Wikipedia:Wikiproxecto Física e Química
Aparencia
Wikiproxecto Física e Química | |
---|---|
Inicio: 7 de novembro de 2017 | |
Obxectivo: Crear, mellorar, manter, actualizar e ampliar tódolos artigos relativos á química e á física. | |
Participantes: | |
--Petillés
|
- Para estar ao día das actualizacións deste Wikiproxecto, clica aquí para vixiar a páxina. Tamén podes considerar facer o propio coas subpáxinas do Proxecto.
O Wikiproxecto Física e Química ten como obxectivos a creación, mantemento e mellora dos artigos sobre química e física da Galipedia. Apréciase a axuda de calquera usuario, con independencia do seu grao de coñecementos sobre a materia e nivel de estudos (apoiamos que se edite con afouteza e non trabamos a ninguén).
Historia
[editar a fonte]Este Wikiproxecto nace de maneira simbólica o 7 de novembro de 2017, co gallo do sesquicentenario de Marie Skłodowska Curie. A súa liña de acción é paralela á do proxecto irmán preexistente de matemáticas e tamén á do de bioloxía, xeoloxía e medicina, creado con posterioridade.
Participación
[editar a fonte]- Recoméndase activamente a inscrición para unha mellor coordinación e para dar máis visibilidade ao proxecto.
- A inscrición non trae consigo ningunha obriga: só expresa a vontade do usuario de colaborar, coa intensidade que cada quen estime oportuna; así como o seu interese na mellora dos contidos de química e física da Galipedia.
- Está a disposición dos usuarios a userbox do proxecto: Modelo:Usuario Wikiproxecto Física e Química, incluído na listaxe de caixas de usuario.
Artigos por crear
[editar a fonte]- Listaxe de artigos solicitados: Artigos por crear.
Artigos por revisar
[editar a fonte]- As categorías Química en progreso e Física en progreso son dúas importantes fontes de tarefas pendentes.
- Para etiquetar novos artigos, abonda con escribir {{Química en progreso}} ou {{Física en progreso}}.
- Artigos que teñen graves problemas, con independencia da súa lonxitude: Artigos por revisar.
- Listaxe de artigos destacables: Artigos destacables.
Categorización
[editar a fonte]- As categorías principais Química e Física son contedores, polo que idealmente non deberían incluír artigos «soltos».
- As navboxes relativas á química e á física agrúpanse nas categorías: Categoría:Caixas de navegación de química e Categoría:Caixas de navegación de física, sendo esta última notablemente máis completa.
Tarefas interwiki
[editar a fonte]- ...