Saltar ao contido

Alentexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlentexo
Alentejo (pt) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°N 8°O / 38, -8
EstadoPortugal
NUTS 1 (pt) TraducirPortugal continental Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación705.478 (2018) Editar o valor en Wikidata (22,35 hab./km²)
Xeografía
Superficie31.567 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
Código NUTSPT18 Editar o valor en Wikidata

Localización da rexión (NUT II) de Alentexo. Vermello: Alentexo; Verde bosque: parte do Ribatexo incluída na rexión NUTSII de Alentexo; Verde cal: Parte do Ribatexo incluída na rexión NUTSII do Centro; Verde esmeralda: parte do Ribatexo incluída na Rexión de Lisboa

O Alentexo[1][2][3] (en portugués: Alentejo) é unha rexión (NUTS II) portuguesa. Abrangue unha área de 31.152 km² (o 33% do territorio continental portugués) e ten unha poboación de 770.265 habitantes (o 8% da poboación continental portuguesa). A rexión propiamente dita de Alentejo (sen Lezíria do Tejo) ten 511.157 habitantes e unha área de 27.276 km².

Comprende integramente os distritos de Portalegre, Évora e Beja, e as metades sur dos distritos de Setúbal e de Santarém. Limita ao norte coa Rexión Centro, ao noroeste coa Rexión de Lisboa, ao leste con España, ao sur co Algarve e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue 58 concellos (18,8 % do total portugués) pertencentes a cinco subrexións estatísticas (NUTS III): Alentexo Central, Alentexo Litoral, Alto Alentexo, Baixo Alentexo e Lezíria do Texo.

A división actual non coincide coa antiga rexión tradicional do Alentexo (que non constituía unha provincia por si, aínda que o Alentexo era considerado como a unión das dúas provincias do Alto e Baixo Alentexo), a cal era lixeiramente menor que a actual: incluía apenas os distritos de Évora e Beja (na súa totalidade), case todo o distrito de Portalegre (agás o concello de Ponte de Sôr, que formaba parte do Ribatexo), e a metade sur do de Setúbal (os concellos dese distrito que forman parte da actual rexión do Alentexo Litoral, a saber: Alcácer do Sal, Grândola, Santiago do Cacém e Sines).

O seu topónimo fai referencia aos terreos situados máis alá do río Texo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O Alentexo é unha rexión cun relevo baixo, formada por solos ácidos, e cun clima mediterráneo con influencia oceánica. Nas súas devesas crecen a meirande parte das sobreiras de Portugal, que fan deste país o primeiro produtor mundial de cortiza con preto do 50% da produción total[Cómpre referencia]. Tamén foi a última rexión portuguesa na que viviu o lince ibérico.

As súas costas están pouco urbanizadas a causa do forte vento que vén do océano, o cal favorece a formación de grandes sistemas dunares.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alentexano.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Gran dicionario século21 da lingua galega. Editorial Galaxia. 2006. p. 1440. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy