Saltar ao contido

Hemorraxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemorraxia
Clasificación e recursos externos
Sangrado dun dedo debido a unha ferida
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A hemorraxia ou sangrado [1] consiste na perda de sangue producida pola rotura dun ou varios vasos sanguíneos, ben sexan vasos capilares (feridas leves), venosos ou arteriais. Nestes dous últimos casos, o sangue sae a presión e é preciso actuar rapidamente.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
  • Hemorraxias internas: rompe un vaso no interior do corpo sen que o sangue saia do mesmo
  • Hemorraxias externas: diferénciase do anterior por mor de se producir unha ferida que rache ou corte a pel e que permita que mane ó exterior do corpo un fluxo sangíneo.
  • Hemorraxias agudas: vértese velozmente o sangue facendo temer unha inminente desaparición das constantes vitais.
  • Hemorraxias crónicas: Adoitan ser consecuencia dalgunha enfermidade que produce unha perda sanguínea paulatina.

Actuación ante a hemorraxia interna

[editar | editar a fonte]

Se a hemorraxia interna é producida por unha rotura capilar estaremos ante unha mazadura á cal convirá aplicarlle xeo para, ó contraer mediante o frío os vasos sanguíneos, evitar que o negrón se estenda.

Ante unha hemorraxia interna arterial ou venosa é preciso pedir urxente axuda sanitaria, pois hai perigo de shock. Os síntomas que pode presentar unha hemorraxia interna arterial son

  • Elevado ritmo cardíaco.
  • Pel pálida
  • Deixadez con somnolencia e escasa consciencia.
  • Diminución da temperatura corporal superficial.

Investigación

[editar | editar a fonte]

O día 12 de outubro de 2006 anunciouse que un equipo mixto de científicos da Universidade de Hong Kong (dirixidos polo Dr. Xo Kwok-Fai, xefe do Departamento de anatomía) e do MIT (EEUU) anunciou que descubrira por casualidade un composto capaz de frear as hemorraxias en 15 segundos. A investigación inicial pretendía traballar na rexeneración das células cerebrais e centrábase nos roedores, polo que faltaría a súa posible aplicación na cirurxía para humanos (onde o control de hemorraxias consome ata a metade do tempo das operacións). Os resultados publicáronse na revista Nature e, a pesar de non coñecer exactamente a natureza do novo material, supónse que se debe a que os seus péptidos actúan a nanoescala coma un xel protector sobre a ferida. Inicialmente o produto experimentouse para hemorraxias en cerebro, fígado, pel e tecido da medula espiñal, para as cales faría innecesario o uso dos habituais sistemas de presión con pinzas, esponxas e aplicación de calor. Cun prazo de inicio de cinco anos para as probas clínicas, non se prevía que o seu uso se xeneralizase ata o 2016.

  1. "bUSCatermos; hemorraxia, sangrado". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-04-04. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy