Xirona

municipio de Cataluña

Xirona[1][2][3] (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é un concello e cidade do nordeste de Cataluña, capital da comarca do Gironès e da provincia de Xirona. Tiña 102.666 habitantes segundo os datos de 2022.

Modelo:Xeografía políticaXirona
Girona (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°59′00″N 2°49′00″L / 41.9833, 2.8167
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Xirona
ComarcaGironès Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalGirona City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación104.320 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.668,03 hab./km²)
Número de fogares1.409 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie39,1 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ter, Río Onyar, Río Güell e Río Galligants Editar o valor en Wikidata
Altitude70 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1834 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
793Siege of Girona (en) Traducir
827Siege of Girona (en) Traducir
26 de xuño de 1285Siege of Girona (en) Traducir
5 de xuño de 1462siege of Força Vella (en) Traducir
12 de xullo de 1653Siege of Girona (en) Traducir
15 de xuño de 1694Siege of Girona (en) Traducir
decembro de 1710Siege of Girona (en) Traducir
abril de 1712Siege of Girona (en) Traducir
20 de xuño de 1808First Siege of Girona (en) Traducir
16 de agosto de 1808Second Siege of Gerona (en) Traducir
6 de maio de 1809Siege of Girona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónNarciso de Xirona e Fiz de Xirona Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLluc Salellas (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orzamento132.255.950 € (2022) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17000–17007 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico972 Editar o valor en Wikidata
Código INE17079 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT170792 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgirona.cat Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100064683940244 Twitter: Girona_cat Instagram: girona_cat LinkedIn: ajuntament-de-girona Youtube: UCFSMV8yaHwNlCsvDXDxDuQQ Flickr: girona_cat BNE: XX450791 Souncloud: girona_cat Editar o valor en Wikidata

A cidade de Xirona está sita na confluencia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 70 metros, na chaira do mesmo nome. A pouca distancia dos Pireneos e da costa do Mediterráneo, fica nunha posición estratéxica entre La Jonquera, porto de montaña e fronteira con Francia, e a cidade de Barcelona.

Esta situación privilexiada, xa de seu, vese potencializada coa existencia do seu aeroporto, perfectamente ligado ao resto do mundo como segundo aeroporto de Barcelona e importante base de operacións de Ryanair.

Malia ser unha cidade de tradición pausada e tranquila ten dous momentos de festa en que é visitada por persoas vindas de Cataluña toda. Estes son: as feiras de Sant Narcís, patrón da cidade; e Temps de flors, a terceira semana de maio.

Historia

editar
 
Casas típicas de Xirona, á beira do río Onyar.
Artigo principal: Historia de Xirona.

A historia da cidade remóntase aos asentamentos dos iberos da tribo dos indixetes nos poboados que rodean e pechan a Chaira de Xirona. Cara ao 77aC. Pompeio construíu un oppidum sobre a Vía Heráclea e os ocupantes romanos fundaron a orixinaria Xirona, denominada en latín Gerunda.

A nova cidade de Gerunda repoboouse cos habitantes do poboado do actual Sant Julià de Ramis converténdose nun importante centro da rexión, coa articulación dun ager romano que rodeaba a urbe. A pesar de que Gerunda se atopaba no interior, afastada da costa, dispuña dunha boa conexión co porto de Empúries.

A cidade tivo o seu primeiro período de esplendor como diocese da Igrexa unida á sé metropolitana de Tarragona, seguido da ruralización que se desencadeou por todo o antigo imperio romano por mor da ruína xeral e a perda de peso dos cidadáns.

A conquista musulmá deseguida afectou Xirona impondo o novo poder musulmán un tributo persoal e territorial, pero durou pouco pola súa proximidade co imperio carolinxio. O historiador catalán Ramón Abadal i Vinyals considérao como o inicio dun proceso que conduciu ao nacemento da Cataluña posterior, o cal vén demostrar a importancia que Xirona tivo ao longo do tempo.

A organización carolinxia do territorio converteu a cidade na sede do Condado de Xirona. Xirona, como sede condal, cumpriu folgadamente co seu papel e superou as etapas máis difíciles do perigo musulmán. As novas murallas reforzaron a praza forte e ampliaron a superficie da cidade. Nese momento dáse a época de máximo esplendor da comunidade xudía de Xirona coa escola cabalística. Actualmente, a xudaría de Xirona, é unha das mellor conservadas de Europa e é unha das atraccións turísticas de Xirona.

Durante os séculos XV, XVI e XVII a cidade continuou crecendo e fóronse realizando pequenas ampliacións e melloras das murallas para protexer a cidade dos diversos ataques aos que tivo que facer fronte ata finais do século XVII e principios do século XVIII por parte das tropas francesas no contexto das numerosas guerras europeas.

A principios do século XIX sufriu unha devastación debido aos combates e asedios que sufriu durante a Guerra de Independencia Española.

Cara ao 1889, o Estado maior do exército español suprimiu a categoría de praza forte que ostentaba Xirona e permitiuse a derruba dunha parte das murallas do sur da cidade, Xirona comezou a tomar a forma que ten hoxe en día. O 4 de febreiro de 1939 as tropas franquistas ocuparon a cidade. En 1960 Xirona é nomeada a primeira Ciutat pubilla da Sardana cunha mensaxe de Josep Mainar i Pons.

Xeografía

editar

A cidade de Xirona atópase na confluencia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 75 m, no chamado Pla de Girona.

Limita cos concellos de Sant Julià de Ramis e Sarrià de Ter ao norte, Celrà e Juià ao leste, Quart ao sueste, Fornells de la Selva e Vilablareix ao suroeste, e Salt e Sant Gregori ao oeste.

Demografía

editar
 
Vista panorámica da cidade de Xirona desde a torre da catedral.
Variación demográfica entre 1991 e 2008
1991 1996 2001 2004 2007 2008
68.656 70.576 74.879 83.531 92.186 94.484

Patrimonio artístico

editar
 
Casas colgadas sobre o Río Onyar.
 
Fachada principal da catedral.
 
Catedral vista desde a muralla da cidade.
 
Apodyterium (vestidor) dos baños árabes.
 
Praza da Independencia.
 
Ponte de Pedra ou de Isabel II.

Casco Antigo

editar

O Casco Antigo de Xirona, corazón da primixenia cidade romana de Gerunda, contén todo o patrimonio artístico máis relevante da cidade e está cercado por inmensos lenzos de muralla que se poden percorrer polo Passeig Arqueològic e o Passeig de la Muralla, cun belo miradoiro sobre a cidade.

As Casas do Onyar

editar

Moi características de Xirona son as casas colgadas sobre o río Onyar. Estas pintorescas casas construídas ao longo dos séculos á beira do río ofrecen unha imaxe espléndida dunha pequena cidade mediterránea. Todas as fachadas fluviais están pintadas seguindo a paleta cromática conferida por Enric Ansesa, Jaume Faixó e os arquitectos J. Fuses e J. Viader.

A Xudaría (El Call Xudeu )

editar

Dentro da encrucillada de ruelas medievais destaca a Xudaría, El Call, onde viviu ata finais do século XV unha reducida comunidade. Trátase dun dos núcleos medievais mellor conservados de Europa. Destaca no mesmo o Centro Bonastruc Ça Porta, a posible antiga sinagoga convertida hoxe en centro de estudos. Á beira norte do centro atópase o Montjuïc, ou monte dos Xudeus.

A Catedral de Xirona

editar
Artigo principal: Catedral de Xirona.

Na Praza da Catedral son importantes a Casa Pastors, edificio renacentista actual Palau de Justícia, e a Pia Almoina. Nesta praza está a Catedral ou Santa María, construída entre os séculos XI-XVIII que ofrece catro estilos arquitectónicos: románico, gótico, renacentista e barroco.

Alén doutras construcións civís como a Casa de l'Ardiaca e o Palacio Episcopal, o casco antigo ten representativas construcións relixiosas, como o mosteiro de Sant Pere de Galligants ou a Basílica de Sant Feliu.

Baños árabes

editar

O percorrido polo Barri Vell pode concluír no Paseo Arqueolóxico, coas torres Julia e Cornelia; e os baños árabes, ao final do paseo, caracterizados pola súa lanterna cupulada superior.

A Rambla da Liberdade

editar

Antiga espiña dorsal da Xirona medieval barroca e oitocentista, é o espazo público máis concorrido e emblemático de Xirona. Con todo, a existencia da rambla é moi recente xa que a súa configuración data do 1885 época na que o arquitecto municipal Martí Sureda i Deulovol unificou a praza das coles coa rúa do bebedoiro e os soportais dos esparteros que fixo derrubar. Todo o espazo converteuse, entón, nun paseo arboredo, de tileiros, e puxéronse uns bancos. Chamouse La Rambla de la Liberdat facendo honra á árbore da liberdade que se plantou en 1869, durante o sexenio democrático. Aínda que o espazo foi moi modificado por Sureda, conserva unha parte porticada medieval e algúns dos palacios da mesma época. Porén, a construción de inmobles oitocentistas transformou, en parte, o carácter medieval do espazo. Actualmente a Rambla é o punto de entrada ao Barrio Antigo para os turistas que chegan á cidade e un lugar de paseo para todos.

A Praza da Independencia

editar

A Praza da Independencia que fai referencia á Guerra da Independencia Española é unha das prazas máis coñecidas e frecuentadas de Xirona.[4] Sita no Barrio de Mercadal, no centro da cidade, a praza aséntase onde estivo o Convento de Santo Agostiño, polo que tamén se coñece como Plaça de Sant Agustí. O interese desta praza radica no seu aire oitocentista a pesar de que, a mesma, está arrodeada por edificios neoclásicos austeros e idénticos, cuns soportais escultóricos dedicados aos defensores da cidade de Xirona durante os asedios de 1808 e 1809. De todos os xeitos, a praza, de proporcións simétricas corresponde máis ben ás intervencións actuais que ao seu pasado arquitectónico. O arquitecto municipal Martí Sureda foi o primeiro que ideou unha praza pechada e porticada con voltas neoclásicas, cuns edificios que tivesen as mesmas proporcións estéticas. A urbanización da zona só seguiu, en parte, os seus esquemas e a construción das primeiras salas de cinema desta cidade, malogrou a idea de Martí Sureda. Ata os anos 80 do século XX non se puido completar o que imaxinara ese arquitecto.

As pontes sobre o río Onyar

editar

Un dos principais problemas, ao longo da historia, da cidade, constituíu a necesidade de unir as dúas partes da cidade que se achaban separadas polo río Onyar: á beira dereita (Barrio Vello) e á beira esquerda (barrio de Mercadal). Debido a iso, as pontes xogaron un papel primordial no desenvolvemento da cidade. Actualmente non queda ningunha das pontes medievais que cruzaban o río e a maioría das construcións son contemporáneas. Entre elas destacan catro: a Ponte de Pedra, a Ponte de Ferro, a Ponte de Gómez e o Viaduto do Ferrocarril. A Ponte de Pedra (Pont de Pedra ou de Isabel II) data de 1849 e substituíu a ponte medieval que unía os dous barrios da cidade. A Ponte de Ferro (Pont de Ferro ou Pont de les Peixateries Velles, ou Pont de Eiffel en honra a Gustave Eiffel (cuxa empresa construíu a ponte), data de 1876, e significou un grande avance en canto á unión e cohesión da cidade. A Ponte de Gómez (que leva o nome da persoa á que se lle expropiou a casa para construír a ponte) data de 1916 e rompe o estilo oitocentista das pontes anteriores, cunha estrutura de cemento moderna e austera. Para rematar, a cuarta ponte é o Viaduto do Ferrocarril, construído en 1876 que representou a chegada da modernidade e o progreso para unha Xirona que permanecía amurallada.

Transportes

editar

Transporte urbano

editar

A cidade de Xirona conta, na actualidade (antigamente existiu o tranvía), cun único medio de transporte público urbano colectivo: o autobús. O consorcio de transportes (n>) xestiona os autobuses de Transports Elèctrics Interurbans (TEISA) e de Transports Municipals de Girona (TMG), que actualmente ten 11 liñas urbanas que exceden os límites administrativos do municipio de Xirona, englobando os municipios veciños de Salt, Sarrià de Ter, Quart, Fornells de la Selva e Vilablareix, o que se considera a Área urbana de Xirona.

Por toda a rede viaria circulan unha serie de autobuses metropolitanos, rexionais e nacionais que conectan o resto das poboacións con Xirona. Así, hai liñas regulares que unen a Xirona con Sant Feliu de Guíxols, Santa Coloma de Farners, Olot e Lloret de Mar e con todas as pequenas e medianas poboacións que se atopan no percorrido. A estación de autobuses central de onde parten todas está xunto á estación de ferrocarril.

O municipio de Xirona non dispón de ningún acceso ou enclave marítimo e, xa que logo, non ten ningún porto no termo municipal. Pero Xirona, historicamente, dispuxo de dereitos sobre o porto de Sant Feliu de Guíxols, a 40 km da cidade. Na época medieval, Xirona conseguiu que se recoñecese a súa xurisdición sobre o porto, o que supuña o control de todos os impostos que se derivaban e a garantía do uso, con plenos dereitos, do pequeno porto do mar Mediterráneo. Na actualidade, Xirona, non ten ningún dereito sobre o porto de Sant Feliu de Guíxols que foi substituído, en canto a importancia, polo porto de Palamós, que é a principal infraestrutura portuaria da provincia de Xirona e que está situado, tamén, a uns 40 km da capital xerundense.

Aeroporto

editar

A infraestrutura aeroportuaria que serve á cidade de Xirona e ao resto da provincia, é o Aeroporto de Xirona-Costa Brava, situado en Vilobí d'Onyar, a 12 km da cidade. Desde a súa creación, en 1969 o aeroporto, que era unha infraestrutura de segunda orde, reservado unicamente para os voos domésticos e charters, pasou a ser unha infraestrutura de primeira orde para a chegada das compañías aéreas de baixo custo en 2003. Debido a isto, o Aeroporto de Xirona-Costa Brava, deixou de ser un aeroporto da provincia de Xirona, para converterse nun aeroporto de ámbito nacional e estatal. É a central para o sur de Europa dunha das maiores compañías aéreas de baixo custo, a irlandesa Ryanair.

Ferrocarril

editar
 
Estación de tren de Xirona.

Xirona dispón dunha estación de ferrocarril de Adif (antes Renfe), conectada á rede nacional de ferrocarrís cun ancho de vía de 1668 mm.

Existen tres tipos de trens que comunican á cidade:

As infraestruturas ferroviarias circulan por Xirona mediante un viaduto que atravesa a cidade de norte a sur. Actualmente, coa chegada do Tren de Alta Velocidade á cidade, redactouse un plan que proxecta soterrar o ferrocarril, desmantelar a estación de mercancías existente e construír unha nova estación de viaxeiros no mesmo sitio no que se acha a actual estación.

Estradas

editar
 
Rúas en Xirona.

Un gran número de infraestruturas viarias atravesan o municipio de Xirona, tendo en conta que é un lugar de paso obrigado cara á Costa Brava, cara ao interior, e cara á fronteira con Francia. Na rede de estradas estatais atópase a autoestrada de peaxe AP-7 (Autoestrada do Mediterráneo) que é a vía de gran capacidade que comunica o corredor mediterráneo coa fronteira francesa, e a A-2 (antiga N-II), antiga estrada nacional radial que lentamente se está convertendo nunha autovía. Esta estrada atravesa o municipio de Xirona pola paraxe natural e protexido do Vall de Sant Daniel. A construción desta estrada, atravesando unha zona de alto valor natural e paisaxístico xerou, cara aos anos 1990 e 1992, unha forte oposición popular contra o proxecto.

As estradas autonómicas que atravesan Xirona son: a C-65, a C-66, a N-141 e indirectamente, a C-25. A C-65 une a Xirona coa cidade costeira xerundense de Sant Feliu de Guíxols, a C-66 con Palafrugell e La Bisbal d'Empordà, Banyoles e Besalú onde conecta coa autovía do Estado A-26; a N-141, une a Xirona con Bescanó e Anglès, seguindo o curso do río Ter; para rematar, a C-25, o denominado eixo transversal, une a Xirona con Santa Coloma de Farners, Vic, Manresa e Cervera, onde enlaza coa A-2.

En último termo están as estradas provinciais, mantidas pola Deputación de Xirona e que conectan as pequenas poboacións coa capital.

Cultura e tradicións

editar

Festas

editar
  • " Feiras e Festas de San Narciso" (Fires i festes de Sant Narcís): As festas de Xirona celébranse na semana en que cae o 29 de outubro, día dedicado a San Narciso, patrón da cidade. As festas empezan o venres anterior ao 29 cuns pasacalles e a lectura do pregón desde o balcón do concello. O día de San Narciso, celébrase unha solemne misa maior dedicada ao santo, na igrexa de San Fiz de Xirona, onde se atopa a capela do santo cos supostos restos do mesmo. Paradoxalmente, a misa do actual patrón de Xirona celébrase na igrexa dedicada ao antigo patrón Sant Feliu. Finalizan o domingo seguinte ao 29 de outubro cuns fogos artificiais. En canto ao aspecto lúdico das festas, no Parc de la Devesa atópanse as "barraques" (bares de entidades locais feitos con barracóns) xunto cos concertos musicais, instálanse as atraccións de feiras e a Fira agrícola i comercial con estands para empresas locais. Ao longo do tempo, as festas de San Narciso convertéronse nunhas festas que atinxen a todos os municipios das comarcas baixas da Provincia de Xirona perdendo, con iso, o carácter máis urbano e tradicional, explotando a parte máis lúdica das mesmas.
  • "Xirona, Tempo de flores" (Girona, Temps de flors): Trátase dunha festa moi recente, cun carácter promocional, turístico e comercial moi importante, que se celebra a terceira semana de maio. Esta festa comezou a celebrarse en 1955, como unha simple exposición de flores na igrexa de San Doménech de Xirona, organizada pola Sección Feminina da FET e das JONS. Ao longo dos anos, a mostra foi evolucionando ata converterse nunha mostra de creacións florais na igrexa mencionada. Cara a mediados dos anos 90 do século XX, o concello, presidido por Joaquim Nadal i Farreras, decidiu converter esta mostra focalizada en San Doménech, nunha mostra que comprendese a toda a cidade. Organizouse, xa que logo, unha mostra floral repartida por toda a cidade. Os monumentos da cidade adornábanse e convenceuse aos propietarios dos patios particulares do Varrín Vell para que os abrisen ao público durante a mostra. Logo de sufrir unha gran transformación esa mostra converteuse na actual "Girona, temps de flors". Na actualidade, os creadores florais enchen a cidade de mostras florais clásicas ou experimentais. Unha gran cantidade de monumentos e espazos públicos destacados acollen as creacións florais. Así mesmo, os propietarios de patios e xardíns particulares do Barri Vell, continúan abríndoos e ensinándoos aos visitantes. Pese ao cambio comercial e turístico que sufriu a mostra, segue sendo un momento no cal a cidade abre as súas portas e se enche de flores.

Museos

editar
 
Museo Arqueolóxico.
  • Museo de Historia da Cidade: Situado no centro do Varrín Vell, no antigo convento dos capuchinos século XVIII, e posterior instituto provincial (1845-1968), o museo repasa toda a historia da cidade de Xirona, desde os primeiros poboadores prehistóricos, pasando polo esplendor medieval, ata chegar aos nosos días. As coleccións comprenden fondos arqueolóxicos, obxectos históricos, e ilustracións da época, con mapas e maquetas explicativas. Tamén se poden visitar o claustro e o cemiterio do antigo convento. No edificio atópase o Arquivo Histórico Municipal.
  • Museo de Arqueoloxía de Cataluña: A antiga igrexa e o antigo convento de Sant Pere de Galligants, acollen as coleccións da sección xerundense do Museo de Arqueoloxía de Cataluña, coñecido, anteriormente, como Museo Provincial de Antigüidades e Belas Artes. Utilizados como almacén das escavacións arqueolóxicas do Empordà desde 1846, o museo provincial instalouse en 1857. En 1992 levou a cabo o proxecto de modernización das instalacións xa como unha sección do Museo de Arqueoloxía de Cataluña. O museo contén todo o material arqueolóxico de tempos prehistóricos e da época antiga (ibérico, grego e romano), atopado na Provincia de Xirona que non foi enviado aos almacéns de Barcelona, como, por exemplo, a estatua de Escolapi d'Empúries. Pódense ver lápidas, mosaicos e materiais de uso cotián. O museo tamén cobre a época medieval, con conxuntos de epigrafía.
  • Museo de Arte: Fundado en 1976 o museo está situado no antigo palacio episcopal de Xirona, á beira da catedral. O museo contén coleccións de todos os períodos, desde o románico ata a época contemporánea, con obras de Ramon Martí i Alsina ou de Joaquim Vayreda. As pezas expostas van desde a arte sacra ás artes decorativas. As principais coleccións son as medievais, entre as que destaca o ara do empordanés mosteiro de Sant Pere de Rodes.
  • Museo Capitular-Tesouro da Catedral: Museo dedicado ás reliquias e obxectos de valor acumulados polo Capítulo da Catedral de Xirona. Pódense contemplar coleccións dedicadas á arte sacra, obxectos litúrxicos e obras de ourivaría. Entre as súas pezas destacan o Beato de Liébana, feito en Zaragoza en 975 e o Tapiz da Creación do século XI ou XII.
  • Museo do Cinema: Inaugurado en 1998, é un museo único nesta categoría. Creado a partir da doazón dos fondos particulares do director de cinema catalán Tomás Mallol, contén unha gran variedade de material cinematográfico, como máquinas de proxección, bobinas, material orixinal de filmes e un fondo notable de carteis.
  • Museo da Historia dos Xudeus: Museo dedicado á historia da comunidade xudía xerundense da época medieval, do século XI ao pogromo de 1391, ata a súa expulsión en 1492. Contén obxectos da cultura xudía e un rico fondo de lápidas procedentes do cemiterio xudeu de Xirona en Montjuïc.

Teatro

editar
  • Teatro municipal de Xirona: O primeiro teatro da cidade de Xirona aparece documentado en 1769, cando o concello de Xirona decidiu utilizar o Pallol como teatro de comedias. Tratábase dun local de reducidas dimensións para a utilización que se lle quería dar, alén de ser facilmente inflamable e perigoso. Nunhas instalacións tan inadecuadas o concello emprendeu a reforma integral do teatro. Derrubou o Pallol e empezou a edificar entre 1857 e 1860 un moderno teatro con deseño do arquitecto municipal Martí Sureda. O novo teatro, con forma de ferradura e cunha gran caixa escénica, seguía os patróns dos teatros isabelinos que nese momento apareceron por toda España. Ata 1900 a Zarzuela e a Ópera italiana dominaron a escena teatral, o mesmo que nos demais teatros españois. A partir de 1900 este monopolio truncouse e programáronse óperas wagnerianas de pouco ou ningún éxito. O crecemento das compañías catalás, a consolidación da zarzuela e o auxe do teatro de Angel Guimerá, Serafí Pitarra, Echegaray, e Jacinto Benavente, marcaron o período ata 1936, ano no que o teatro deixou de ser privado e se socializou por parte da CNT. A programación cambiou radicalmente e representábanse obras de carácter pedagóxico: socialista, anarquista e obras que enaltecían a revolución. Despois o teatro pasou a mans do concello (que puña en poxa a súa xestión), e recuperou a antiga programación. Durante a época comprendida entre 1955 e 1975 a actividade teatral foi moi baixa e de moi pouca calidade, dado que o concello, ao asumir a xestión directa, prefería ter pechada a sala. Por mor diso, os grupos intelectuais da época, próximos ao semanario Présencia denomináronlle os anos grises. Este grupo emprendeu unha renovación teatral da man de Joan Ribas e o grupo Proscènium. A partir de 1975 o teatro recuperou a actividade perdida cambiando substancialmente a liña que se seguía tradicionalmente. As zarzuelas, óperas e operetas perderon o seu espazo e a sala e o teatro (predominantemente en catalán) clásico e moderno ocuparon toda a programación. Actualmente o teatro atópase en pleno proceso de renovación desde 1999 e espérase abrir de novo as súas portas para a tempada alta de teatro do 2006 ó do 2007.
  • Salga A Planeta: A sala de teatro independente A Planeta, foi creada en 1987 polo director da compañía xerundense de teatro Proscènium, Joan Ribas. É a segunda sala de teatro da cidade e acolle espectáculos de pequeno formato e independentes, que non se inclúen nos grandes circuítos teatrais.

Universidade de Xirona

editar

A actual Universidade de Xirona é a institución educativa de máximo nivel da cidade. Creada en 1992 a partir do Estudo Xeral de Xirona, unha sección dependente da Universidade Autónoma de Barcelona significou a recuperación dos estudos universitarios en Xirona desde o 1717, ano no que se clausurou a institución universitaria de Xirona por orde de Filipe V. As instalacións da actual universidade atópanse divididas en tres campus: o do Varrín Vell, o do centro da cidade (Campus Centre), e o de Montilivi.

Deportes

editar

O equipo de fútbol de Xirona é, por excelencia, o Girona Futbol Club, que conseguiu en 2017 por primeira vez na súa historia o ascenso a Primeira División e que xoga os seus partidos no Estadi de Montilivi. Outros equipos importantes da cidade son: Penya Doble Set de Girona (o equipo máis antigo da cidade), Sabat F.C., La Salle Girona, entre outros.

O equipo de baloncesto de Xirona o Club Bàsquet Girona (CB Girona SAD). Disputa os seus partidos no Pavelló Xirona-Fontajau. A base do Club de Baloncesto Xirona confórmana o Sant Josep Xirona na categoría infantil (menos de 14 anos) e, a partir dos 14 anos en diante, uniuna Gironina. Outros clubs representativos son: La Salle Xirona Vedruna Xirona "C.B.Fontajau".

Hai, tamén, un equipo de hóckey, o Club Hoquei Girona. Os equipos de balonmán máis importantes son: Handbol Girona (UDG) e o Club Esportiu Maristes. Como equipo de tenis figura o Club de Tennis Girona. O voleibol ten, como club máis importante o Club Voleibol AVAP

Para rematar, o GEiEG (Grup Excursionista i Esportiu Gironí) ten representación en case todas as disciplinas deportivas, destacando, sobre todo no rugby, atletismo, balonmán e en baloncesto feminino.

Cidades irmandadas

editar

No seo do programa de relacións exteriores do Concello de Xirona, a cidade fica irmandada con diversas cidades do mundo.[5] En negociacións avanzadas atópanse Nueva Gerona[6] (Cuba) e Nashville, TN (Estados Unidos de América). A continuación ofrécese unha lista das cidades irmás de Xirona.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerundense.
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524. 
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419. 
  4. Plaça de la Independència. Turisme. Ajuntament de Girona
  5. "Vinculacions d'agermanament de l'Ajuntament". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2017. 
  6. "Agermanaments solidaris de l'Ajuntament". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2010. Consultado o 05 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy