Saltar ao contido

Godzilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Godzilla

Tipopersonaxe cinematográfico, réptil ficticio, mutante, kaiju e personaxe ficticio nunha obra ficticia Editar o valor en Wikidata
Papelpersonaxe de título Editar o valor en Wikidata
Obra
FranquíaGodzilla Editar o valor en Wikidata
Interpretado porHiroshi Sekita (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Superpoderfactor de rexeneración Editar o valor en Wikidata
Inimigo/aKing Ghidorah (pt) Traducir, Mechagodzilla (pt) Traducir, Gigan (en) Traducir, Biollante (en) Traducir, King Kong, Rodan (pt) Traducir, Ebirah (en) Traducir, Hedorah (en) Traducir, Kamacuras (en) Traducir, Kumonga (en) Traducir, SpaceGodzilla (en) Traducir, Megalon (en) Traducir, Orga (en) Traducir e Destoroyah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesTwitter: godzilla_jp Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Godzilla (ゴジラ Gojira?) é un kaiju xaponés que apareceu por vez primeira no filme de Ishirō Honda Godzilla (1954). Dende aquela, Godzilla converteuse nunha icona mundial da cultura pop protagonizando máis de 28 filmes producidos por Toho Co., Ltd.. O monstro apareceu en gran variedade de medios como videoxogos, novelas, banda deseñada e series de televisión. Producíronse dúas versións americanas con este personaxe como protagonista, o filme de 1998 e o filme de 2014.[1] O personaxe tamén é coñecido como Rei dos Monstros, un epíteto usado na versión americanizada do filme orixinal de 1954.

Póster xaponés do primeiro filme de Godzilla (1954).

Gojira (ゴジラ?) é unha amálgama das palabras xaponesas " (ゴリラ gorira?) (gorila) e "鯨(クジラ) (kujira?) (balea), que se empezou a utilizar por que ao comezo da súa planificación describiuse como un cruzamento entre un gorila e unha balea[2] aludindo ao seu tamaño, poder e orixe acuática. Existe tamén unha lenda apócrifa que afirma que "Gojira" era o alcume dun traballador do Toho Studio,[3] que se puido orixinar como un chiste dos propios traballadores.[4] En man'yōgana, a escrita kana xaponesa que utiliza caracteres chineses, escríbese como Gojira (呉爾羅?).[5] A pronuncia xaponesa do nome é [ɡodʑiɽa] que deu lugar á forma anglicizada do termo, Godzilla, co que se coñece internacionalmente.

  1. Cosmic Booknews (ed.). "Godzilla (2014): New Director Gareth Edwards Set Video". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 21 de maio de 2013. 
  2. Steve Ryfle. Japan's Favorite Mon-Star. ECW Press, 1998, p.22
  3. Toho Co., Ltd. (ed.). "Gojira Media". Godzila Gojimm. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 19 de novembro 2010. 
  4. Ryfle, Steve (1998). Japan’s Favorite Mon-Star: The Unauthorized Biography of the Big G. ECW Press, p.23
  5. Take-Shobo, ed. (1998). B Media Books Special: The Godzilla Chronicles Ver. 2: The History of Toho Fantastic Movies, 1935–1998. ISBN 4-8124-0408-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy