Saltar ao contido

May Robson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMay Robson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Jeanette Robison Editar o valor en Wikidata
19 de abril de 1858 Editar o valor en Wikidata
Moama, Australia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 1942 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFlushing Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1883 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0733480 Allocine: 2849 Rottentomatoes: celebrity/may_robson Allmovie: p60867 IBDB: 7681
BNE: XX1572554 WikiTree: Robison-3093 Find a Grave: 7259972 Editar o valor en Wikidata

Mary Jeanette Robison, nada en Melbourne[a] o 19 de abril de 1858 e finada en Beverly Hills o 20 de outubro de 1942, foi unha actriz australiana coñecida como May Robson. Grande actriz teatral, Robson é ben coñecida polos filmes que rodou na década de 1930, con máis de setenta anos, habitualmente interpretando anciás con bo corazón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Robson naceu en Australia, mais en 1870, a familia mudouse a Londres.[6] Robson marchou da casa para casar co seu primeiro marido, Charles Leveson Gore, de 18 anos.[7][8] Casaron o 1 de novembro de 1875 na igrexa parroquial de Camden Town, Londres.[9] Chegaron a Nova York o 17 de maio de 1877 e compraron terras en Fort Worth, Texas onde construíron unha casa e estableceron un rancho. Finalmente volveron a Nova York e Gore morreu a principios da década de 1880.[8]

Tras enviuvar, Robson decidiu facer diferentes traballos para sacar adiante a súa familia.[10][8][7] Cando comezou a súa carreira como actriz en 1883, dous dos seus tres fillos morreran de enfermidade.[11] Robson conseguiu chegar a ser unha destacada actriz teatral nas seguintes décadas.

Protagonizou o filme mudo de 1916 A Night Out, adaptación da peza que ela mesma coescribiu, The Three Lights.[12] Participou tamén noutros filmes mudos, e superou con éxito a transición ao cinema sonoro.

Na década de 1930 rodou un total de 45 filmes. Entre os seus protagonistas figura o da produción de 1931 The She-Wolf.[13][14] Tamén protagonizou o segmento final de If I Had a Million (1932)..[15] Outros papeis de importancia foi o da Raíña de Corazóns en Alice in Wonderland (1933), a Condesa Vronsky en Anna Karenina (1936), a tía Elizabeth en Domando a fera (1938), a tía Polly en The Adventures of Tom Sawyer (1938) e o de Granny en Naceu unha estrela (1937). Robson aínda protagonizou con 82 anos o filme de 1940 Granny Get Your Gun e a súa última interpretación cinematográfica foi en 1942, ano do seu pasamento no filme Joan of Paris.[13][16][17]

En 1933, con 75 anos de idade foi candidata ao óscar á mellor actriz por Lady for a Day. Foi o primeiro intérprete nado en Australia candidato ao premio, a primeira persoa candidata en nacer e durante moitos anos foi a actriz de máis idade candidata.[18][19]

May Robson faleceu en 1942, aos 84 anos na súa casa de Beverly Hills,[20] por causas naturais. Foi enterrada no Cemiterio Flushing en Queens xunto ao seu segundo marido, Augustus Brown.[21][22]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. O obituario de Robson en Berkshire Evening Eagle e Billboard Magazine,[1][2] e o resumo da súa vida na Biblioteca do Congreso afirman que naceu en Melbourne,[3] mais a familia vivía en Moama, Nova Gales de Sur no tempo en que naceu.[4][5]
Referencias
  1. "May Robson, Stage, Screen Star, Is Dead: Character Actress Began Long Career in 1883". Berkshire Evening Eagle (Pittsfield, Berkshire, Massachusetts): 1. 20 de outubro de 1942. 
  2. "May Robson". Billboard (Nielsen Business Media, Inc.): 27. 31 de outubro de 1942. ISSN 0006-2510. 
  3. "May Robson Papers: A Finding Aid to the Collection in the Library of Congress" (PDF). Library of Congress. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2016. 
  4. "Advertising". Bendigo Advertiser VI (1145) (Victoria, Australia). 25 de xaneiro de 1859. p. 1. Consultado o 28 de outubro de 2016 – vía National Library of Australia. 
  5. "Family Notices - Henry Robison". Bendigo Advertiser VII (1463) (Victoria, Australia). 1 de febreiro de 1860. p. 2. Consultado o 28 de outubro de 2016 – vía National Library of Australia. 
  6. Marea Donnelly, History Writer (15 de xaneiro de 2016). "A Town like Moama". The Daily Telegraph. Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  7. 7,0 7,1 Robson, May (novembro de 1907). "My Beginnings". The Theatre 7 (81): 305–310. Consultado o 1 de xuño de 2015. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Nissen, Axel (2007). Actresses of a Certain Character: Forty Familiar Hollywood Faces from the Thirties to the Fifties. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company. p. 185. ISBN 978-0-7864-2746-8. 
  9. "Marriages". The Times (28465) (Londres). 5 de novembro de 1875. p. 1. 
  10. "May Robson Biography". Allmovie (allmovie.com). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 1 de xuño de 2008. 
  11. "Two Brilliant Women, They are Both Bright Ornaments of the Stage: Viola Allen and May Robson". The Olean Democrat (Olean, New York): 6. 29 de novembro de 1892. 
  12. "Screenplay Info for A Night Out (1916)". Turner Classic Movies (tcm.com). Consultado o 1 de xuño de 2008. 
  13. 13,0 13,1 Palmer, Scott (1988). A Who's Who of Australian and New Zealand Film Actors: The Sound Era. p. 142. ISBN 0-8108-2090-0. 
  14. Hall, Mordaunt (28 de maio de 1931). "The She-Wolf (1931)". The New York Times. Consultado o 3 de agosto de 2012. 
  15. Hall, Mordaunt (3 de decembro de 1932). "If I Had a Million (1932)". The New York Times. Consultado o 3 de agosto de 2012. 
  16. John C. Tibbetts, James M. Welsh, ed. (2010). American Classic Screen Features. Lanham, Maryland: Scarecrow Press. p. 253. ISBN 978-0-81087678-1. 
  17. Nissen, Axel (2007). Actresses of a Certain Character: Forty Familiar Hollywood Faces from the Thirties to the Fifties. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company. pp. 3, 187–8. ISBN 978-0-7864-2746-8. 
  18. Nissen, Axel (2007). Actresses of a Certain Character: Forty Familiar Hollywood Faces from the Thirties to the Fifties. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company. p. 184. ISBN 978-0-7864-2746-8. 
  19. Phillipa Hawker (21 de febreiro de 2009). "O stands for Oscar and also for Oz". The Age. Consultado o 13 de novembro de 2016. 
  20. James, Edward T.; Wilson James, Janet; Boyer, Paul S. (1 de xaneiro de 1971). Notable American Women, 1607–1950: A Biographical Dictionary. Harvard University Press. p. 185. ISBN 978-0-674-62734-5. 
  21. Edward T. James; Janet Wilson James; Paul S. Boyer (1971). Notable American Women, 1607–1950: A Biographical Dictionary, vol 2. Radcliffe College. p. 185. ISBN 0-674-62734-2. 
  22. Nissen, Axel (2007). Actresses of a Certain Character: Forty Familiar Hollywood Faces from the Thirties to the Fifties. McFarland. p. 189. ISBN 978-0-7864-2746-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hamm, Margherita Arlina (1909). "May Robson". Eminent Actors in Their Homes: Personal Descriptions and Interviews. J. Pott. pp. 115–124. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy