Saltar ao contido

Camilo de Lelis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCamilo de Lelis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1550 Editar o valor en Wikidata
Bucchianico (Reino de Nápoles) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xullo de 1614 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPastoral Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , enfermeiro Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCamilianos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de xullo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX873902 Find a Grave: 8512186 Editar o valor en Wikidata

Camilo de Lelis, nado en Bucchianico di Chieti o 25 de maio de 1550 e morto en Roma o 14 de xullo de 1614, foi o fundador da chamada Orde dos Camilianos adicada ao coidado dos enfermos. Patrón dos doentes, dos hospitais e do persoal hospitalario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De carácter pendencieiro, enrolouse como soldado no exército de Venecia e enfermou dunha perna. Afección que lle duraría toda a vida. Ingresou no hospital de Santiago en Roma, pero foi expulsado por rebuldeiro. Volveu á milicia e levou unha vida disipada, escravo, segundo el xulgaba de si mesmo, da avaricia e outros pecados capitais. Perdeu todo nos xogos de azar, polo que, para subsistir, decidiu traballar na construción dun convento de franciscanos capuchinos en Manfredonia. O exemplo e as prédicas destes, movérono á conversión. Quixo ingresar na orde capuchina, pero a enfermidade na perna impediullo.

Volveu entón ao hospital de Santiago onde se consagrou ao coidado dos enfermos máis graves, repulsivos e abandonados, chegando a ser superintendente do centro sanitario. Vítima de acusacións e diversas calumnias, púxose baixo a dirección espiritual de Filipe Neri, dinamizador do hospital, quen o animou a ordenarse sacerdote.

Posteriormente, contra o criterio daquel, decidiu independizarse do hospital e asociarse a outros que quixeran compartir a tarefa de atender aos doentes máis graves e marxinais. Foise creando, deste xeito, a orde dos Servos dos Enfermeiros. Mediante a observación e a atención aprenderon como previr, aliviar e curar enfermidades, os efectos da dieta na saúde e idearon un sistema de organización eficaz de coidado de enfermos en pavillóns. Insistiron teimosamente na necesidade de asegurarse completamente da morte antes do enterramento.

En 1585, prescribiu á súa xa numerosa congregación o voto de atender aos enfermos infecciosos e os enfermos graves en casas particulares, así como aos prisioneiros que malvivían en condicións infrahumanas na cadea. En 1588, iniciaron a práctica de acudir aos barcos con infecciosos que, por esa razón, tiñan prohibido achegarse a porto. Ese mesmo ano morreron infectados na costa de Nápoles varios membros da congregación. En 1591, Gregorio XIV elevou a congregación á categoría de orde (Ordo Clericorum Regularum Ministrantium Infirmis). O 8 de decembro de 1591, fixeron profesión de fe engadindo un cuarto voto no que se comprometían á atención dos enfermos incluso poñendo en risco a propia vida. En 1595, enviou aos seus irmáns a atender aos feridos nas frontes de guerra. Coincidiu con Xosé de Calasanz no seu labor de coidado de doentes nos suburbios de Roma. En 1607, renunciou á dirección da súa orde. Moi debilitado, sen apenas poder comer e con fortes dores, impedía enerxicamente ser atendido e mandaba aos seus irmáns a que coidaran outros enfermos.

Foi canonizado en 1746 por Bieito XIV. A súa festividade é o 14 de xullo. Os camilianos están presentes en 28 países do mundo.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy