Saltar ao contido

Trofeo Teresa Herrera 1955

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTrofeo Teresa Herrera 1955
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor en Wikidata
Parte deTrofeo Teresa Herrera Editar o valor en Wikidata
Número de participantes2 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Localizaciónestadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737Coordenadas: 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición10  (1955) Editar o valor en Wikidata
Competición
ÁrbitroManuel Asensi Martín Editar o valor en Wikidata
Primeiro postoDeportivo da Coruña Editar o valor en Wikidata

1954 Editar o valor en Wikidata
1956 Editar o valor en Wikidata


O Trofeo Teresa Herrera de 1955 foi a décima edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 1 de setembro de 1955 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que derrotou por 2-1 ao Athletic Club.[1]

O torneo ía disputarse inicialmente en agosto, enfrontando ao Stade de Reims, campión francés, co Athletic de Bilbao. Con todo, pouco antes do partido anunciouse que o Stade de Reims non podía viaxar por non ter xogadores suficientes, contando con numerosas ausencias como as de Raymond Kopa,[2][3] O concello da Coruña tentou buscar entón outro equipo de similar nivel, pero ao non poder conseguilo recorreu ao Deportivo da Coruña. A pesar de que o Deportivo non tiña a categoría que os organizadores querían,[4] o torneo foi todo un éxito e o club galego acabou levando o trofeo na súa primeira participación, no que a prensa da época definiu como un dos días máis memorábeis da historia do fútbol coruñés.[5]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O Athletic, que viña de gañar a Copa do Xeneralísimo, e que gañaría ese ano liga e Copa, adiantouse no minuto 41 por mediación de Artetxe, cun disparo que golpeou nas costas de Manín antes de entrar na portería defendida por Otero. Aos poucos minutos de comezar a segunda parte logrou o empate o histórico Pahiño, que marcou aínda dous goles máis que foron anulados. Co tempo cumprido e o empate no marcador xogouse unha prórroga ao final da cal o partido aínda seguía 1-1, polo que se engadiu máis tempo extra que remataría cando un dos equipos marcase. Finalmente, no minuto 130 de partido, Pahiño bateu de novo a Carmelo Cedrún para darlle ao Deportivo o seu primeiro título.[5]

Participantes

[editar | editar a fonte]
Galicia Deportivo da Coruña 7º na liga española 1954/55
España Athletic Club Campión da Copa do Xeneralísimo de 1955
Deportivo da Coruña 2–1 Athletic Club 1 de setembro de 1955 – Riazor, A Coruña
Asistencia: 32.000
Árbitro: España Asensi
Pahiño Anotado no 50º minuto 50' Anotado no 130º minuto 130' Informe
Artetxe Anotado no 41º minuto 41'
Titulares:
Galicia Otero
Galicia Rodolfo
Galicia Manín
España Irusquieta
Galicia Botana
Galicia Juananco Sae
Galicia Arsenio
Galicia Pahiño
Galicia Juan
Galicia Lechuga II Sae aos 36 minutos 36'
Galicia Polo
Substitucións:
España Bazán Entra aos 36 minutos 36'
España Cuenca Entra
Adestrador:
Galicia Vizoso
Titulares:
España Carmelo
España Orúe
España Garay
España Canito
España Mauri
España Maguregui
España Artetxe
España Marcaida
España Arieta
España Uribe
España Gainza Sae
Substitucións:
España Bilbao Entra
Adestrador:
Iugoslavia Daučík
  1. Datos da final en rsssf.com
  2. "El Teresa Herrera aplazado". La Noche (en castelán). 30 de agosto de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  3. "El Stade de Reims no tenía jugadores para venir a La Coruña". El Correo Gallego (en castelán). 1 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  4. "El Deportivo de La Coruña será el rival del Atlético de Bilbao". La Noche (en castelán). 31 de agosto de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Con todos los honores, el Deportivo se adjudica el X Trofeo Teresa Herrera, al vencer al Atlético de Bilbao (2-1)". La Noche (en castelán). 2 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy