Content-Length: 108883 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Hippy

Hippy - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Hippy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dous hippies no Festival de Woodstock en 1968

Chámase hippy[1] o movemento contracultural dos anos 1960, así como tamén aos seguidores do dito movemento. A palabra inglesa hippie deriva do inglés hip, ou de hipster que adoita usarse para describir á subcultura previa dos beatniks (non confundir con Xeración Beat), que tamén tivo como base importante a cidade estadounidense de San Francisco (California) e o seu distrito Haight-Ashbury.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Furgoneta relacionada co movemento hippy.

Esta nova subcultura herdou algúns valores contraculturais da Xeración Beat e en menor grao do naturismo alemán, e en determinados casos crearon as súas propias comunidades intencionais.

Escoitaban rock psiccodélicco e folk contestatario, abrazaban a revolución sexual e crían no amor libre. Algúns participaron o activismo radical e o uso de drogas como o cánnabis, DMT o LSD e outros alucinóxenos coa intención de acadar estados alterados de conciencia, en realidade un xeito de rebelarse pola homoxeneidade de conceptos que ofrece o Sistema. Tamén buscaron formas de experiencia pouco usuais, como a meditación. Debido ao seu rexeitamento ao consumismo adoitaban optar pola simplicidade voluntaria, xa fora por motivacións hedonistas, espirituais-relixiosas, artísticas, políticas, ou ecoloxistas.

A finais dos anos sesenta nos Estados Unidos os hippies constituíron unha corrente xuvenil masificada, para despois quedar pasada de moda (anticuada), mais as seguintes xeracións chamadas neohippies manterían vivo o movemento como unha subcultura establecida de moitas formas e con novas xeracións até hoxe. Así pois, emerxeron fenómenos como a Rainbow Family, a escena psytrance e goa trance ou os deadheads e phishheads. En tanto pequenos enclaves de hippies orixinais e neohippies continúan desenvolvendo en parte este estilo de vida, aínda que con algunhas modificacións, ben na cidade ou no campo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Hippy

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy