Content-Length: 80951 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Garage_rock

Garage rock - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Garage rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garage rock
Orixe musicalrock and roll, rockabilly, beat, R&B, soul, blues, surf rock, rock instrumental, Invasión Británica
Orixe culturalfinais dos 50 nos Estados Unidos
Instrumentos típiccosguitarra eléctrica, baixo, batería, teclados, pandeireta, harmónica
Derivadospunk rock - garage rock revival - power pop - glam rock - indie rock - rock psiccodélicco - protopunk - hard rock - krautrock - punk blues - psychobilly
Subxéneros
acid punk - garage punk

O garage rock é unha forma sinxela e crúa de rock and roll creada por varias bandas de Estados Unidos a mediados dos anos sesenta. Inspirados por bandas da Invasión Británica como The Kinks ou The Who, estes grupos tocaban unha variación destes estilos de música.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O termo "rock de garaxe" ven da percepción de que moitos dos seus intérpretes eran novos e inexpertos, posuían escasa preparación como músiccos e a miúdo ensaiaban nun garaxe. A música destas bandas era polo xeral moito menos elaborada que a música que os inspiraba, pero estaba repleta de paixón e enerxía. A maior parte das bandas utilizaban sinxelas secuencias de notas oitavas e quintas debido a que os amplificadores da época posuían moita distorsión a un volume alto, se sobresaturaban e co uso desas notas, xunto cunha batería agresiva e unhas letras pegadizas, evitábase este problema.

Centos de bandas de garaxe apareceron nos Estados Unidos, pero só unha minoría - Shadows of Knight, Count Five, The Seeds, The Standells - tiveron éxito, e a maioría quedaron relegadas ao esquecemento. De feito, case todas as bandas estaban xa esquecidas a comezos dos anos setenta. Aínda que o centro dos Estados Unidos produciu moitos dos exemplos mellor coñecidos do rock de garage, había moitas bandas orixinarias da costa oeste dos Estados Unidos e de Australia, por exemplo Cosmic Psychos.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Garage_rock

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy