Saltar ao contido

Danzón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O danzón é un xénero bailábel de orixe cubana derivado da danza crioula e creado polo compositor matancero Miguel Failde Pérez en 1879. Forma parte da música tradicional de Cuba e tamén da de México.

O nome deste xénero musical non é máis que o aumentativo de danza, aquel baile colectivo de figuras. Na segunda metade do século XIX a danza crioula estaba moi de moda; cristalízase entre fins do século XIX e principios do XX. En Cuba interprétase con maioría de instrumentos de vento, con piano, frauta, violíns e percusión. En México agregáronse saxofóns ás orquestras de danzón - denominadas danzoneras -, e tamén o xénero é interpretado por mariachis e marimbas.

En 2013, o danzón foi declarado patrimonio inmaterial de Cuba.[1]

  1. "Declaran al baile nacional de cuba, el danzón, 'Patrimonio Inmaterial'" (en castelán). 25 de novembro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy