Iconografía
A iconografía (palabra composta de icono e grafe -descrición-) é a descrición das temáticas das imaxes e tamén o tratado ou colección destas.
Os trazos da súa diferenza conceptual coa iconoloxía son ás veces pouco precisos.
Definición e historia
editarA iconografía é a ciencia que estuda a orixe e formación das imaxes, a súa relación co alegórico e o simbólico, así como a súa identificación por medio dos atributos que case sempre lles acompañan. Esta ciencia ten a súa orixe no século XIX e foi desenvolvida ao longo do XX. O grande estudo da iconografía e o seu desenvolvemento deuse especialmente no Instituto Warburg de Londres, baixo a dirección do historiador e crítico de arte Erwin Panofsky. A partir de entón viron a luz numerosas obras de estudo sobre o tema, enciclopedias e dicionarios.
Os tres grandes eidos da iconografía son a mitoloxía clásica, a mitoloxía cristiá e a temática sobre as representacións civís.
O Concilio de Trento
editarNa sesión número vinte e cinco do Concilio de Trento, celebrado no século XVI, estruturouse un Decreto sobre as imaxes, no que se sinalaban as características que debían seguir estas e as funcións a cumprir. Distinguía dous tipos de imaxes:
- Dogmáticas: as que defendían os dogmas da Igrexa Católica fronte aos protestantes, como Cristo, a Virxe, algúns santos (Pedro e Paulo), Apóstolos e Evanxelistas, Pais da Igrexa e Virtudes teologais e cardinais.
- Devocionais: aquelas que aludían ao resto dos santos, os que eran máis venerados por tradición ou os extraídos do santoral hispano-visigodo ou mozárabe. Tamén dentro deste grupo atopábanse os chamados santos das necesidades ou taumaturgos que combatían as pestes e as catástrofes, como san Roque, san Sebastián, san Antón e de san Miguel Arcanxo.
Ademais destas imaxes tradicionais, engadíronse as introducidas polas ordes relixiosas, os seus santos propios e novas advocacións da Virxe. Os dominicos achegaron a Virxe do Rosario, os franciscanos, as ánimas e a Virxe das Dores, e os carmelitas a Virxe do Carme.
Despois do Concilio de Trento a devoción mariana invade a iconografía con nomes-topónimo que xorden do lugar das aparicións en toda a xeografía do catolicismo. Existe tamén unha gran difusión do culto do personaxe bíblico de María Magdalena que se fai no norte de España, patroa dos peregrinos (e dos apestados) xunto con Santiago o Maior. Con todo, a imaxe da Virxe do Leite ou Galaktotrofusa ou de Belén está totalmente prohibida durante esta época e as xa existentes teñen que retiralas do culto.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Iconografía |
Bibliografía
editar- CAMPUZANO RUIZ, Enrique. Cantabria. Pas y Miera. Trasmiera. Patrimonio Artístico Religioso, 2002. ISBN 84-931754-5-5
- FATÁS, Guillermo e BORRÁS, Gonzalo M. Diccionario de términos de arte y arqueología. Guara Editorial, Zaragoza, 1980. ISBN 84-85303-29-6
- KEEL, OTHMAR. La iconografía del Antiguo Oriente y el Antiguo Testamento. Editorial Trotta, Madrid, 2007. ISBN 978-84-8164-785-3
- LAJO, Rosina. Léxico de arte. Editorial Akal, Madrid, 1990. ISBN 84-7600-493-1
- Santiago Sebastián. Mensaje simbólico del arte medieval : arquitectura, iconografía, liturgia. Encuentro Ediciones, S.A. 1996 ISBN 84-7490-346-7
- Santiago Sebastián. Iconografía del indio americano : siglos XVI-XVII. Ediciones Tuero, S.A. 1992 ISBN 84-86474-15-9
- Santiago Sebastián. Iconografía medieval. Eusko Kultur Eragintza Etor, S.A. 1988 ISBN 84-85527-35-6
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Entrada Iconografía nodiccionario de 'The History of Ideas'
- O Simbolismo e a Historia da Iconografía en www.monasteryicons.com
- Iconografía: Imaxes de Xesús Posiblemente Derivada do Shroud de Turín Arquivado 04 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- Portal dos Sacro Montes, Calvarios e Conxuntos devocionais europeos
- Enciclopedia Católica (Catholic Encyclopedia) Arquivado 21 de xuño de 2008 en Wayback Machine.
- Taller de iconografía MHEGA, Historia do icona, técnicas, cursos, blibliografia...