Saltar ao contido

Mono (animal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cría de mona de Xibraltar (Macaca sylvanus).

Mono é un termo non taxonómico que designa un amplo conxunto de primates simiiformes.

Os termos mono e simio son sinónimos,[1] pero na xerga zoolóxica adoita distinguirse entre ambos os termos por influencia do inglés, idioma no que os termos equivalentes monkey e ape teñen diferente significado.

Así, en dita xerga científica, os monos actuais comprenderían os Platyrrhini (monos do Novo Mundo) e os Cercopithecoidea (monos do Vello Mundo), pero non os primates hominoides máis próximos ao ser humano, como o orangután, o gorila, o chimpancé e os xibóns, que serían simios. A diferenza destes, os monos posúen polo xeral cola, teñen un esqueleto máis primitivo e son máis pequenos.

Este uso da palabra simio como tradución da palabra inglesa ape, restrinxida aos primates sen cola, é erróneo, e non corresponde ao galego. Sería quizais recomendábel para este uso a palabra hominoide, como se aconsella tamén en castelán.[2]

  1. Definición do Dicionario da Real Academia Galega: mono1 -a s. 1. Mamífero de cerebro moi desenvolvido, con catro extremidades que rematan en mans, e que descende de antepasados comúns ós da especie humana. O gorila, o chimpancé etc., son monos. SIN. simio.
  2. Arsuaga, J. L. e Martínez, I. (1998): La especie elegida. Barcelona: Ed. Temas de hoy, páx. 41. ISBN 84-7880-909-0.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy