Saltar ao contido

Pioneer 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pioneer 11 / Pioneer G
Representación artística de Pioneer 11 no Sistema Solar exerior.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualFóra de servizo en traxectoria interestelar.[1]
Data de lanzamento6 de abril de 1973, 2:11 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas-Centaur[2][5]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-36B[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo de Xúpiter, Saturno e do Sistema Solar exterior.[2][6]
NSSDC ID1973-019A
Masa259 kg[5]
Potencia165 vatios[2]

Pioneer 11, tamén coñecida como Pioneer G, foi unha sonda espacial lanzada o 6 de marzo de 1973 mediante un foguete Atlas-Centaur desde a base espacial de Cabo Cañaveral para sobrevoar Xúpiter e Saturno e estudar o Sistema Solar exterior, converténdose na primeira nave en visitar ámbolos dous planetas nunha soa traxectoria, a primeira en visitar Saturno e no segundo obxecto humano que saíu fora do Sistema Solar cara ao espazo interestelar.[2][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Pioneer 11 tivo a súa máxima aproximación a Xúpiter o 3 de decembro de 1974, pasando a 43.000 km do planeta, mentres que pasou a só 21.000 km de Saturno o 1 de setembro de 1979, obtendo as primeiras imaxes deste planeta desde as súas proximidades. A sonda continuou o seu camiño, alcanzando a velocidade de escape do Sistema Solar e dirixíndose cara ao espazo interestelar a unha velocidade de 2,5 Unidades astronómicas por ano.[2][5][6]

Os obxectivos da Pioneer 11 foron, en Xúpiter e Saturno, estudar as súas atmosferas, campos magnéticos, lúas e aneis, e na súa viaxe interplanetaria, facer medicións do campo magnético do Sistema Solar, do po interplanetario, do vento solar e dos raios cósmicos.[2][5][6]

Diagrama da Pioneer 11 cos seus instrumentos.

A nave estaba formada por un corpo principal hexagonal de 36 cm de altura e con lados de 71 cm de lonxitude formado por tubos de aluminio e boro con epoxy situado baixo unha antena parabólica de alta ganancia de 2,74 m de diámetro co alimentador da antena a 1,2 m de altura sobre o cal, á súa vez, ía montada a antena de media ganancia. Dun lado do hexágono saía un compartimento coa instrumentación científica, mentres que antena de baixa ganancia colgaba do corpo principal a uns 76 cm en dirección oposta á antena principal. A enerxía para a nave era producida por catro xeradores termoeléctricos de radioisótopos (RTG polas súas siglas en inglés) modelo SNAP-19 situados a pares a 3 m do corpo principal e separados 120 graos entre si. Os RTG producían 155 vatios de potencia ao inicio da misión, 144 vatios no momento do achegamento a Xúpiter e 100 vatios en Saturno. Do compartimento de instrumentación estendíase un mastro de 6,6 metros de lonxitude que levaba no seu extremo un magnetómetro, situado a esa distancia para que o corpo metálico da nave non interferira nas medicións. A nave orientábase mediante tres sensores de referencia, entre eles un sensor estelar que apuntaba á estrela Canopus e que foi mellorado a partir da experiencia co mesmo sensor na Pioneer 10. Pioneer 11 estabilizábase mediante xiro, controlado por tres pares de propulsores alimentados por hidracina, a unha velocidad nominal de 5 revolucións por minuto.[2][5][6]

Acaroada ao corpo da nave atópase, igual que na Pioneer 10, unha placa destinada a posibles civilizacións extraterrestres con diagramas e debuxos representando unha parella humana e a situación da Terra e o Sol na nosa galaxia.[2][5][6]

Saturno e Titán vistos por Pioneer 11.

As comunicacións entre nave e Terra tiñan lugar en banda S mediante as diversas antenas conectadas a un par de receptores a 2110 MHz e dous transmisores que producían ata 8 vatios de potencia para transmisións a 2292 MHz que eran recibidas na Rede do Espazo Profundo (DSN) da NASA a velocidades que chegaron aos 2048 bps nas proximidades de Xúpiter e que eran de só 16 bps ao final da misión. Pouco despois do lanzamento o transmisor principal fallou, tendo que usar o de apoio, que funcionou durante o resto da misión.[2][5][6]

Despois do paso por Xúpiter e Saturno a nave seguiu facendo medicións do espazo interplanetario ata que os instrumentos foron fallando ou a potencia dos RTG non foi suficiente para mantelos todos acendidos co que había que turnalos para facelos funcionar.[2][5][6]

As operacións coa sonda finalizaron o 30 de setembro de 1995, momento no que os RTG xa non puideron proporcionar enerxía suficiente para manter ningún instrumento acendido.[2][5][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]
Representación da placa a bordo da Pioneer 10.

Pioneer 11 levaba a bordo os mesmos instrumentos científicos que Pioneer 10 máis un magnetómetro adicional:[2][5][6]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PIONEER 11" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 11" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2016. 
  3. "Letter dated 17 July 1973 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-15010). 26 de xullo de 1973: 2. Consultado o 3 de abril de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Pioneer 11" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 3 de abril de 2016. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 10, 11, H" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2016. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 Mark Wade (2011). "Pioneer 10-11" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2010. Consultado o 3 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy