Aciveiros
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Concello | Lubián | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49574 | |||
Aciveiros (en castelán e oficialmente Aciberos) é unha localidade do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).[1]
Situación
[editar | editar a fonte]Encóntrase situado ao noroeste da provincia de Zamora, preto da provincia galega de Ourense e da rexión histórica portuguesa de Trás-os-Montes. Pertence ás Portelas ou Alta Seabra, unha subcomarca da bisbarra histórica e tradicional da Seabra.
Situado en plena rota do Camiño de Santiago Xabrés, o seu nome significa "o lugar dos acivros". Encóntrase arrodeado de bosques de carballos e breixos, aínda que tamén hai castiñeiros, algúns deles centenarios. É unha zona xenerosa en auga que recollen as súas múltiples fontes. Do seu patrimonio destaca a pequena ermida de Santa Ana, cunha bonita espadana con toques barrocos, e a súa igrexa parroquial da virxe do Carme. Tamén sobresae o seu rico patrimonio etnográfico, como os numerosos muíños de auga e fornos de cocer pan, todos eles datados entre os séculos XV e XVIII.
É unha das localidades bilingües da provincia de Zamora, xa que os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Do seu patrimonio destaca:[3]
- A igrexa parroquial da Virxe do Carme está situada á saída da aldea. Trátase dun edificio sinxelo, cun pequeno pórtico de tres arcos e cuberta en curva feita en cemento. Neste templo, os espazos do adro son utilizados como cemiterio.
- A ermida de Santa Ana atópase situada á entrada do lugar. De reducida dimensión, conta cunha rechamante espadana con toques barrocos e pequeno vestíbulo aberto.
- Conta con varios muíños de auga, un deles localizado na praza da Mallada e que está datado no século XV. Existen outros dous encóntranse na "sobre aldea" e datados en época posterior, cara ao século XVIII.
- Tamén conta con dous fornos de cocer pan, ambos os dous situados na praza da Mallada e na Porta da Rosalía. Estes foron datados nos séculos XV e XVIII, respectivamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lubián na páxina web da Deputación de Zamora". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013.
- ↑ "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2013.
- ↑ "Información xeral sobre Aciberos". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013.