Saltar ao contido

Ed Wood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEd Wood

(1953) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Edward Davis Wood Jr. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edward Davis Wood Editar o valor en Wikidata
10 de outubro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Poughkeepsie, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteenfarte agudo do miocárdio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, escritor, actor de teatro, novelista, montador, actor de cinema, director de cinema, produtor de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor en Wikidata - 1978 Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAnn Gora
John Quinn
William Davis
Dick Trent
Emil Moreau
Akdov Telmig
Johnny Carpenter
Kathleen Everett Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarCorpo de Marines dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Rango militarcabo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoBatalha de Tarawa (pt) Traducir
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaDolores Fuller Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0000248 Allocine: 19568 Rottentomatoes: celebrity/ed_wood Allmovie: p117260 TCM: 1562152
BNE: XX1589770 WikiTree: Wood-30459 Find a Grave: 1670 Editar o valor en Wikidata

Edward D. Wood Jr., máis coñecido como Ed Wood, nado en Poughkeepsie (estado de Nova York) o 10 de outubro de 1924 e finado o 10 de decembro de 1978, foi un director, produtor, guionista, editor e actor de cine estadounidense. Está considerado como o peor director de tódolos tempos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Interesouse desde moi novo polo cine, especialmente polas películas de terror e do oeste. Aos 11 anos os seus pais regaláronlle unha cámara de cine, iniciando así a súa paixón pola industria cinematográfica.

Tras servir na segunda guerra mundial (confesando anos despois ter combatido vestindo roupa interior de muller), estableceuse en Hollywood en 1948. Alí comezou a actuar en obras de teatro á vez que intentaba atopar produtores dispostos a financiar os seus proxectos.

Tras varios intentos infrutuosos, finalmente coñeceu a Alex Gordon, co que escribiu algúns guións e que finalmente o axudou a coñecer a Béla Lugosi, famoso actor de películas de terror durante os anos 30, destacando o seu papel de Drácula, e que, xa na súa etapa crepuscular e tras facerse amigo de Ed, participaría nas súas primeiras películas.

Glen or Glenda, (1953) foi o debut cinematográfico de Ed e a única película non producida polo mítico director. Nela tratábase o controvertido tema do travestismo, nunha época na que este tema non estaba moi de actualidade.

A súa segunda película, Bride of the Monster (1955) supuxo a primeira incursión do peculiar director no xénero de terror, dando o papel protagonista a Béla Lugosi e secundado polo loitador sueco Tor Johnson.

En 1956 morreu Béla Lugosi, feito que significou un duro golpe para Ed, quen, tras varias incursións na televisión e proxectos de menor categoría, finalmente roda en 1959 a que por moitos é considerada a súa peor película (ou mellor, segundo se mire): Plan 9 from outer space. Partindo das últimas escenas que rodou Lugosi en vida (apenas 5 minutos), Ed escribiu o guión en menos de dúas semanas e utilizou metraxe sobrante en estudios doutras películas. Cun orzamento inferior a 6.000 dólares, rodou unha película con moitos buratos e fallos de posta en escena, que dificilmente conseguiu un distribuidor e que, non dando beneficios, foi retirada rapidamente dos teatros e salas onde se estreou.

No momento da súa morte, en 1978 quedara no esquecemento, ata que ese mesmo ano publicouse un libro, The Golden Turkey Awards, que o definía como o peor director de cine de tódolos tempos.

En 1994 Tim Burton rodou a película Ed Wood, con Johnny Depp no papel principal, como homenaxe biográfico ao director.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy