BookCrossing
O BookCrossing é un movemento nacido nos Estados Unidos que se caracteriza por poñer en práctica a liberación de libros en espazos públicos para que outros o atopen, os lean e volvan liberalos.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O obxectivo é transformar o mundo enteiro nunha biblioteca, no canto de manter os libros parados nas súas librerías, de xeito que o acceso á cultura, e especialmente á lectura, sexa verdadeiramente universal.
Tamén o termo BookCrossing fai referencia á comunidade virtual xerada en torno do sitio web que foi creado coa intención de seguir o traxecto dos libros rexistrados e liberados, a través dun número identificador escrito dentro de cada un dos libros.
O BookCrossing foi creado en marzo do 2001 por Ron Hornbaker, socio da Humankind Systems, Inc. O 17 de abril a idea concretouse no lanzamento do sitio en Internet. Dende entón o BookCrossing creceu de xeito exponencial, tornándose un movemento global. O 31 de marzo do 2010 a comunidade internacional do BookCrossing contaba xa con 852.371 membros e 6 221 685 libros rexistrados.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [1] Arquivado 01 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Livro Livre (en portugués)