Enheduanna
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXIII a. C. Imperio acadio |
Morte | século XXIII a. C. |
Sumo sacerdote | |
Datos persoais | |
Residencia | Ur |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa, sacerdotisa, escritora, filósofa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Princesa |
Pais | Sargón de Acad e Tashlultum |
Irmáns | Manishtushu Ilaba'is-takal Rimush Shu-Enlil |
Descrito pola fonte | Who was the world's first author? - Soraya Field Fiorio (en) Asian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today (en) |
Enheduanna (en Sumerio 𒂗𒃶𒌌𒀭𒈾)[1] tamén transliterado como Enheduana, En-hedu-ana e outras variantes,[2] que viviu no século XXIII a.C.,[3] é a poeta máis antiga da que se coñece o seu nome. Era unha alta sacerdotisa da deusa Inanna e da deusa lúa Nanna (Sin). Viviu na cidade-estado sumeria de Ur.[4]
As contribucións de Enheduanna á literatura sumeria inclúen varias oracións persoais a Inanna e unha colección de himnos coñecidos como "Himnos do templo sumerio". Algúns outros textos atribúenselle a ela.[5] Isto convértea na primeira persoa autora dun texto da cal se coñece o nome.[6]
Foi a primeira muller coñecida que levou o título de EN, papel de grande importancia política que habitualmente recibían fillas da nobreza.[7] Foi designada para o posto polo seu pai, o rei Sargón de Acad. A súa nai probablemente foi a raíña Tashlultum.[8][9] Enheduanna recibiu o título de Alta Sacerdotisa nun astuto movemento político de Sargón para axudar a asegurarse o poder no sur do seu reino, onde se situaba a cidade de Ur.[10]
Continuaba no seu cargo durante o reinado do seu irmán Rimush cando se viu involucrada nunha lea política, destituída e logo restablecida como alta sacerdotisa. A súa composición "Exaltación de Inanna" ou "nin me šara"[11] detalla a súa expulsión de Ur e posterior restablecemento.[10] Relaciónase con "A maldición de Acad",[12] en que Naram-Sin, baixo o que Enheduanna puido tamén servir, é maldecido e desterrado por Enlil. Trala súa morte, Enheduanna continuou a ser lembrada como unha figura imporante, chegando quizais a un status semidivino.[13]
Descubrimento
[editar | editar a fonte]En 1927, o arqueólogo británico Sir Leonard Woolley descubriu o disco de calcita de Enhuduanna nunhas escavacións da cidade sumeria de Ur.[14] A figura de Enheduanna aparecía nun lugar prominente do disco, dando énfase á súa importancia. Woolley tamén descubriu o complexo de templos en que se enterraban as sacerdotisas.[15] Woolley describiu a Enhuduanna nun resumo dunha páxina en "Excavations at Ur",[16] mais a súa importancia non foi recoñecida xeralmente ata que Adam Falkenstein publicou "Enhedu'anna, The Daughter of Sargon of Akkad", primeiro artigo académico sobre ela en 1958,[17] seguido pola publicación por Hallo e Van Dijk das primeiras traducións e discusións extensas sobre a obra de Enheduana en 1968.[18]
Evidencias arqueolóxicas e textuais
[editar | editar a fonte]Enheduanna é moi coñecida polas fontes arqueolóxicas e literarias. Dous selos que levan o seu nome pertencentes aos seus serventes e que están datados no período sargónico, foron atopados no cemiterio real de Ur.[15][19] Ademais, un disco de alabastro co seu nome e retrato apareceu no palacio de Ur, residencia principal de Enheduanna. A imaxe foi atopada nos niveis Isin-Larsa (c. 2000–1800 a.C.) do giparu xunto cunha estatua da sacerdotisa Enannatumma.[20]
En Nippur, Ur e posiblemente Lagash fixéronse e conserváronse copias das obras de Enheduanna, centos de anos despois da súa morte. Tamén se conservaron inscricións reais que indican que eran de gran valor, quizais iguais que as inscricións dos reis.[21]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Enheduanna compuxo 42 himnos dirixidos aos templos ao longo de Sumeria e Acad, incluíndo Eridu, Sippar e Esnunna.[22] Os textos foron reconstruídos de 37 táboas de Ur e Nippur, a maioría delas datadas nos períodos Ur III e babilonio antigo.[23] Esta colección coñécese xeralmente como "Os himnos do templo sumerio". Os himnos son a primeira colección do seu tipo. Neles Enheduanna afirma:
Meu rei, algo foi creado que non se creara antes.[24]
A copia dos himnos indican que foron usados tempo despois da morte de Enheduanna e continuaron en grande estima.
A súa outra obra célebre é "Exaltación de Inanna"[18] ou "Nin-Me-Sar-Ra",[25] que é unha oración persoal á deusa Inanna e tamén detalla a expulsión de Enheduanna de Ur. Os poemas de Enheduanna desempeñan un papel na consolidación do sincretismo entre Inanna e a deusa acadia Ishtar.[26]
A autoría de Enheduanna forma parte da literatura feminina da antiga Mesopotamia, xa que se sabe que, ademais dela, esposas reais encargaron poesías ou quizais compuxéronas,[27] e a deusa Nindaba facía de escriba; como indica Leick "ata certo grao, os epítetos que describen as deusas mesopotámicas revelan a percepción cultural das mulleres e o seu papel na sociedade antiga".[28]
A maioría das obras de Enheduanna están dispoñibles traducidas no corpus de textos electrónicos da literatura sumeria.[29]
Composicións
[editar | editar a fonte]- Nin-me-šara, "Exaltación de Inanna", 153 versos, editada e traducida por primeira vez por Hallo e van Dijk (1968),[18] Os primeiros 65 veros diríxense á deusa cunha listaxe de epítetos, comparándoa con An, o deus supremo do panteón. Entón En-hedu-ana fala en primeira persoa para expresar a súa infelicidade por estar exiliada do templo e das cidades de Ur e Uruk. En-hedu-ana pide a intercesión de Nanna. Os versos 122–135 recitan atributos divinos de Inanna.
- In-nin ša-gur-ra (nomeada por incipit), 274 versos (incompletos), editado por Sjöberg (1976) empregando 29 fragmentos.
- In-nin me-huš-a, "Inanna e Ebih", traducido por primeira vez por Limet (1969)
- The Temple Hymns, editado por Sjöberg e Bergmann (1969): 42 himnos de lonxitude variable, dirixidos aos templos.
- Hymn to Nanna, editado por Westenholz
A súa faceta científica
[editar | editar a fonte]Enheduanna encabeza unha larga lista de científicas e astrónomas que deixaron a súa impronta nos inicios das ciencias. Tanto a Astronomía como as Matemáticas teñen as súas raíces en Sumeria. Como Alta Sacerdotisa, a Enheduanna correspondíalle a dirección dos templos, que eran estruturas complexas: dirixían todas as actividades esenciais da vida, incluídos o comercio, a agricultura, a artesanía... pero tamén eran os centros do saber. Tiñan unha rede de información entre os observatorios, que había en cada un dos templos, que lles permitiron establecer os movementos dos planetas e as estrelas, creando os primeiros mapas celestes.[30] Algúns dos calendarios que crearon aínda se usan hoxe para certos eventos relixiosos como a Pascua.[31]
Un dos seus poemas describe o seu traballo:
A verdadeira muller que posúe unha sabedoría superior.
Consulta unha tableta de lapislázuli.
Dá consellos a todas as terras ...
Mide os ceos,
coloca os cables de medición na terra.
Este é un traballo científico. O lapislázuli era raro, polo que se usaría para facer algo de grande importancia. Medir os ceos é dedicarse á astronomía. Medir a terra é tanto función da topografía como da astronomía.[32]
Relevancia contemporánea
[editar | editar a fonte]Os estudos sobre Enheduanna limitáronse aos estudosos do próximo oriente ata 1976, cando a antropóloga estadounidense Marta Weigle asistiu a unha conferencia de Cyrus H. Gordon e foi informada dela. Weige presentou a Enheduanna a un público de estudosas feministas co seu artigo introdutorio sobre o tema en Frontiers: A Journal of Women Studies. Titulado "Women as Verbal Artists: Reclaiming the Sisters of Enheduanna", refírese a ela como "primeira autora coñecida na literatura (escrita) mundial".[33] En 1980, Aliki e Willis Barnstone publicaron unha tradución de "Ninmessara" nunha forma máis accesible[34] na súa antoloxía A Book of Women Poets from Antiquity to Now.[35]
En 1983, Diane Wolkstein e Samuel Noah Kramer incluíu traducións ao inglés de varios poemas de Enheduanna no seu libro Inanna: Queen of Heaven and Earth, recompilación de antigos poemas sumerios sobre a deusa Inanna.[36] A adaptación de Wolkstein converteuse na base doutras publicacións, incluíndo Queen of Swords, de Judy Grah (1987), The Descent of Alette, de Alice Notley (1996), e Among the Goddesses, de Annie Finch (2010). A analista jungiana Betty De Shong Meador traduciu en 2001 obras de Enheduanna e escribiu dous libros sobre a materia: Inanna: Lady of Largest Heart[37] e Princess, Priestess, Poet: The Sumerian Temple Hymns of Enheduanna.[38] A escritora de Minnesota Cass Dalglish publicou "unha adaptación poética contemporánea" de Nin-me-sar-ra en 2008.[39]
Sendo non só a poeta máis antiga coñecida na historia, senón tamén unha das primeiras mulleres coñecidas, Enheduanna recibiu grande atención no feminismo. Para celebrar o Día Internacional da Muller en 2014, o Consello Británico hospedou un evento para o Niniti International Literature Festival de Erbil, Iraq, en que "a escritora e anterior participante de NINITI Rachel Holmes [ofreceu] unha charla TED volvendo a vista a 5000 anos de feminismo, dende a importante poeta sumeria Enheduanna, ás escritoras contemporáneas que asistiron ao festival".[40] En 2017, a profesora de historia antiga do próximo oriente en Londres e Oxford Eleanor Robson describiu a Enheduanna como "unha figura ilusionante... unha imaxe marabillosamente atractiva".[41]
Enheduanna é o tema do capítulo "The Immortals" da serie de televisión sobre ciencia Cosmos: A Spacetime Odyssey, onde Christiane Amanpour lle puxo voz.
En 2015, a Unión Astronómica Internacional deu o seu nome a un cráter de Mercurio.[42]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reallexikon der Assyriologie,v.2, B-E, 1938, p. 373
- ↑ "En HeduAnna (EnHedu'Anna) philosopher of Iraq – 2354 BCE". Women-philosophers dot com. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2018. "En" significa alta sacerdotisa; coa referencia a Nanna, a Deusa Lúa, o título "heduana" é un epíteto poético da Lúa ("adorno do ceo")
- ↑ Binkley, Roberta (1998). "Biography of Enheduanna, Priestess of Inanna". University of Pennsylvania Museum. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 22 de decembro de 2018. "ca. 2285-2250 B.C.E."
- ↑ Gods, Demons, and Symbols of Ancient Mesopotamia: An Illustrated Dictionary por Jeremy Black e Anthony Green (1992, ISBN 0-292-70794-0), páx. 134 (entrada "Nanna-Suen").
- ↑ Hallo e Van Dijk 1968 páx. 3.
- ↑ Binkley, Roberta (2004). "Reading the Ancient Figure of Enheduanna". Rhetoric before and beyond the Greeks. SUNY Press. pp. 47. ISBN 9780791460993.
- ↑ J Renger 1967: "Untersuchungen zum Priestertum in der altbabylonischen Zeit", Zeitschrift für Assyriologie und vorderasiatische Archäologie. Vol. 58. páx. 118.
- ↑ Meier Tetlow, Elisabeth (2004). Women, Crime, and Punishment in Ancient Law and Society. The ancient Near East. Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-8264-1628-5. Consultado o 29 de xullo de 2011.
- ↑ Roaf, Michael (1992). Mesopotamia and the ancient Near East. Stonehenge Press. ISBN 978-0-86706-681-4. Consultado o 29 de xullo de 2011.
- ↑ 10,0 10,1 Franke, páx. 831
- ↑ ETCSL translation: t.4.07.2
- ↑ ETCSL translation: t.2.1.5
- ↑ Hallo e Van Dijk 1968 páx. 5
- ↑ Mark, Joshua J. "Enheduanna", Ancient History Encyclopedia, 24 de marzo de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2017.
- ↑ 15,0 15,1 Woolley, Leonard. Ur Excavations II: The royal cemetery: a report on the pre-dynastic and Sargonid graves excavated between 1926 and 1931. For the Trustees of the two Museums by the Oxford University Press, Oxford, 1934 páx. 312, 334–335 e 358.
- ↑ Woolley, C.L., Excavations at Ur, páx. 115.
- ↑ Falkenstein, A., "Enhedu'anna, Die Tochter Sargons von Akkade," Revue d'Assyriologie et d'archéologie orientale, Vol. 52, No. 2 (1958), páx. 129-131 (en alemán). JSTOR link. Consultado o 25 de xuño de 2017.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 Hallo, William W. e Van Dijk, J.J.A., The Exaltation of Inanna, Yale University Press (1968).
- ↑ Gadd, C. J., et al., Ur Excavations Texts I – Royal Inscriptions," Trustees of the British Museum and of the Museum of the University of Pennsylvania, Londres, 1928
- ↑ Weadock, P. 1975, "The Giparu at Ur," Iraq 37 (2), páx. 101–128.
- ↑ Westenholz 1989:540.
- ↑ Sjoberg, A. W. e Bergman, S.J 1969 'The Collection of Sumerian Temple Hymns' J.J Augustin Publisher, Nova York páx. 5
- ↑ Sjöberg e Bergman 1969:6–7
- ↑ ETCSL translation: t.4.80.1, versos 543–544
- ↑ Angelfire description
- ↑ Collins, Paul (1994). Papers of from the Institute of Archaeology. The Sumerian Goddess Inanna (3400-2200 BC). UCL. pp. 110–111.
- ↑ Leick, Gwendolyn. "Sex and Eroticism in Mesopotamian Literature" Routledge, Londres, 1994 páx. 112 & 116
- ↑ Leick, Gwendolyn. "Sex and Eroticism in Mesopotamian Literature" Routledge, Londres, 1994 páx. 65
- ↑ Electronic Text Corpus of Sumerian Literature
- ↑ "En_Hedu_Anna". Society_for_the_Study_of_Women_Philosophers. Consultado o 2019-06-18.
- ↑ "EN HEDU'ANNA". 4kyws.ua.edu. Consultado o 2019-06-18.
- ↑ Schmelz, Joan (2013-05-06). "Women In Astronomy: En'hedu'anna - Our First Great Scientist". Women In Astronomy. Consultado o 2019-06-18.
- ↑ Weigle, Marta (Autumn 1978). "Women as Verbal Artists: Reclaiming the Sisters of Enheduanna". Frontiers: A Journal of Women Studies 3 (3): 1–9. JSTOR 3346320.
- ↑ Enheduanna Research Bibliography (2001). Consultado o 25 de xuño de 2017.
- ↑ Barnstone, Aliki, e Barnstone, Willis (1980). A Book of Women Poets from Antiquity to Now, Schocken Books, 1980 ISBN 0805236937, 978080523693; paperback Schocken Press 1981, ASIN: B000P20XU0; Penguin/Random House edition 1992 ISBN 9780805209976
- ↑ Wolkstein, Diane e Samuel Noah Kramer. Inanna: Queen of Heaven and Earth: Her Stories and Hymns from Sumer. Harper & Row, Nova York 1983.
- ↑ De Shong Meador, 2001
- ↑ De Shong Meador, 2009
- ↑ Dalglish, 2008
- ↑ British Council Literature 'Poem for International Women's Day & NINITI International Festival of women writers in Iraq' [1] Arquivado 15 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ "Lines of Resistance". BBC. Consultado o 22 de outubro de 2017.
Interview of Eleanor Robson by Writer and poet Bridget Minamore
- ↑ Mercury Crater-naming Contest Winners Announced, IAU, nota de prensa, abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dalglish, Cass (2008). Humming The Blues: Inspired by Nin-Me-Sar-Ra, Enheduanna's Song to Inanna. Oregon: CALYX Books. ISBN 978-0-934971-92-8.
- De Shong Meador, Betty (2001). Inanna, Lady of Largest Heart: Poems of the Sumerian High Priestess Enheduanna, University of Texas ISBN 0-292-75242-3
- De Shong Meador, Betty (2009). Princess, priestess, poet: the Sumerian temple hymns of Enheduanna, University of Texas Press, ISBN 978-0-292-71932-3
- Franke, Franke, S. "Kings of Akkad: Sargon and Naram-Sin", en Sasson, Jack, M. (1995), Civilizations of the Ancient Near East, Scribener, Nova York. ISBN 978-0-684-19279-6
- Hallo, William W. and Van Dijk, J.J.A. (1986). The Exaltation of Inanna, Yale University Press.
- Roberts, Janet (2004). Enheduanna, Daughter of King Sargon: Princess, Poet, Priestess (2300 B.C.), Transoxiana 8
- Sjoberg, Ake and E. Bermann, E. (1969). The Collection of the Sumerian Temple Hymns, Locust Valley, J.J. Augustin.
- Sjoberg, Ake (1975). In-nin sa-gur-ra: A Hymn to the Goddess Inanna by the en-Priestess Enheduanna, Zeitschrift für Assyriologie und Vorderasiatische Archaeologie 65: 161–253.
- Zgoll, Annette (1997). "Der Rechtsfall der En-hedu-Ana im Lied Nin-me-sarra", (En-hedu-Ana's legal case in the hymn Nin-me-sara) [Ugarit-Verlag, Muenster], 1997.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Find A Grave biography
- Penn Museum Collections Database
- Spotlight on the Disk of Enheduanna Arquivado 09 de decembro de 2023 en Wayback Machine. (Penn Museum Blog)
- Enheduanna on Ancient History Encyclopedia
- Biography of Enheduanna
- The En-hedu-Ana Research Pages
- "En-hedu-Ana: Ornament of the Sky" documentary posted on youtube
- Inana and Ebih: translation (The Electronic Text Corpus of Sumerian Literature)
- The exaltation of Inana: Nin me šar-ra (Inana B): translation (The Electronic Text Corpus of Sumerian Literature)
- A hymn to Inana: In-nin šag gur-ra (Inana C): translation (The Electronic Text Corpus of Sumerian Literature)
- The temple hymns: translation (The Electronic Text Corpus of Sumerian Literature)
- The Enheduanna Society Arquivado 25 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (The Enheduanna Society)
- Project Continua: Biography of Enheduanna