Saltar ao contido

elemento

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ɛ.le.ˈmeŋ.to̝/ (AFI)

Substantivo masculino

elemento
(sg: elemento; pl: elementos)

  1. Cada un dos compoñentes dun todo.
    • Exemplo: Unha vez reunidos todos os elementos necesarios, xa podemos facer a tortilla.

  2. Entidade química común ás diversas variedades dun corpo simple, así como ás combinacións dese corpo simple con outros corpos.
    • Exemplo: Os elementos están formados por átomos da mesma clase.

    • Sinónimos: elemento químico.
  3. Cada un dos compoñentes fundamentais da Terra.
    • Exemplo: O líquido elemento.

  4. Compoñente dunha agrupación humana.
    • Exemplo: O comando estaba formado tan só por tres elementos.

  5. Individuo, valorado positiva ou negativamente.
    • Exemplo: É un dos mellores elementos do equipo directivo.

    • Exemplo: Vaia elemento!

  6. Cada un dos constituíntes físicos que, sumados, constitúen o esencial do clima, como as precipitacións, a humidade e a temperatura do aire, a presión atmosférica e o vento.
    • Exemplo: A forza dos elementos.

  7. Cada unha das partes ou pezas que compoñen unha máquina ou un dispositivo.
    • Exemplo: O rotor é o elemento móbil dun xerador eléctrico.

Termos relacionados

átomo, clasificación periódica dos elementos, elemento abiótico, elemento accesorio, elemento alcalino, elemento alcalinotérreo, elemento anatómico, elemento biótico, elemento calcófilo, elemento criboso, elemento de cristalografía, elemento de transición, elemento esencial, elemento mineral, elemento morboso, elemento nativo, elemento químico, elemento radioactivo, elemento tafonómico, elemento traza, elemento vascular, elementos, elementos principais, os catro elementos

Traducións

Castelán

Substantivo masculino

elemento (sg: elemento; pl: elementos)

  1. Elemento.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy