Content-Length: 142305 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Cova

Cova - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O interior dunha caverna en Alabama, USA
Caverna do Acsibi
Cova dos verdes, Lanzarote

Unha cova, caverna, espenuca, gruta, furna ou pala é unha abertura ou cavidade na superficie da codia terrestre.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

As covas poden clasificarse segundo varios parámetros:

  • pola localización xeográfica:
  • pola ontoxenia ou causas da formación:
  • pola dirección de desenvolvemento:
    • simas, cando son fundamentalmente verticais, coma a máis grande de Europa, a Sima de San Martín, nos Pireneos entre España e Francia;
    • covas xenéricas, cando son principalmente horizontais;

Distribución

[editar | editar a fonte]

En Galicia existen principalmente tres zonas con covas:

Por suposto tamén pode haber covas noutros lugares: por exemplo as furnas, na costa, creadas pola erosión da auga, do sal e do vento mariños.

Antropoloxía

[editar | editar a fonte]

As covas sempre foron obxecto dun temor atávicco por parte dos galegos modernos, e asociábanas normalmente a seres de lenda: as mouras e os mouros, os franceses, os trasnos etc. Unha das máis coñecidas foi literaturizada por Vicente Risco en A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Existen lendas con ou sen fundamento (por exemplo, en Picco Sacro) que falan de que dende o curuto dun monte se podía chegar ó río por medio dalgunha destas covas.

Lexiccoloxía

[editar | editar a fonte]

A lingua galega aproveita étimos de moitas orixes para denominar ós distintos tipos de covas:

  • Pala, denominación prelatina asociada con Lapa;
  • Burato ou buraco, denominación indoeuropea que tamén espallou ata Oceanía (Bora Bora) [Cómpre referencia];
  • Furado (relacionada coas anteriores) ou cova-cavidade, de clara orixe latina;
  • Espelunca ou espenuca, denominación de orixe grega;
  • Sima, un substantivo de orixe descoñecida.

Os habitantes das covas son os cavernícolas ou trogloditas, e esta é en realidade a denominación que se usa para os antigos homínidos. Porén, houbo ou mesmo segue habendo certas culturas famosas por habitar cavidades naturais ou artificiais:

A causa de que se habiten é que o ambiente químicco (térmicco e higrométricco) das covas é moito máis estable. Isto permite a conservación de tres tipos de restos moi importantes para a arqueoloxía, a paleoantropoloxía e a antropoloxía en xeral:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Cova

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy