Saltar ao contido

Brigadas Internacionais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira das Brigadas Internacionais
Soldados das Brigadas Internacionais.

As Brigadas Internacionais constituían unidades militares do exército da Segunda República Española durante a Guerra Civil formadas por voluntarios de diferentes países para loitar contra o exército franquista.

Estímase que houbo 59 380 brigadistas estranxeiros de 54 países, dos cales morreron 9934, aínda que o total de militantes foi 35 252, non superando os 20 000 ao tempo, na súa maioría non foron soldados senón traballadores recrutados polos partidos comunistas de cada país[Cómpre referencia]. Os franceses constituíron a nacionalidade máis importante[Cómpre referencia]. A súa base estaba en Albacete.

A idea das Brigadas Internacionais partiu do Komintern, nun principio o goberno da República rexeitou a idea, pero logo diante as dificulades da guerra autorizouna formalmente o 23 de outubro[Cómpre referencia]. A sede internacional de recrutamenteo estableceuse en París e o núcleo das primeiras Brigadas Internacionais estableceuse con 300 dos atletas que acudiran aos Xogos Populares de Barcelona e que decidiran organizar unha brigada para combater en España[Cómpre referencia].

As Brigadas participaron na defensa de Madrid de 1936, as batallas do río Jarama, Guadalaxara, Brunete, Teruel, Aragón e o Ebro. O 23 de setembro de 1938 disolveuse ao chegar un acordo o goberno republicano co Comité de non intervención[Cómpre referencia].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy