A economía de Macedoniado Norte evolucionou cara a unha economía máis liberalizada, cun tecido empresarial mellorado,[1] dende que acadou a independencia de Iugoslavia en 1991, que privou o país dos seus mercados protexidos clave e os grandes pagos de transferencia dende Belgrado. Antes da independencia, Macedonia do Norte era a república máis pobre de Iugoslavia (representando só o 5% da produción federal total de bens e servizos). A ausencia de infraestruturas, as sancións das Nacións Unidas sobre o seu principal mercado, a República Federal de Iugoslavia,[2] e o embargo económico grego obstaculizaron o crecemento económico até 1996.
↑The World Factbook (ed.). "Europe :: Macedonia". Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de febreiro de 2018.