Unión Demócrata Cristiá de Alemaña
Unión Democrática Cristiá de Alemaña | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 26 de xuño de 1945 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia cristiá[1][2][3] Liberalismo económico Ordoliberalismo Conservadorismo liberal Europeísmo |
Posición política | Centro político, centro dereita[4][5] |
Outros datos | |
Sede | Klingelhöferstraße 8 10785 Berlín, Alemaña |
Na rede | |
www.cdu.de | |
A Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU - Christlich Demokratische Union Deutschlands) é un partido político de centro-dereita de Alemaña que se fundou en 1945, é membro da Unión Demócrata Internacional. A CDU non opera en Baviera, aínda que mantén acordos de colaboración coa Unión Social Cristiá en Baviera e no Bundestag os dous partidos forman un único grupo. Dende a formación da República Federal Alemá, a CDU formou parte da maioría dos executivos federais e chanceleres como Konrad Adenauer, Helmut Kohl ou Angela Merkel foron militantes democristiáns.
En 2020, a CDU sumaba 399 110 afiliados.[6] Ademais, nas eleccións federais de 2021 logrou 152 deputados no Bundestag (sobre 736),[7] e, en xaneiro de 2022, integra en solitario ou en coalición 9 dos 16 gobernos dos estados federados (Länder).
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]A CDU fundáronna despois da Segunda guerra mundial militantes e dirixentes do antigo partido católico, Zentrum, pero tamén participaron na súa fundación políticos protestantes procedentes doutros partidos ou sen afiliación anterior. O seu primeiro líder foi Konrad Adenauer, o primeiro chanceler da República Federal de Alemaña, que tivo ao CDU como o principal partido ata que a partir de 1966 entrou en crise, aínda que se mantivo no poder ata 1969 grazas a unha coalición co Partido Socialdemócrata de Alemaña cun chanceler da CDU.
CDU da RDA
[editar | editar a fonte]Na Alemaña do Leste (RDA) o partido coas mesmas siglas (en alemán: Christlich-Demokratische Union Deutschlands; CDU) foi fundado o 26 de xuño de 1945. Formou parte da Fronte Nacional de partidos xunto ao Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED) até 1989. Nos anos 1980 chegou a ter entre as súas filas máis de 140.000 militantes.[8] Despois da caída do muro de Berlín, nas eleccións do 18 de marzo de 1990 acudiu xunto ao CDU occidental e tras a Reunificación alemá en outubro dese ano, ambos os partidos acabaron uníndose.
Década dos 80 e reunificación
[editar | editar a fonte]En 1982 a CDU volveu ao poder ao pactar coa FDP. En 1983 baixo o liderado de Helmut Kohl gañou as eleccións e converteuse no novo chanceler da RFA. Kohl foi o gran valedor da reunificación das dúas alemañas tras a caída do Muro en 1989, que se produciu finalmente o 3 de outubro de 1990. A CDU gañou as eleccións da nova Alemaña unificada pero perdeu moito da súa popularidade pola recesión económica na antiga RDA e o aumento dos impostos no oeste, aínda así gañou tamén as eleccións de 1994.
Helmut Kohl foi o líder do partido ata a desfeita electoral de 1998, sucedeuno Wolfgang Schäuble, quen como consecuencia dun escándalo sobre o financiamento do partido dimitiu no ano 2000. O goberno francés liderado por François Mitterrand estaba interesado en que a empresa petroleira francesa Elf Aquitaine quedase coa refinaría de Leuna, da empresa pública Minol situada na Alemaña do Leste. Estas operacións foron escondidas e só se descrubiron no 1999, co triunfo da oposición.[9] Schäube foi substituído por Angela Merkel. A CDU da RFA promovera durante décadas unha visión conservadora da familia e da sociedade -coas mulleres apartadas da política- antes de levar a unha muller á chancelería en 2005.[10]
Líderes
[editar | editar a fonte]- Konrad Adenauer (1950-1966)
- Ludwig Erhard (1966-1967)
- Kurt Georg Kiesinger (1967-1971)
- Rainer Barzel (1971-1973)
- Helmut Kohl (1973-1998)
- Wolfgang Schäuble (1998-2000)
- Angela Merkel (2000-2018)
- Annegret Kramp-Karrenbauer (2018-2021)
- Armin Laschet (2021-2022)
- Friedrich Merz (2022-presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Partidos e eleccións en Europa
- ↑ Legitimacy and the European Union.
- ↑ Ari-Veikko, Anttiroiko; Matti, Malkia (2006-07-31). Encyclopedia of Digital Government (en inglés). Idea Group Inc (IGI). ISBN 978-1-59140-790-4.
- ↑ Krieger, Joel; Allen, Christopher S.; Hellman, Stephen (2008). European Politics in Transition (en inglés). Houghton Mifflin Company. ISBN 978-0-618-87078-3.
- ↑ Sarah Elise Wiliarty (16 de agosto de 2010). A CDU e a política de xénero en Alemaña: traendo mulleres ao partido. Cambridge University Press. p. 221. ISBN 978-0-521-76582-4. Consultado o 17 de agosto de 2012.
- ↑ "Parteimitglieder: Grüne legen zu, AfD und SPD verlieren". www.rnd.de (en alemán). Consultado o 2022-01-23.
- ↑ "Wahl zum 20. Deutschen Bundestag am 26. September 2021". www.election.de. Consultado o 2022-01-23.
- ↑ Dirk Jurich (2006); Staatssozialismus und gesellschaftliche Differenzierung: eine empirische Studie, LIT Verlag Münster, páx. 31
- ↑ Gerd Langguth, "The scandal that helped Merkel become chancellor", Spiegel Online International, 8 de xullo de 2009
- ↑ diplomatique, Le Monde. "Which way for Germany’s CDU after Angela Merkel?". Democracia Participativa / Participatory Democracy (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2022. Consultado o 2022-08-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Unión Demócrata Cristiá de Alemaña |