Saltar ao contido

Concilio Vaticano Primeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O concilio vaticano.

O Concilio Vaticano Primeiro foi o primeiro Concilio ecuménico que se celebrou na cidade do Vaticano, chamado tamén Concilio Ecuménico Vaticano I. O Papa Pío IX convocouno en 1869 para enfrontar o racionalismo e o galicanismo. Neste Concilio aprobouse como dogma de fe a doutrina da infalibilidade papal.

Tivo catro sesións:

  1. Primeira Sesión: celebrada o 8 de decembro de 1869 co Decreto de apertura do Concilio.
  2. Segunda Sesión: celebrada o 6 de xaneiro de 1870 coa Profesión de Fe.
  3. Terceira Sesión: celebrada o 24 de abril de 1870 e que concluíu coa aprobación da Constitución Dogmática Dei Filius sobre a fe católica.
  4. Cuarta Sesión: celebrada o 18 de xullo de 1870 concluíndo coa aprobación da Constitución Dogmática Pastor Aeternus sobre a Igrexa de Cristo que declara o dogma da infalibilidade papal.

O concilio tivo que ser suspendido por Pío IX o 20 de outubro de 1870, despois de consumarse, por plebiscito, a unión a Italia dos Estados Pontificios.

Nun principio non parecía necesario un novo concilio para afrontar asuntos non tratados no anterior Concilio de Trento, polo que ó convocar Pío IX o Concilio Vaticano I obtivo unha reacción maioritaria de sorpresa. A situación do Concilio era distinta á de concilios anteriores, pois neste non predominou o espírito reformista do último concilio.

Desde o inicio sabíase que o tema da infalibilidade do papa sería o argumento principal deste concilio ecuménico, de modo que a nova doutrina reforzaría a autoridade papal. Ó comezo o programa de temas a tratar era moi extenso. Preponderou a necesidade de falar máis da Igrexa. Tamén era necesario falar da relación entre fe e razón, por ser un tema relevante en tempos do iluminismo e o desafío que isto supuña para a Igrexa, ó igual que outros descubrimentos científicos como o evolucionismo, que parecían cuestionar as teorías cristiás máis tradicionais. Outro tema a tratar eran as grandes misións católicas da época. Todo isto e moitas outras cosas foron preparadas, pero desde o inicio o concilio foi ameazado por dúas guerras inminentes: a guerra franco-prusiana e o feito de que Roma estaba rodeada polo exército italiano para a unificación. Estas dúas situacións obrigaron a regresar ós bispos ás súas sés.

Finalmente só se puideron promulgar dúas constitucións:

- Constitutio dogmatica de fide catholica.

- Constitutio dogmatica prima de ecclesia Christi. O cuarto capítulo trata o concepto da infalibilidade papal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy