Saltar ao contido

Apófise coronoide cubital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apófise coronoide

A apófise coronoide ou proceso coronoide é unha formación ósea pertencente ao cúbito. É unha apófise horizontal, situada de xeito perpendicular á apófise olecraniana. Ten forma de pirámide tumbada.

A base está soldada ao resto do óso, mentres que o vértice é libre en posición anatómica. En flexión máxima, a apófise coronoide é acollida pola fosa coronoide umeral.

A superficie superior é lisa e constitúe unha superficie articular para a articulación umerocubital do cóbado. A superficie inferior é irregular e serve para a inserción do músculo braquial anterior. No punto de unión ao resto do óso fórmase unha tuberosidade, denominada tuberosidade cubital, onde se insire parcialmente o músculo braquial anterior. No bordo lateral ou externo da tuberosidade é o lugar de implantación do ligamento oblicuo do cóbado. É posible atopar nesta superficie as febras de orixe do músculo flexor longo do polgar, aínda que é inconstante.

A superficie medial ou interna é o lugar de inserción do ligamento lateral interno do cóbado. Na parte máis anterior insírese o músculo flexor común fondo dos dedos da man e moi preto, sobre unha crista ósea, o músculo pronador redondo.

A superficie lateral posúe unha pequena faceta articular, a cavidade sigmoide menor, para artellarse co radio, na articulación radiocubital superior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy