Abdullah II de Xordania
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Abdullah II ibn al-Hussein (en lingua árabe عبدالله الثاني بن الحسين), nado en Amán o 30 de xaneiro de 1962, é o rei de Xordania dende o 7 de febreiro de 1999, dende a morte de seu pai, o rei Hussein I. Está casado con Rania Al-Yassin dende o 10 de xuño de 1993 e ten catro fillos: Hussein, Iman, Salma e Hashem.
Naceu en Ammán, fillo do rei Hussein I e a súa segunda esposa, a británica Antoinette Avril Gardiner (convertida ao islam como Princesa Muna al-Hussein (Desexo de Hussein)). Estudou no Colexio Educativo Islámico, na capital xordana, os seus estudos básicos, viaxando logo a Inglaterra para continualos na Escola Saint Edmund e de aí pasou á Escola Eaglebrook e á Academia Deerfield nos Estados Unidos para os seus estudos secundarios.
Pouco antes de morte do seu pai, este nomeouno príncipe sucesor, substituíndo nesta posición a El Hassan bin Talal, o irmán de Hussein que portara ese cargo desde 1965. Non foi a máis popular das súas decisións, pois a nai de Abdullah, Antoinette Avril Gardiner, comunmente coñecida como Toni Gardiner, era británica e moitas persoas en Xordania crían inadecuado que Abdullah fora o herdeiro do trono haxemí, o cal ten unha descendencia directa do profeta Mahoma (Abdalá pertence á 43ª xeración de descendentes directos de Mahoma).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Abdullah II de Xordania |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |