Saltar ao contido

Amando Suárez Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmando Suárez Couto
Biografía
Nacemento4 de maio de 1894 Editar o valor en Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 1981 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

BNE: XX948065

Amando Suárez Couto, nado en Ribadeo o 4 de maio de 1894 e finado o 14 de outubro de 1981, foi un pintor galego, irmán de Enrique, primeiro director da Granxa Escola Pedro Murias[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Monólito Corredoira irmáns Suárez Couto no monte de Santa Cruz, Ribadeo

Estudou debuxo na Escola de Artes e Industrias de Madrid, comezando a súa obra polo estudo da paisaxe e as persoas de Galiza en obras como Romería de Sta. Cruz ou O Cego. Pasou logo en 1931 á influencia do postimpresionismo francés (O mineiro, Xogadores de xadrez).

No 1932 pasou a vivir en Madrid e montou unha granxa de pitos en Vicálvaro co seu irmán Luis. Na guerra civil, asinou un contrato co Partido Comunista para abastecer a Madrid, o que fixo que fose represaliado despois da caída de Madrid, aínda que seguiu a vivir en Vicálvaro.[2]

Despois da guerra civil española realizou outras obras que son consideradas de menor importancia. Tamén son mencionables as súas achegas no campo do debuxo e a ilustración, como os gravados en buxo que ilustran a obra Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza. Realizou plumillas como O aforcado ou A morte do arlequín, nas que se observa o tratamento do clarescuro. Foi ilustrador de diversas revistas e director artístico da revista de artes e letras Orientaciones. Ten celebrado exposicións individuais en cidades como París, Buenos Aires, Madrid ou Barcelona.

  1. "Gregorio Sanz 1". Consultado o 2019-08-25. 
  2. Biografía en Leonfelipe.org, a través de web.archive.org: https://web.archive.org/web/20120628003324/http://leonfelipe.org.es/BiografiaAmandoSuarezCouto.html

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy