Saltar ao contido

Iñaki Urdangarin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIñaki Urdangarin

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Iñaki Urdangarin Liebaert Editar o valor en Wikidata
15 de xaneiro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Zumarraga, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaVitoria (2022–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónEsade
ESADE Business School (en) Traducir
Col·legi Casp - Sagrat Cor de Jesús (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbalonmanista, recluso (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata - 2000 Editar o valor en Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1986–2000 FC Barcelona
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque (1997–2015) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCristina de Borbón e Grecia (1997–2023), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosJuan Urdangarin e de Borbón, Pablo Urdangarin e de Borbón, Miguel Urdangarin e de Borbón, Irene Urdangarin e de Borbón Editar o valor en Wikidata
PaisJuan María Urdangarin Berriochoa Editar o valor en Wikidata  e Claire Françoise Liebaert Courtain Editar o valor en Wikidata
Condenado porPrevaricación
fraude
Falsificación
Tráfico de influencias
embezzlement of public funds (en) Traducir
fraude fiscal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX952357

Iñaki Urdangarin[1] Liebaert, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 15 de xaneiro de 1968, é un ex xogador de balonmán español e esposo da Infanta de España Cristina de Borbón. Ten tratamento de excelentísimo señor. Entre 1997 e 2015 foi Duque consorte de Palma, por mor da súa voda coa Infanta. Debido ao escándalo do Caso Nóos, no que estaba involucrado, o Rei Filipe VI revogoulle a concesión do título ducal á súa irmá, polo que o propio Iñaki Urdangarin tivo que deixar de empregalo. O 18 de xuño de 2018 entrou no cárcere de Brieva (Ávila) para cumprir unha condena de cinco anos e 10 meses.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Despois de pasar polo BM Guadalajara, xogou profesionalmente na sección de balonmán do Futbol Club Barcelona durante 14 tempadas, entre 1986 e 2000. Co FC Barcelona gañou 6 Copas, 2 Recopas e 4 Supercopas de Europa, ademais de 10 Ligas ASOBAL, 7 Copas do Rei, 9 Supercopas de España, 3 Copas ASOBAL e 11 ligas catalás.

Foi internacional pola Selección de balonmán de España en tres Xogos Olímpicos, contribuíndo á consecución de dúas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e Sidney 2000, ademais dunha medalla de bronce nun Europeo. No ano 2000 retirouse da competición.

O 4 de outubro de 1997, casou coa infanta Cristina de Borbón na Catedral de Santa Eulalia de Barcelona, ocasión pola cal o rei concedeu á súa filla o título de Duquesa de Palma de Mallorca. Tiveron catro fillos que ocupan os postos do oitavo ao undécimo no orde de sucesión ao rei Xoán Carlos I:

Acusado de corrupción

[editar | editar a fonte]

En novembro de 2011, Urdangarin e os seus socios foron investigados no caso Babel, derivado da investigación do caso Palma Arena.[3] O 10 de novembro apareceu nos medios de comunicación a noticia dunha probable imputación por un suposto desvío de diñeiro público desde o Instituto Nóos que presidía.

Mediante un comunicado, La Zarzuela apartou a Iñaki Urdangarin dos seus actos oficiais o 12 de decembro de 2011, porque o seu comportamento non era «exemplar» para a Casa do Rei.[4]

O 29 de decembro de 2011 foi imputado polo xuíz José Castro, e citouse para comparecer o día 6 de febreiro de 2012, podéndose atrasar esta data se así é de interese para a súa representación. Dous días despois da imputación, o xuíz Castro aceptou atrasar a declaración de Urdangarin como imputado ao día 25 de febreiro. A declaración do imputado durou máis de 22 horas, durante o día 25 e a madrugada do 27 de febreiro;[5] declarou que non coñecía a existencia de empresas para desviar diñeiro público, culpou a Diego Torres e asegurou que o papel da infanta Cristina na trama empresarial era soamente testemuñal e que o rei pediulle que se desvinculase das súas actividades profesionais.[6]

Palmarés como xogador

[editar | editar a fonte]
  • Títulos internacionais:
  • Títulos nacionais:

Foi 154 veces internacional coa Selección española, coa que participou en 9 grandes eventos internacionais:

Títulos nobiliarios

[editar | editar a fonte]

Distincións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy