Saltar ao contido

Miguel III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel III

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Μιχαήλ Γ΄ ο Μέθυσος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 840 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 867 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
842 – 867
← TeófiloBasilio I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEmperador Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaAmorian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEudóxia Decapolitissa Editar o valor en Wikidata
FillosLeón VI o Sabio, Estevão I de Constantinopla Editar o valor en Wikidata
PaisTeófilo Editar o valor en Wikidata  e Teodora Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria
Anastasia
Constantino (filho de Teófilo)
Tecla Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4947750 WikiTree: Byzantium-14 Find a Grave: 37411650 Editar o valor en Wikidata

Miguel III (839 - 867), "o Borracho", neto de Miguel II, sucedeu ao seu pai Teófilo como emperador bizantino cando só contaba con tres anos de idade en 842.

Durante a súa minoría, o Imperio foi gobernado pola súa nai Teodora, que malia as derrotas que sufriron os seus xenerais, conseguiu manter as fronteiras fronte aos musulmáns de Bagdad e Creta. A rexente fixo gala do seu celo relixioso restaurando a veneración das imaxes en 842 e perseguindo aos herexes bogomilos, pero descoidou completamente a educación do seu fillo. Por iso, Miguel converteuse nun neno consentido e caprichoso que caeu baixo a influencia do seu tío Bardas, o cal o induciu a recluír a Teodora nun convento, de modo que Bardas puido asumir o poder en 857.

Bardas, trala usurpación, introduciu varias reformas internas e nas guerras da época Miguel desempeñaría un papel máis activo. Durante o conflito cos musulmáns no Éufrates (856 - 863), o emperador tivo que facer fronte a unha derrota persoal en 860, que sería compensada por unha gran vitoria por parte do seu tío Petronas en Asia Menor. En 861, Miguel e Bardas invadiron Bulgaria e lograron a conversión do seu rei ao cristianismo.

No mar, o Imperio sufriu os ataques dos corsarios de Creta, e en 865 a primeira expedición de pillaxe dos rusos de Kíiv chegou a poñer en perigo o mesmo Bósforo. En 867 Miguel foi asasinado por Basilio o Macedonio, un antigo paxe que conseguira acabar coa influencia de Bardas e que en 866 fora asociado ao Imperio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Imperio Bizantino

Segue a:
Teófilo
Miguel III
Precede a:
Basilio I
Dinastía Amoriana
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy