Saltar ao contido

William Wyler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam Wyler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1902 Editar o valor en Wikidata
Mulhouse, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1981 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, director de cinema, actor, actor de cinema, produtor de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1925 Editar o valor en Wikidata - 1970 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMargaret Tallichet (1938–1981)
Margaret Sullavan (1934–1936) Editar o valor en Wikidata
FillosCatherine Wyler
 () Margaret Tallichet Editar o valor en Wikidata
IrmánsRobert Wyler Editar o valor en Wikidata
ParentesCarl Laemmle, curmán entregue
Cathy O'Donnell, cuñada Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Уайлер Уильям) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0943758 Allocine: 768 Rottentomatoes: celebrity/william_wyler Allmovie: p117452 TV.com: people/william-wyler
BNE: XX1064055 Discogs: 2507226 WikiTree: Wyler-65 Find a Grave: 5005 Editar o valor en Wikidata

William Wyler, nado en Mulhouse (Alsacia) o 1 de xullo de 1902 e finado nos Ánxeles o 27 de xuño de 1981 foi un director de cine, produtor e guionista estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de suízo e alemá, naceu en Alsacia, entón pertencente a Alemaña. Despois de ser expulsado de varias escolas por mal comportamento, a súa nai falou co seu curmán Carl Laemmle, fundador de Universal Pictures, para que lle buscara traballo no cine. En 1923 Wyler chegou aos Estados Unidos baixo nacionalidade suíza.

Comezou a traballar como axudante de dirección, pero xa en 1925 converteuse no director máis novo da Universal. Tres anos despois conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Tras abandonar a Universal comezou unha longa colaboración con Samuel Goldwyn, co que dirixiría moitos dos seus clásicos. Durante a segunda guerra mundial tamén realizou documentais.

Ás películas de Wyler foron moi recoñecidas nos Óscar. É o director máis nomeado da historia, con doce candidaturas ao mellor director, gañando tres veces, por Mrs. Miniver, Os mellores anos da nosa vida e Ben-Hur. Esta última ademais gañou once Óscars, o que non foi igualado ata case corenta anos despois por Titanic (e máis adiante por The Lord of the Rings: The Return of the King).

Ao longo da súa carreira trece das súas películas foron nomeadas ao Óscar ó mellor filme, máis que ningún outro director. E tamén ten o récord de ter máis actores que gañaran o Óscar baixo a súa dirección: trece (Walter Brennan en dúas ocasións, Bette Davis, Fay Bainter, Greer Garson, Teresa Wright, Fredric March, Harold Russell, Olivia de Havilland, Audrey Hepburn, Burl Ives, Charlton Heston, Hugh Griffith e Barbra Streisand).

Ademais, Wyler gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes con Friendly Persuasion.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy