Saltar ao contido

Deuteronomio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moisés explica a Lei. Libro do Deuteronomio. Biblia de Francysk Skaryna (1519)

O Deuteronomio (do grego τὸ Δευτερονόμιον / tò Deuteronomion, "a segunda lei"; hebreo: דְּבָרִים, Devarim, "estas son as palabras") é un dos libros da Biblia.

O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel. Nas Biblias cristiás, atópase antes dos Libros históricos, o primeiro dos cales é o de Xosué.

Comeza cunha sección narrativa onde relata parte dos acontecementos que seguiron á Alianza do Sinaí.

Esta narración serve de prólogo á sección central e con diferenza a máis grande, onde se recollen as leis de Israel. Son presentadas como concreción da Alianza e rexen con bastante detalles practicamente tódolos aspectos da vida, tanto pública como privada.

Remata con outra seción narrativa onde relata a fin do éxodo polo deserto e a morte de Moisés no monte Nebo, xa á vista da Terra Prometida, pero sen que Deus lle permita entrar nela.

Das catro fontes autoras do Pentateuco, o Deuteronomio é obra exclusiva da deuteronomista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Libro anterior:
Números
Deuteronomio
(Pentateuco)
Libro seguinte:
Xosué
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy