Saltar ao contido

Joseph Beuys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoseph Beuys

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1921 Editar o valor en Wikidata
Krefeld, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Düsseldorf, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMar do Norte 54°07′05″N 8°22′00″L / 54.1181, 8.3667 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBoĭs, Iosef
Bojs, Joze
Beuys, Joseph (Joseph Heinrich) Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónFreiherr-vom-Stein-Gymnasium (en) Traducir
Kunstakademie Düsseldorf (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPerformance (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Düsseldorf
Reino Unido
Italia
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor , fotógrafo , artista conceptual , artista de performance , gravador , ilustrador , pintor , profesor universitario , coreógrafo , debuxante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 1985 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoThe Greens (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte conceptual Editar o valor en Wikidata
MovementoFluxus Editar o valor en Wikidata
ProfesoresEwald Mataré (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAnselm Kiefer, Lothar Baumgarten (pt) Traducir, Peter Angermann (pt) Traducir, Jörg Immendorff e Anatol Herzfeld Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
RepresentanteMary Boone Gallery (en) Traducir, Artists Rights Society e Electronic Arts Intermix (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
13 de xuño de 1992Documenta IX (en) Traducir
12 de xuño de 1987documenta 8
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir
27 de xuño de 1968Documenta 4
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Páxina webbeuys.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1152508 BNE: XX876424 Musicbrainz: 8406a8fa-3718-492e-b0ff-1e0b920cc6e2 Discogs: 251144 WikiTree: Beuys-1 Editar o valor en Wikidata
Beuys Filtz TV von Lothar Wolleh.

Joseph Beuys, nado o 12 de maio de 1921 en Krefeld e finado o 23 de xaneiro de 1986 en Düsseldorf, foi un artista alemán que traballou con varios medios e técnicas como escultura, performance, happening, fluxus vídeo e instalación. É considerado un dos artistas alemáns máis influentes da segunda metade do século XX.

Vida e obra

[editar | editar a fonte]

Aínda que se dubidou a miúdo da súa veracidade, Beuys afirmaba que combatera como piloto na segunda guerra mundial, que se estrelara en Crimea, que estivera a piques de morrer conxelado, e que uns nativos o rescataran e enzoufándoo con graxa e envolvéndoo en feltro para evitar a súa morte. En calquera caso, ambos elementos aparecerán constantemente na súa obra.

Traballou de profesor universitario ata que foi expulsado anos despois. A obra que realizou no seu tempo de profesor, afecta na relación da pedagoxía co estudo da arte, xa que Beuys cambiou totalmente o enfoque de ensino que se tiña até o momento.

De 1946 a 1951 estudou na Escola de Belas Artes de Düsseldorf, onde máis tarde foi profesor de escultura.

En 1962 comezou as súas actividades co movemento neodadá Fluxus e Happening. O seu maior logro foi a socialización que conseguiu facer da arte, achegándoo a todos os tipos de público.

As súas accións non tiñan tanto que ver cos espaventos neodadaístas para escandalizar ó burgués, senón que tiñan un significado máis profundo. En Como explicar os cadros a unha lebre morta 1965 púxose mel e pan de ouro na cabeza e faláballe sobre a súa obra a unha lebre morta que tiña entre os seus brazos. Nesta obra vincula factores espaciais e escultóricos, lingüísticos e sonoros á figura do artista, á súa xestualidade corporal, á súa conciencia de comunicador que tiña como receptor a un animal.

Beuys asumía o papel de xamán con potestade de curar e salvar unha sociedade que el consideraba morta.

En 1974 levou a cabo a acción Gústame América e a América gústolle eu onde Beuys, un coiote e materiais como papel, feltro e palla, constituíron o vehículo da súa creación. Conviviu 3 días co coiote. Apilaba periódicos americanos símbolo do capitalismo norteamericano. Ós poucos o coiote e Beuys vanse afacendo un ó outro e ó final Beuys abraza ó coiote.

Con esta acción formula unha crítica á política estadounidense en relación ós indios, onde el representaría aos Estados Unidos e o coiote ós indios norteamericanos.

Beuys repite moitos obxectos utilizados noutras obras. Obxectos que difiren dos ready mades duchampianos non pola súa natureza pobre e efémera, senón por ser parte da vida do propio Beuys que os "puxo aí" tras convivir con eles e deixarlles a súa pegada. Moitos teñen relación autobiográfica, como o mel ou a graxa utilizada polos tártaros que lle salvaron durante a segunda guerra mundial.

En Traxe de feltro, de 1970. Beuys simboliza o illamento do home na sociedade do noso tempo, un illamento non necesariamente negativo, xa que en doses prudentes pode ser catalizador de extraordinarias forzas creativas.

En 1979, o Museo Guggenheim de Nova York exhibiu unha gran retrospectiva da súa obra.

Beuys utilizou a arte, unha arte dinámica, fluída e corrosiva até o extremo de converterse nun anti-arte, para educar, curar e redimir ó ser humano e á sociedade espiritualmente enferma e perdida no caos do mundo.

Política

[editar | editar a fonte]

Beuys tivo outra cara, máis en relación coa política. Creou en 1967 o Partido Alemán de Estudantes, cuxos obxectivos básicos eran educar a tódalas persoas na madurez intelectual e propiciar o concepto ampliado da arte. As súas proposicións navegaban entre o utópico e o anarquista. En 1971 esta organización transformouse na Organización para a democracia por referendo, para a posibilidade dunha democracia directa, na cal se podería lexislar de abaixo a arriba, impondo a vontade do pobo. Unha nova sociedade do socialismo real, poscapitalista e poscomunista.

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]
  • Nevada, 1965
  • Como explicar os cadros a unha lebre morta, 1965. Galería Schmela, Düsseldorf.
  • Coiote, 1974. Galería René Block, Nova York.
  • Bomba de mel no lugar de traballo, 1974-1977
  • Mostra a túa ferida, 1976
  • Fin da arte do século XX, 1982. Instalación na Bienal de Venecia 2001
  • 7.000 carballos, 1982. Documenta VII

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

GUASCH, ANNA MARIA; A arte última do século XX. Do posminimalismo ó multicultural. Alianza editorial. Madrid. 2000.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy