Monumento
Un monumento é un tipo de estrutura que foi creada para conmemorar unha persoa ou evento importante, ou que se volveu importante para un grupo social porque lembra a un tempo histórico ou unha cultura herdada, ou tamén pode ser un exemplo de arquitectura histórica. O termo 'monumento' é empregada a miúdo en edificios ou estruturas que son considerados exemplos de herdanza arquitectónica ou cultural importante.[1]
Creación e funcións
editarOs monumentos foron creados dende hai miles de anos, e adoitan ser os máis duradeiros símbolos das civilizacións antigas. Os túmulos e dolmens prehistóricos, así como outras estruturas semellantes foron creados en numerosas culturas prehistóricas por todo o mundo, e as diversas formas destas tumbas monumentais dos membros máis ricos e poderosos da sociedade son a fonte da maioría da información que se ten sobre esas culturas.[2] A medida que as sociedades foron evolucionando e organizándose mellor, creáronse monumentos meirandes, e as pirámides exipcias, o Partenón grego, a Gran Muralla Chinesa, o Taj Mahal indio ou os moai da Illa de Pascua convertéronse en símbolos desas civilizacións. En épocas máis recentes, estruturas monumentais como a Estatua da Liberdade e a Torre Eiffel son emblemas icónicos das modernas nacións-estado. O termo monumentalidade refírese polo tanto ó status simbólico e á presenza física do monumento.
O monumentos tamén son usados para mellorar a aparencia dunha cidade ou dun lugar. Cidades planeadas como Washington, D.C., Nova Deli e Brasilia foron construídas arredor de monumentos. Por exemplo, a localización do Monumento a Washington foi concibido por L'Enfant para axudar a organizar o espazo público da cidade, antes de que fose deseñada ou construída. Cidades antigas teñen monumentos situados en lugares que xa son importantes ou son redeseñadas para centrar a atención nun concreto. Como Shelley suxeríu no seu famoso poema "Ozymandias" ("Ollade as miñas obras, oh Poderosos, e perdede a esperanza!"), o propósito dos monumentos é o de impresionar ou atemorizar.
Notas
editar- ↑ "Preserving Cultural Heritages". wmf.org. World Monument Fund. Consultado o 23 de outubro de 2013.
- ↑ Patton, Mark (1993) Statements in Stone: Monuments and Society in Neolithic Brittany. Routledge, London, ISBN 0415067294, pp. 1–7
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monumento |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de monumento |