Granollers
Granollers é un municipio e cidade española, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital e localidade máis poboada da comarca do Vallès Oriental.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Oriental | ||||
Capital de | |||||
Capital | Granollers (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 63.092 (2023) (4.234,36 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 236 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 14,9 km² | ||||
Bañado por | Riu Congost (pt) | ||||
Altitude | 145 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Estevo Mártir e Plácido de Subiaco (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Alba Barnusell (pt) (2023–) | ||||
Orzamento | 93.474.081,36 € (2022) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08400–08403 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08096 | ||||
Código territorial IDESCAT | 080961 | ||||
Páxina web | granollers.cat |
Granollers vive do comercio e das industrias, pero na parte sur do termo, a paraxe de Palou aínda conserva zonas agrícolas.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
7.419 | 12.699 | 15.480 | 30.066 | 45.300 | 52.423 | 59.691 |
Lugares de interese
editarA Porxada, edificio renacentista que servía de lonxa de gran, é o edificio máis emblemático de Granollers. Terminouse de construír entre os anos 1586 e 1587 a partir dun proxecto que encargara o Consello da Vila ao mestre Bartomeu Brufalt. O edificio ten unhas dimensións de 24 metros de longo por 15,65 de ancho e está formado por 15 columnas de orde toscano que soportan un tellado de catro vertentes. foi restaurado en varias ocasións.
Na rúa do Corró atopamos o antigo hospital de San Domingo, agora sala Francesc Tarafa, un exemplo de arquitectura gótica restaurada.
Destacan tamén a igrexa de Sant Esteve e a casa do concello.
Festividades
editarA Festa Maior de Granollers empeza o último xoves do mes de agosto e celébrase ao longo dunha semana. Baséase na recuperación dunha antiga aposta feita na cidade no ano 1897, onde dous artesáns do ladrillo, os señores Rayo e o herdeiro de Maynou dividiron a cidade competindo para ver quen era capaz de facer máis ladrillos nunha hora. Esta anécdota converteuse, anos despois na Festa Maior Branca e Azul, onde os protagonistas son os cidadáns divididos en dous grupos: os blancs (brancos) e os blaus (azuis). Estas agrupacións organizan actividades e competicións para animar a festa de Granollers e despedir o verán. Actualmente, na festa maior de Granollers fanse varias probas de todo tipo: gastronómicas, competitivas e anecdóticas para que todos, grandes e pequenos, gocen dunha semana chea de aventuras.
Galería de imaxes
editar-
Maqueta do concello en Catalunya en Miniatura
-
Os xigantes de Granollers
-
Concello
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Granollers |