Bridge of Spies (filme)
Bridge of Spies | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | Steven Spielberg Marc Platt Kristie Macosko Krieger |
Guión | Matt Charman Joel Coen Ethan Coen |
Intérpretes | Tom Hanks Mark Rylance Amy Ryan Alan Alda |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Janusz Kamiński |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | DreamWorks Pictures Fox 2000 Pictures Reliance Entertainment Participant Media TSG Entertainment Afterworks Limited Studio Babelsberg Amblin Entertainment Marc Platt Productions |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures (Estados Unidos) 20th Century Fox |
Estrea | 4 de outubro (Festival de Cinema de Nova York) 16 de outubro (Estados Unidos de América); 30 de novembro de 2015 (Première en Madrid) España, 4 de decembro de 2015 . |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama histórico Suspense |
Orzamento | 40.000.000 $[1] |
Recadación | 162.737.348 $[2] |
Na rede | |
http://bridgeofspies.com/ | |
|
Bridge of Spies (literalmente en galego: Ponte de espías) é un filme dramático de 2015, dirixido por Steven Spielberg e escrito por Matt Charman, Joel Coen e máis Ethan Coen. O filme está protagonizado por Tom Hanks, Mark Rylance, Amy Ryan e Alan Alda. Baséase na detención do espía ruso Rudolf Abel en 1957 e o denominado Incidente do U-2, ocorrido o primeiro de maio de 1960, durante a guerra fría.
A rodaxe comezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York. Touchstone Pictures estreou o filme nos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015 e a 20th Century Fox distribúeo no resto do mundo. En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.
O filme foi nomeado coma mellor filme nos premios Óscar de 2015, que tivo lugar o 28 de febreiro de 2016. Finalmente conseguiu o Óscar ó mellor actor secundario para Mark Rylance.
Enredo
[editar | editar a fonte]O filme narra os feitossucedidos en 1957 en América do Norte da detención do espía ruso Rudolf Abel e a súa acusación, cuxa defensa encargouse o avogado James B. Donovan e tamén o posterior Incidente do U-2, ocorrido en 1960, no que un avión norteamericano caeu derrubado na Unión Soviética, en plena guerra fría. A Donovan encomendóuselle negociar o troco de Francis Gary Powers, o piloto do avión estadounidense derrubado, por Rudolf Abel.[3]
Elenco
[editar | editar a fonte]- Tom Hanks como James B. Donovan
- Mark Rylance como Rudolf Ivanovich Abel
- Amy Ryan como Mary McKenna Donovan
- Alan Alda como Thomas Watters
- Scott Shepherd como Hoffman
- Austin Stowell como Francis Gary Powers
- Billy Magnussen como Doug Forrester
- Eve Hewson como Carol Donovan
- Sebastian Koch como o avogado alemán Foguel
- Jesse Plemons como Murphy
- Peter McRobbie como Allen Dulles
Produción
[editar | editar a fonte]Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]St. James Place foi dada a Matt Charman, que escribiu os primeiros inicios do guión. Despois presentoullo a DreamWorks, cuxo cofundador Steven Spielberg atopouno interesante e decidiu dirixilo.[4] Marc Platt e Kristie Macosko Krieger uníronse coma produtores xunto a Spielberg. Joel Coen e mais Ethan Coen revisaron o guión orixinal de Matt Charman. En xuño de 2014, 20th Century Fox estivo de acordo en financiar lo filme coa DreamWorks e Participant, cos dereitos de distribución sendo divididos entre a Disney e a Fox.[5]
Elección do elenco
[editar | editar a fonte]En maio de 2014, anunciouse que Tom Hanks sería James B. Donovan e Mark Rylance sería o co-protagonista xusto a Hanks. Amy Ryan, Alan Alda, Billy Magnussen e Eve Hewson, tamén estarían no filme.[6][7] Participant Media co-producirá a película.[8]
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe empezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York.[9] O 14 de setembro, a filmación ocorreu en DUMBO.[10] O 15 de setembro, continuou en Astoria, entre o Parque Astoria e Ditmars Boulevard. A filmación foi feita en 18 Street e a Avenida 26 en Astoria.[11][12] O 26 de setembro, a filmación ocorreu en Henry Street e Love Lane en Brooklyn Heights.[13] O 19 de setembro, en Hicks Street e Pineapple Street.[14]
A comezos de outubro, despois de rematar a rodaxe en Nova York, a produción continuou nos Babelsberg Studio en Berlín e Potsdam (Alemaña).[15] A filmación empezou no Aeroporto de Berlín-Tempelhof en outubro. Angela Merkel visitou o set.[16] A fotografía principal terminou o 4 de decembro. A filmación tamén tivo lugar en Wrocław, Polonia en novembro[17].
Posprodución
[editar | editar a fonte]O 2 de outubro de 2014, Michael Kahn foi confirmado como o editor do filme.[18]
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme tivo a súa estrea o 4 de outubro no Festival de Cinema de Nova York e o 16 de outubro de 2015 nos Estados Unidos.[19][20] En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.
A Walt Disney Studios Motion Pictures distribúe o filme en América do Norte por Touchstone Pictures.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Entre outro premios o filme está nomeado con seis estatuillas para os premios Óscar 2015, que terán lugar o 28 de febreiro de 2016. Entre os nomeamentos figuran:
Premio | Categoría | Receptor | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
88ª edición dos Óscar | Mellor filme | Kristie Macosko Krieger, Marc Platt e Steven Spielberg | Nomeada | [21] |
mellor actor secundario | Mark Rylance | Gañador | ||
Mellor guión orixinal | Matt Charman, Joel e mais Ethan Coen | Nomeado | ||
Mellor banda sonora | Thomas Newman | Nomeado | ||
Mellor deseño de produción | Adam Stockhausen, Bernhard Henrich e Rena DeAngelo | Nomeado | ||
Mellor son | Drew Kunin, Andy Nelson e Gary Rydstrom | Nomeado | ||
Globos de Ouro | Mellor actor secundario | Mark Rylance | Nomeado | [22] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Box office / business for Bridge of Spies (2015)". IMDb (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2015.
- ↑ "Bridge of Spies". Box Office Mojo (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2015.
- ↑ "Four Cast in Steven Spielberg's Untitled Cold War Spy Thriller". Dreamworks Studio. 21 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2014.
- ↑ Siegel, Tatiana (24 de xullo de 2014). "Novice Screenwriter on Selling His First Script to Steven Spielberg: 'Exhilarating and Nerve-Racking'". The Hollywood Reporter. Consultado o 5 de novembro de 2014.
- ↑ Ge, Linda (20 de xuño de 2014). "Fox to Co-Finance Steven Spielberg's Cold War Thriller Starring Tom Hanks". The Wrap. Consultado o 23 de agosto de 2014.
- ↑ Bahr, Lindsey (16 de xuño de 2014). "Steven Spielberg's Cold War thriller and 'The BFG' snag release dates". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2014.
- ↑ "Amy Ryan, Alan Alda Join Tom Hanks in Steven Spielberg’s Cold War found Thriller". variety.com. 21 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014.
- ↑ "Participant Joins DreamWorks On Spielberg Cold War Pic & ‘The Light Between Oceans’". deadline.com.
- ↑ "Steven Spielberg’s Untitled Cold War Thriller is filming in Brooklyn this weekend". onlocationvacations.com. 12 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2014.
- ↑ Frost, Mary (7 de outubro de 2014). "DUMBO transformed for Spielberg Film". brooklyneagle.com. Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ http://weheartastoria.com/2014/09/spielbergs-st-james-place-is-filming-in-astoria/
- ↑ "Steven Spielberg spotted on the set of 'St James Place' in Astoria". onlocationvacations.com. 16 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 18 de setembro de 2014.
- ↑ Bindelglass, Evan (29 de setembro de 2014). "Tom Hanks, Steven Spielberg Film ‘St. James Place’ In Brooklyn Heights". brooklynnews.net. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ Fink, Homer (29 de setembro de 2014). "Spielberg Transforms Perfect Paws into a 1960s Dress Shop and He Will Make It Rain Monday Night in Brooklyn Heights". brooklynheightsblog.com. Consultado o 12 de ouctubro de 2014.
- ↑ Blaney, Martin (1º de outubro de 2014). "Race producers plan to re-team". SCREENDAILY. Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ http://www.morgenpost.de/berlin/article134825500/Merkel-besucht-Spielberg-und-Hanks-auf-Glienicker-Bruecke.html
- ↑ "Spielberg to shoot spy thriller in Wroclaw". thenews.pl. 22 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2014.
- ↑ Caranicas, Peter (2 de outubro de 2014). "Below the Line Bookings". variety.com. Consultado o 3 de outubro de 2014.
- ↑ McNary, Dave (16 de xuño de 2014). "Tom Hanks-Steven Spielberg Cold War Thriller Set for Oct. 16, 2015". Variety. Consultado o 6 de xuño de 2014.
- ↑ "Release Info for Bridge of Spies (2015)". IMDb (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2016.
- ↑ "Full List of Golden Globe Film and Television Nominations". Consultado o 2015-12-11.
- Filmes de 2015
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Steven Spielberg
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes con banda sonora de Thomas Newman
- Filmes de Participant Media
- Filmes de TSG Entertainment
- Filmes de Amblin Entertainment
- Filmes sobre política
- Filmes de DreamWorks
- Filmes de Touchstone Pictures
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes rodados en Berlín
- Filmes de espionaxe
- Filmes de suspense
- Filmes sobre avogados
- Filmes ambientados en 1957
- Filmes ambientados en 1960
- Filmes ambientados en Paquistán
- Filmes ambientados en Berlín
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes ambientados na Unión Soviética
- Filmes ambientados en Washington, D.C.
- Filmes sobre a Guerra Fría