntos marcados posúeo Jonny Wilkinson con 1032 puntos[15]. Este xogador, aínda en activo, non só posúe o récord absoluto coa selección inglesa, senón que tamén é o máximo anotador de puntos de tódolos tempos (contando os partidos cos British and Irish Lions, contando só as participacións coas seleccións nacionais ocuparía a segundo posto, pero a tan só a 17 puntos de igualar ao galés Neil Jenkins, xa retirado.
- Jonny Wilkinson - 1179
- Paul Grayson - 400
- Rob Andrew - 396
- Tobby Flood - 301
- Jonathan Webb - 296
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ranking IRB Arquivado 15 de abril de 2012 en Wayback Machine., consultado o 6 de marzo de 2009 (en inglés)
- ↑ Orixes do Rugby (en inglés)
- ↑ Miúda historia do Rugby Arquivado 02 de xuño de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Inglaterra vs Escocia Arquivado 11 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Tenda da RFU Arquivado 09 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Inglaterra estrea novo equipamento para o Mundial 2003 (en inglés)
- ↑ A nova roupa vermella de Inglaterra para o Mundial (en inglés)
- ↑ "Nova roupa de Inglaterra". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2009. Consultado o 06 de marzo de 2009.
- ↑ A historia da Rosa vermella (en inglés)
- ↑ coa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
- ↑ coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
- ↑ coa asistencia de País de Gales e Escocia
- ↑ coa asistencia do País de Gales
- ↑ Estatísticas en SuperRugby Arquivado 06 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ 15,0 15,1 SuperRugby Arquivado 06 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)