Saltar ao contido

Charles Louis Alphonse Laveran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles Louis Alphonse Laveran

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Alphonse Laveran Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1845 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1922 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand
Faculté de médecine de Strasbourg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseÉmile Küss Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMalaria e medicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmicrobiólogo, botánico, parasitólogo, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Pasteur
French Defence Health service (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaLaveran Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSophie-Marie Pidancet Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лаверан Шарль Луи Альфонс)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1339071 Find a Grave: 22991492 Editar o valor en Wikidata

Charles Louis Alphonse Laveran, nado en París o 18 de xuño de 1845 e finado en París o 18 de maio de 1922, foi un médico francés, premio Nobel de Medicina en 1907.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Militar de Medicina de Estrasburgo e serviu como cirurxián do exército na guerra franco-prusiana. En 1878 foi enviado a Alxeria como membro da Escola Militar de Medicina de Val-de-Grâce, onde se dedicou a estudar o paludismo. Froito destes estudos foi o descubrimento do plasmodio, parasito produtor da enfermidade, aínda que non conseguiu determinar o mecanismo de transmisión da malaria, que sería descuberto por Ronald Ross uns anos máis tarde.

O 6 de novembro de 1880 observou por primeira vez no microscopio -nun preparado de sangue dun enfermo de paludismo-, corpúsculos móbiles, que debuxou e describiu de maneira detallada. "Trátase de células pigmentadas, redondas ou curvadas en forma de media lúa, que se moven como amebas".

En 1894 pasou a prestar servizos no Instituto Pasteur de París, que chegou a dirixir máis tarde. En 1907 fundou o Laboratorio de Enfermidades Tropicais do mesmo Instituto.

Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1907 «en recoñecemento do seu traballo relativo ó papel desempeñado polos protozoos na orixe das enfermidades».

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy