Arcanxo Miguel
O arcanxo Miguel (en hebreo: מיכאל Migha-El, "Quen coma Deus?" en árabe: ميخائيل Mījā'īl; en grego: Μιχαήλ Mikhaíl; en latín: Michael), tamén coñecido por San Miguel, é o Xefe dos Exércitos de Deus nas relixións xudía, islámica e cristiá (Igrexas católica, ortodoxa, copta e Anglicana).
Para os hebreos é o protector de Israel e patrón da sinagoga. A Igrexa Católica considérao como patrón e protector da Igrexa Universal; e o primeiro dos sete arcanxos, xunto con Gabriel e Rafael. Supostamente tocará a trompeta o día do arrebatamento (1° Tesalonicenses 4, 16), e é o encargado de frustrar a Lucifer ou Satanás, inimigo principal de Miguel por ser o arcanxo dos anxos caídos ou do mal (Apocalipse 12:7). Por iso, na arte represéntase coma un anxo con armadura de xeneral romano, ameazando cunha lanza ou espada a un demo ou dragón. Tamén adoita ser representado pesando as almas na balanza, pois segundo a tradición, el tomaría parte no Xuízo Final, imaxe inspirada no Xuízo de Anubis do Antigo Exipto e recibe o nome de psicostasia.[1]
Notas
editar- ↑ O temible xuízo da balanza Arquivado 27 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Miguel (nome de varón)
- Arcanxo Gabriel
- Arcanxo Uriel
- Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arcanxo Miguel |