Saltar ao contido

Mircea I de Valaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMircea I de Valaquia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1355 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Curtea de Argeș, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1418 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Curtea de Argeș, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCozia Monastery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Príncipe da Valáquia (pt) Traducir
xaneiro de 1397 – 31 de xaneiro de 1418
← Nenea (en) TraducirMiguel I da Valáquia (pt) Traducir →
Príncipe da Valáquia (pt) Traducir
23 de setembro de 1386 – novembro de 1394
← Dan I da Valáquia (pt) TraducirNenea (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeWallachia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua romanesa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarvoivoda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Bassarabe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Tolmay
FillosAlexandre I da Valáquia (pt) Traducir, Radu II da Valáquia (pt) Traducir, Miguel I da Valáquia (pt) Traducir, Vlad II Dracul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisRadu I da Valáquia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Kalinikia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsDan I da Valáquia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Basarab-10
Mircea cel Bătrân.

Mircea cel Bătrân, quen reinou entre 1386 e 1418, foi un dos máis importantes donos de Valaquia. O seu nome significa "Mircea o Vello", nome atribuído despois da súa morte, para distinguilo do seu neto Mircea II ("o Mozo"). Dende o século XIX, a historiografía romanesa chámao "Mircea cel Mare" ("Mircea o Grande").[1]

Mircea foi o fillo do voivoda Radu I e de Dona Calinica, descendente da Casa de Basarab.

As fronteiras de Valaquia mudaron a través da historia, sendo durante o reinado de Mircea, cando Valaquia comprendeu a súa meirande área en tempos medievais: dende o río Olt no norte até o río Danubio no sur, e dende as "Portas de Ferro" no oeste até o mar Negro no leste.

Mircea fortaleceu o poder do estado e organizou varios oficios, promoveu o desenvolvemento económico, aumentou os ingresos do estado, e acuñou moedas de prata que circularon tamén nos países veciños. Ofreceu aos comerciantes de Polonia e Lituania privilexios e renovou os privilexios que os seus antecesores deran aos habitantes de Braşov. Mircea permitiuse deste xeito aumentar o seu poder militar. Fortificou as fortalezas do Danubio e "o exército grande", composto de cidadáns e de campesiños libres ou dependentes. Apoiou tamén á Igrexa.

Mentres organizaba o seu país, coidouse de formar un sistema de alianzas que lle permitise defender a independencia do país. A través do intermediario Petru Muşat, príncipe de Moldavia, concluíu en 1389 un tratado de alianza con Ladislau II de Polonia, o rei de Polonia. O tratado foi renovado en 1404 e 1410. Mantivo relacións estreitas con Sexismundo de Luxemburgo, rei de Hungría, baseándose no seu interese común de loitar contra a expansión otomá.

As súas intervencións para apoiar aos pobos cristiáns do sur do Danubio, que estaban a loitar contra os turcos, causaron o seu enfrontamento co Imperio Otomán. En 1394 Bayezid I ("o Lóstrego") pasou o Danubio con 40.000 homes, un continxente impresionante na época. Mircea tiña 10.000 homes, así que non era conveniente unha batalla en campo libre. Elixiu o que hoxe se chamaría unha guerra tipo "guerrilla", deixando ao exército contrario sen alimentos e usando ataques e retiradas frecuentes (un exemplo típico de guerra asimétrica). No 10 de outubro de 1394, os dous exércitos enfrontáronse na Batalla de Rovine, nun terreo con bosques e pantanos, que impediu aos otománs espallar o seu exército; os otománs non conseguiron derrotar ao exército de Mircea. Esta batalla foi invocada no poema de Mihai Eminescu, "A terceira epístola".

Apoiado por Sexismundo de Luxemburgo, Mircea derrotou tamén a Vlad Uzurpatorul, monicreque do sultán otomán, quen pretendía o seu trono. En 1396 Mircea participou nunha cruzada anti-otomá, organizada polo monarca húngaro. A cruzada rematou coa vitoria otomá na Batalla de Nicópole, no 25 de setembro. O ano seguinte, en 1397, Mircea obstaculizou outra expedición otomá que tentaba cruzar o Danubio, e en 1400 derrotou unha expedición turca que tentaba cruzar o seu país.

Valaquia durante o reinado de Mircea cel Bătrân (1406)

A derrota de Bayezid I por Timur Lenk en Ancara, no verán de 1402, abriu un período de anarquía no Imperio Otomán, e Mircea aproveitouse para organizar xunto co rei de Hungría unha campaña en contra dos turcos. En 1404 Mircea foi capaz de conseguir de novo o mando en Dobruia. Máis aínda, Mircea participou nas loitas para o trono do Imperio Otomán, apoiando a Musa, quen chegou a reinar por un curto período. Foi o auxe do poderío do príncipe.

"O máis valente e máis hábil dos príncipes cristiáns", como o describiu o historiador alemán Leunclavius, Mircea gobernou Valaquia por 32 anos. Á parte dos seus logros militares, Mircea foi un amante da arte, deixando entre outros monumentos o fermoso Mosteiro Cozia, construído segundo o modelo da Igrexa Krusevac en Serbia.

Predecesor:
Dan I
Príncipe de Valaquia
1386-1418
Sucesor:
Mihail I
  1. Hasdeu, p. 130; Xenopol, p, 89; Iorga, p. III
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy