Saltar ao contido

Autonoe (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Autonoe (ou en grego Αυτονόη), tamén coñecida coma Xúpiter XXVIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal S/2001 J 1.[1][2][3]

Autonoe ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,264 millóns de kms, tarda 772,168 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (150° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,369. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003, Autonoe na mitoloxía grega era unha das 'conquistas' de Zeus (Xúpiter),[4] nai das Cárites ou Gracias segundo algúns autores.[5]

  1. IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio do 2002 (descubrimento)
  2. MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
  3. MPEC 2002-V03: S/2001 J 1 1 de novembro do 2002 (efemérides revisadas)
  4. "IAU Website: Satellites of Jupiter, Saturn and Uranus". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 02 de novembro de 2010. 
  5. USGS Astrogeology: Gazetteer of Planetary Nomenclature - Planetary Body Names and Discoverers

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy