Saltar ao contido

Ray Bradbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRay Bradbury

(1975) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Ray Douglas Bradbury Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Raymond Douglas Bradbury Editar o valor en Wikidata
22 de agosto de 1920 Editar o valor en Wikidata
Waukegan, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xuño de 2012 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
RelixiónUnitário-Universalismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLos Angeles High School (en) Traducir (–1938) Editar o valor en Wikidata
Q89547790Fahrenheit 451
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1938 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCiencia ficción, Fantasía, literatura de terror e ficção científica social (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioWilliam Elliot Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarguerite Bradbury (1947–2003), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosBettina F. Bradbury Editar o valor en Wikidata
PaiLeonard Spaulding Bradbury, Sr. Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:9)
Obálky knih,
ProDetLit (en) Traducir >>>:Брэдбери Рэй, Editar o valor en Wikidata
Páxina webraybradbury.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001969 Allocine: 52665 Allmovie: p7905
BNE: XX1641453 Bitraga: 1239 Musicbrainz: 6b9750c5-04c3-45b4-aef2-55b8c957a923 Discogs: 29785 WikiTree: Bradbury-980 Find a Grave: 20679865 Editar o valor en Wikidata

Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012[1], foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de nai sueca e pai americano. O seu avó e bisavó foran editores de xornais. Dende pequeno revelouse como un ávido lector e incipiente escritor. Os seus primeiros dous libros Dandelion Wine e Something Wicked This Way Comes representan a cidade de Waukegan como "unha vila verde" e son autobiográficos. A familia de Bradbury viviu en Tucson (Arizona) dende 1926 a 1927 e dende 1932 a 1933, retornando sempre a Waukegan. Finalmente trasladáronse aos Ánxeles (California) en 1934 cando tiña 13 anos.

Estudou ata bacharelato nesta cidade pero decidiu non ir á universidade. Para vivir tivo que dedicarse a vender periódicos, formándose a si mesmo nos lugares dos que sempre máis gustou, as bibliotecas. Influenciado polos heroes de ciencia ficción como Flash Gordon e Buck Rogers, Bradbury comezou a publicar contos de ciencia ficción en fancines en 1938. A escribir como medio de vida dedicouse dende 1942. O seu primeiro libro, a colección Dark Carnival, foi publicado en 1947. Casou con Marguerite McClure en 1947, e ten 4 fillas.

Adaptacións cinematográficas

[editar | editar a fonte]

Os filmes Chegou do espazo exterior (1953) de Jack Arnold, Fahrenheit 451(1966) de François Truffaut, e O ruído do trono (2005) de Peter Hyams están baseados nos textos homónimos de Ray Bradbury.

  1. "R.I.P. Ray Bradbury, Author of Fahrenheit 451 and The Martian Chronicles". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2012. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy