Content-Length: 235107 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Rivaldo

Rivaldo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rivaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRivaldo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rivaldo Vítor Borba Ferreira Editar o valor en Wikidata
19 de abril de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Recife, Brasil Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil
España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana e portugués do Brasil Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e dianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1989-1990 Paulista Futebol Clube (pt) Traducir 48(7)
1991-1992 Santa Cruz Futebol Clube (pt) Traducir 14(6)
1992-1993 Mogi Mirim Esporte Clube
1993-1994cesión Sport Club Corinthians Paulista 19(11)
1994-1996 Sociedade Esportiva Palmeiras 45(21)
1996-1997 Deportivo da Coruña 41(21)
1997-2002 Futbol Club Barcelona 157(86)
2002-2003 A.C. Milan 22(5)
2004-2004 Cruzeiro Esporte Clube 0(0)
2004-2007 Olympiakos Sindesmós Filathlon Piraiévs 70(36)
2007-2008 A.E.K. (en) Traducir 29(8)
2007-2008 AEK Atenas FC 29(8)
2008-2010 Football Club Bunyodkor (pt) Traducir 53(33)
2010-2011 Mogi Mirim Esporte Clube
2011-2011cesión São Paulo Futebol Clube 30(5)
2012-2012 Kabuscorp Sport Clube do Palanca (pt) Traducir 21(11)
2013-2013 Associação Desportiva São Caetano (pt) Traducir 7(0)
2014-2014 Mogi Mirim Esporte Clube 3(0)
2015-2015 Mogi Mirim Esporte Clube 4(1) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1991-1993   Brasil sub-20 13(2)
1993-2003   Brasil 74(35)
1994-1995   Seleção Brasileira de Futebol Sub-23 (pt) Traducir 8(1) Editar o valor en Wikidata
Participou en
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRivaldo Júnior (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: rivaldoferreira10 Twitter: RIVALDOOFICIAL Instagram: rivaldo BNE: XX1288566 FIFA: 170691 UEFA: 41022 Editar o valor en Wikidata

Rivaldo Vitor Borba Ferreira, máis coñecido por Rivaldo, nado en Recife o 19 de abril de 1972, é un exfutbolista brasileiro que xogaba de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rivaldo asinou o seu primeiro contrato profesional co Paulistano aos dezaseis anos en 1989, despois de impresionar ós busca promesas locais nun torneo de xuvenís. Tras pasar polo Santa Cruz, en 1991 marchou cara ao Mogi Mirim da primeira división brasileira. Asinou co Corinthians en 1993 e ó pouco tempo fixo a súa estrea no combinado nacional nun encontro contra México, no que o Brasil gañou por 1-0, cun gol seu.

En 1994 marchou cara ao Palmeiras e gañou o Campionato Brasileiro ese mesmo ano. Tamén conseguiron a vitoria no Campionato Paulista de 1996. Participou nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, onde o Brasil gañou a medalla de bronce. Ese mesmo ano fichou polo Deportivo da Coruña, onde ficou só unha tempada, xa que no verán de 1997 o Barcelona pagou a súa cláusula de rescisión e levouno para Cataluña.

No Mundial de 1998 xogou co Brasil tódolos encontros do torneo, anotando 3 goles. O Brasil quedou subcampión, ó perder con Francia na final por 3-0.

En 1999 foi elixido Xogador do ano segundo a FIFA, gañou o Balón de Ouro e amais diso, a revista World Soccer entregoulle o galardón ao mellor xogador do ano. Este ano tamén gañou a súa segunda liga co FC Barcelona.

No Mundial 2002 Rivaldo foi unha das grandas estrelas da verdeamarela, que conseguiu o seu quinto título mundial. Nos oitavos de final contra Bélxica anotou o gol do triunfo brasileiro nos intres finais, cando xa semellaba que habería que xogar unha prórroga. Nos cuartos tamén veu porta, anotando o gol do empate contra a Inglaterra. E finalmente, na final contra a Alemaña, aínda que non marcou foi decisivo nas dúas xogadas que remataron en gol. Un forte disparo seu que o porteiro xermano Oliver Kahn non puido atallar serviulle a Ronaldo para marcar o 1-0. No segundo gol deixou pasar un balón lanzado por Kléberson dende a dereita, deixando sen marca a Ronaldo que puxo o definitivo 2-0 no marcador.

Unha vez rematado o mundial o FC Barcelona deixouno marchar coa carta de liberdade, aducindo que non lle podían seguir pagando o seu salario, e Rivaldo fichou polo AC Milan por tres anos. As cousas non lle foron moi ben no club italiano e logo dunha tempada con poucas aparicións no once milanista abandonou o club para probar sorte na liga grega da man do Olympiakos FC.

Tras tres tempadas triunfando co Olympiakos FC, onde conseguiu outros tantos campionatos de Liga e dúas Copas de Grecia, foi contratado polo AEK Atenas FC, despois das súas recentes discrepancias cos diretivos do seu antigo club. No ano 2008 sorprendeu ao ser contratado polo club uzbeko PFC Bunyodkor.[1]

Anotou 35 goles en 74 partidos coa selección brasileira.

Rivaldo figura na lista da FIFA 100, na que se inclúen ós 125 mellores xogadores vivos segundo a opinión de Pelé.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Rivaldo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy