Saltar ao contido

teito

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «teito».
  • Pronuncia: [ˈtejto̝] (AFI)

Substantivo masculino

teito (sg: teito; pl: teitos)

  1. Superficie que forma a parte superior dunha construción.
    • Exemplo: A casa tiña un teito de palla e fenestras desde onde as crías dos xílgaros podían ollar a paisaxe, e aprender os primeiros rechouchíos.

      [1]
  2. Parte superior e interior dun cuarto ou espazo cuberto.
    • Exemplo: Uliu as sabas e rexistrou cada recuncho das paredes e do teito á procura de arañeiras.

      [2]
  3. (Figurado) Casa, vivenda.
    • Exemplo: Mentres vivas debaixo do meu teito, non volverás andar en bicicleta.

      [3]
  4. (Figurado) Límite máximo.
    • Exemplo: A moeda única pode tocar fondo ó chegar ós 0,8410 dólares e os analistas sitúan o seu teito nos 0,8520 dólares.

      [4]

Traducións

Notas

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy