Saltar ao contido

Sancho I de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSancho I de León

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento935 Editar o valor en Wikidata
Morte19 de decembro de 966 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Causa da morteveleno Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Isidoro de León Editar o valor en Wikidata
Lista de monarcas de León
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de León Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , rei Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTeresa Ansúrez
FillosRamiro III Editar o valor en Wikidata
PaisRamiro II Editar o valor en Wikidata  e Urraca Sánchez de Pamplona Editar o valor en Wikidata
IrmánsTareixa Ramírez, Ordoño III de León e Elvira Ramírez Editar o valor en Wikidata

WikiTree: León-110

Sancho I, o Craso, tamén coñecido como Sancho II,[1][2][a] finado no ano 966, foi rei de Galicia en dous períodos 956-958 e 960-966. [3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Miniatura de Sancho I. Tumbo A, Catedral de Santiago de Compostela.

Irmán de Ordoño III e fillo de Ramiro II. Foi coroado na Catedral de Santiago de Compostela. Contou co apoio de parte da nobreza galega, pero foi basculando as súas alianzas cara ao conde castelán Fernán González e o Reino de Navarra. Isto provocou unha grande contestación, o que derivou no seu destroamento e a coroación de Ordoño IV en Santiago de Compostela. Nesta sublevación da aristocracia, aínda que tivo como foco principal Castela, foi de importancia a participación de nobres galegos.

Refuxiouse na corte de Navarra. Abd al-Rahman III acolleuno en Córdoba, onde o curou da súa extrema gordura grazas aos servizos do famoso médico e poeta xudeu Hadsai.

Entón, Sancho acudiu xunto da súa avoa, a raíña Toda de Navarra, a quen pediu axuda para recuperar o seu reino. Fixo un trato cos árabes Abd al-Rahman e Hasday ibn Saprut, que lle axudaron a tomar Zamora en 959. Máis tarde, co apoio da nobreza leonesa e navarra, expulsou do trono a Ordoño IV.

O rei tardou pouco en esquecerse do seu acordo cos musulmáns, que pasaron entón a apoiar a Ordoño IV, aínda que o seu enfrontamento non pasou esta vez dunhas cantas incursións de castigo. Nos últimos anos do seu reinado sucedéronse as rebelións nobiliarias e afianzouse a independencia dos condes casteláns e galegos.

Tentou aglutinar ao conxunto da nobreza galega co apoio de Rosendo de Celanova, a quen puxo á fronte da igrexa de Santiago, en substitución do bispo Sisnando, que foi encarcerado por orde de Sancho. Porén con el aparecen sobre todo os nobres leoneses de Monzón (os Ansúrez), Saldaña e Cea. Casou cunha dama da casa dos Ansúrez, Teresa. Intentou gañarse a confianza dos magnates galegos. Para iso desprazouse ás terras portucalenses con nulo éxito, xa que alí foi envelenado polo conde galaico-portugués Gonzalo Muñoz.

Deixou como herdeiro ao seu fillo de cinco anos Ramiro III, que non sería recoñecido en Galicia.

  1. Sendo Sancho Ordóñez o I.
Referencias
  1. López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. p. 98. ISBN 84-96203-44-1. 
  2. López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do reino de Galiza (711-910). Trivium. Toxosoutos. p. 10. ISBN 978-84-92792-76-4. 
  3. Sáez Sánchez, Emilio (1949). Notas y documentos sobre Sancho Ordoñez, rey de Galicia. p. 57. serenissimus rex domno Santius, uniuerse urbe Gallecie princeps 
  4. Carriedo Tejedo, Manuel (2016). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12): 74. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 12 de xullo de 2020. Sancho hijo de Ramiro (..) rey de Galicia (citando a Ibn Jaldún) 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Ordoño III e Sancho II. Uns reis enfrontados por Galiza.
(Nós Diario, 28.09.2022)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Reino de Galiza

Segue a:
Ordoño III
Sancho I de León
(956 - 958)-(960 - 966)

Precede a:
Ramiro III
Dinastía dos Ordoñez (910-1037)
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy